Denis Suárez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Denis Suárez
Denis Suárez (cropped).jpg
Información persoal
Nome completo Denis Suárez Fernández
Nacemento 6 de xaneiro de 1994 (19 anos)
Lugar Salceda de Caselas, España
Altura 1,82 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Manchester City
Número 36
Carreira xuvenil
Porriño Industrial
Celta de Vigo
2011- Manchester City
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2010–2011 Celta B 15 (0)
2011- Manchester City 0 (0)
Selección nacional
2010–2011 España sub-17 8 (2)
2012 España sub-18 2 (1)
2012– España sub-19 8 (3)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 30 de outubro de 2011
† Aparicións (Goles)
‡ Actualizado a 15 de xullo de 2012

Denis Suárez Fernández, nado en Salceda de Caselas o 6 de xaneiro de 1994, é un futbolista galego. Xoga de mediapunta e o seu actual equipo é o Manchester City inglés.

Índice

Traxectoria [editar]

Antes de asinar para o Manchester City en maio de 2011, Suárez xogou nas categorías inferiores do Celta de Vigo, chegou a disputar varios partidos co filial, o Celta B, pero non puido debutar co primeiro equipo.

Manchester City [editar]

Denis Suárez asinou para o Manchester City o 23 de maio de 2011. Este escorrentou o interese do Barcelona, Chelsea e outros rivais, ao contratalo por unha cantidade inicial de 850.900 £, que podería aumentar a 2,75 millóns £ en función das súas actuacións e presentacións. Suárez substituíu a Edin Džeko no minuto 88, nun partido amigable de pretemporada contra Los Angeles Galaxy.[1] Tamén converteu un penalti na quenda de penaltis de devandito partido.

Estivo no banco de suplentes no partido da Carling Cup contra o Birmingham City. Na seguinte rolda, substituíu a Samir Nasri no minuto 56, na vitoria por 5-2 contra o Wolverhampton. Proclamouse campión da Premier League.

Palmarés [editar]

Campionatos internacionais [editar]

Título Club País Ano
Campionato europeo da UEFA Sub-19 Selección española Estonia 2012

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]