Eleccións ao Parlamento de Galicia 2009
As eleccións autonómicas de Galicia de 2009 foron as oitavas eleccións ao Parlamento de Galicia. Nestas eleccións parlamentarias foron convocados ás urnas 2.646.872 galegos, dos cales 335.452 (12,7%) residen no estranxeiro[1].
Índice |
Data de celebración [editar]
Tendo en conta que as eleccións de 2005 se celebraron o 19 de xuño, o último día posible para a celebración dos comicios de 2009 era o 14 de xuño. Malia a existencia de ruxerruxes sobre un adianto electoral, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, negou tal posibilidade[2]. Finalmente, si que se produciu un adianto de tres meses, pois foron convocadas para o 1 de marzo de 2009[3].
Candidatos [editar]
Os candidatos á presidencia da Xunta de Galicia foron:
- Alberte Núñez Feijoo, polo PPdG,[4]
- Emilio Pérez Touriño, actual presidente, polo PSdeG-PSOE[5].
- Anxo Quintana polo Bloque Nacionalista Galego[6]
- Yolanda Díaz, por Esquerda Unida[7]
- Xoán Gato, por unha das faccións de Terra Galega;[8]
- Xermán Tobío, por Máis Galicia, a coalición entre o Partido Galeguista e unha das faccións de Terra Galega[9].
- Xosé Luís Méndez Ferrín, pola Frente Popular Galega (FPG)[10].
- Nós-Unidade Popular, que presentou listas nas catro circunscricións con catro mulleres como cabeza de lista, evitou presentar candidata a presidenta como tal. Presentouse por segunda vez a unhas eleccións autonómicas.
Candidatos por circunscricións [editar]
Nas eleccións ao Parlamento Galego existen catro circunscricións, e cada unha delas corresponde coas provincias. Malia o gran número de electores censados no estranxeiro, estes non teñen circunscrición de seu.
|
Candidatos por circunscricións |
||||
| Partido | A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra |
|---|---|---|---|---|
| PP | Carlos Negreira | Raquel Arias | Carmen Pardo[11] | Alberte Núñez Feijoo |
| PSdeG-PSOE | Mar Barcón | Ricardo Varela | Pachi Vázquez | Emilio Pérez Touriño |
| BNG | Anxo Quintana | Fernando Blanco Álvarez | Alfredo Suárez Canal | Teresa Táboas |
| EU-IU[12] | Yolanda Díaz | Carlos Anxo Portomeñe | Carmen Iglesias Sueiro | Juan Fajardo |
| TeGa | Xoán Gato | Melina Paz | Javier Novoa | María Isabel Barros |
| Máis Galicia | Xermán Tobío | Ramón López Díaz | non presenta | Alfredo Bea |
| UPyD | José Anido | Luis Alejandro Pérez de Llano | Aser García | Andrés Wenceslao Mosquera |
| FPG | Xiana López Penedo | Xosé Manuel Seixas | Brais Fidalgo | Xosé Luís Méndez Ferrín |
| NÓS-UP | Gemma Branco Martins | Zéltia Fernandes Lamas | Paula Alonso Riveira | Noa Rios Bergantinhos |
Tamén se presentaron os seguintes partidos ou formacións[13]: Nas catro circunscricións preséntanse Por un mundo más justo, Nós-Unidade Popular e Partido Humanista. Ademais, Os Verdes - Grupo Verde preséntase na Coruña e en Pontevedra; Falange Española de las JONS e Galicia Unida (ambas as dúas en Lugo e Ourense); Unión Centrista Liberal, Solidaridad y Autogestión Internacionalista, e Asamblea de Votación Electrónica só na Coruña, Democracia Ourensana só en Ourense e Partido Social y Democrático de Derecho só en Pontevedra.
Sondaxes [editar]
| Partido | Medio data |
|||||||||||||||||
| La Voz de Galicia[14] 19 de setembro de 2008 |
Xornal[15] 18 de xaneiro de 2009 |
La Razón[16] 18 de xaneiro de 2009 |
Antena 3 Televisión[17] 22 de xaneiro de 2009 |
La Voz de Galicia[18] 25 de xaneiro de 2009 |
La Región[19] 1 de febreiro de 2009 |
|||||||||||||
| % | Escanos | Dif. | % | Escanos | Dif. | % | Escanos | Dif. | % | Escanos | Dif. | % | Escanos | Dif. | % | Escanos | Dif. | |
| PP | 43 | 35 | -2 | 40,8 | 33-34 | -3/-4 | 44,4 | 35-37 | -2/0 | 41,2 | 35-36 | -1/-2 | 42,8 | 35 | -2 | 37-38 | =/+1 | |
| PSdeG-PSOE | 30,8 | 26 | +1 | 34,3 | 25-26 | +1/= | 32 | 24-25 | -1/= | 34,9 | 26-27 | +1/+2 | 31,7 | 26 | +1 | 25 | =/+1 | |
| BNG | 18,3 | 14 | +1 | 21,7 | 16 | +3 | 20,1 | 14-15 | +1/+2 | 19,4 | 13 | = | 18,5 | 14 | +1 | 11-13 | -2/= | |
| Outros | - | 0 | = | - | 0 | = | - | 0 | = | 4,5 | 0 | = | ? | 0 | = | 0 | = | |
| Partido | Medio data |
||||||||||||||||||
| Público[20] 2 de febreiro de 2009 |
Xornal[21] 8 de febreiro de 2009 |
El Progreso[22] 8 de febreiro de 2009 |
Cadena SER[23] 12 de febreiro de 2009 |
CIS[24] 12 de febreiro de 2009 |
La Región[25] 15 de febreiro de 2009 |
||||||||||||||
| % | Escanos | Dif. | % | Escanos | Dif. | % | Escanos | Dif. | % | Escanos | Dif. | % | Escanos | Dif. | % | Escanos | Dif. | ||
| PP | 43,6 | 35-36 | -2/-1 | 43,2 | 34-35 | -3/-2 | 43,2 | 35 | -2 | 44 | 34-36 | -1/-3 | 43,1 | 35-36 | -1/-2 | — | 36-38 | -1/+1 | |
| PSdeG-PSOE | 32,6 | 25-26 | =/+1 | 31,7 | 24-25 | -1/= | 32,5 | 26 | +1 | 34 | 25-27 | =/+2 | 33,2 | 27 | +2 | — | 27 | +2 | |
| BNG | 19,5 | 14 | +1 | 21,6 | 16 | +3 | 19,0 | 14 | +1 | 18 | 14 | +1 | 18,3 | 12-13 | =/-1 | — | 12-13 | =/-1 | |
| Outros | 0 | = | 0 | = | 4,0 | 0 | = | 0 | = | 4,9 | 0 | = | 0 | = | |||||
| Partido | Medio data |
|||||||||||||||||
| La Voz de Galicia[26] 15 de febreiro de 2009 |
Xornal de Galicia[27] 15 de febreiro de 2009 |
La Razón[28] 16 de febreiro de 2009 |
La Voz de Galicia[29] 16 de febreiro de 2009 |
La Voz de Galicia[29] 17 de febreiro de 2009 |
La Voz de Galicia[29] 18 de febreiro de 2009 |
|||||||||||||
| % | Escanos | Dif. | % | Escanos | Dif. | % | Escanos | Dif. | % | Escanos | Dif. | % | Escanos | Dif. | % | Escanos | Dif. | |
| PP | 42,4 | 35 | -2 | — | 35 | -2 | 44,1 | 35 | -2 | 42,1 | 34 | -3 | 41,9 | 35 | -2 | 42,6 | 35 | -2 |
| PSdeG-PSOE | 32,1 | 27 | +2 | — | 24 | -1 | 32,6 | 26 | +1 | 31,6 | 27 | +2 | 31,9 | 26 | +1 | 31,8 | 26 | +1 |
| BNG | 18,4 | 13 | = | — | 16 | +3 | 19,8 | 14 | +1 | 19,1 | 14 | +1 | 19,2 | 14 | +1 | 18,9 | 14 | +1 |
| Outros | - | 0 | = | - | 0 | = | - | 0 | = | - | 0 | = | - | 0 | = | - | 0 | = |
| Partido | Medio data |
|||||||||||||||||
| La Voz de Galicia[29] 19 de febreiro de 2009 |
Antena 3 Televisión[30] 19 de febreiro de 2009 |
La Voz de Galicia[29] 20 de febreiro de 2009 |
La Voz de Galicia[29] 21 de febreiro de 2009 |
Público[31] 21 de febreiro de 2009 |
ABC[32] 22 de febreiro de 2009 |
|||||||||||||
| % | Escanos | Dif. | % | Escanos | Dif. | % | Escanos | Dif. | % | Escanos | Dif. | % | Escanos | Dif. | % | Escanos | Dif. | |
| PP | 43,1 | 35 | -2 | 43,5 | 35-37 | -2/= | 43,0 | 36 | -1 | 42,5 | 36 | -1 | 45,3 | 36-37 | -1/= | 45,7 | 37-38 | =/+1 |
| PSdeG-PSOE | 30,3 | 26 | +1 | 32,8 | 24-26 | -1/+1 | 30,2 | 25 | = | 28,8 | 26 | +1 | 30,2 | 23-24 | -2/-1 | 28,5 | 22-23 | -3/-2 |
| BNG | 18,7 | 14 | +1 | 19,5 | 13-15 | =/+2 | 19,2 | 14 | +1 | 18,7 | 13 | = | 19,4 | 14-16 | +1/+3 | 21,6 | 15-16 | +2/+3 |
| Outros | - | 0 | = | - | 0 | = | - | 0 | = | - | 0 | = | - | 0 | = | - | 0 | = |
| Partido | Medio data |
|||||||||||||||||
| La Voz de Galicia[29] 22 de febreiro de 2009 |
El Correo Gallego[33] 22 de febreiro de 2009 |
Faro de Vigo[34] 22 de febreiro de 2009 |
El País[35] 22 de febreiro de 2009 |
Xornal de Galicia[36] 22 de febreiro de 2009 |
El Mundo[37] 22 de febreiro de 2009 |
|||||||||||||
| % | Escanos | Dif. | % | Escanos | Dif. | % | Escanos | Dif. | % | Escanos | Dif. | % | Escanos | Dif. | % | Escanos | Dif. | |
| PP | 42,3 | 36 | -1 | 43,1 | 35-37 | -2/= | 43,6 | 35-36 | -2/-1 | 44,1 | 36 | -1 | 43,8 | 35 | -2 | 44,5 | 36-38 | -1/+1 |
| PSdeG-PSOE | 29,2 | 26 | +1 | 32,4 | 24-25 | -1/= | 33,0 | 26-27 | +1/+2 | 33,8 | 25-27 | =/+2 | 30,3 | 24 | -1 | 33,1 | 25-26 | =/+1 |
| BNG | 18,8 | 13 | = | 20,9 | 14-15 | +1/+2 | 17,5 | 13-14 | =/+1 | 18,0 | 12-14 | -1/+1 | 19,8 | 16 | +3 | 18,3 | 12-13 | -1/= |
| Outros | - | 0 | = | 1,5 | 0 | = | - | 0 | = | - | 0 | = | 3,8 | 0 | = | - | 0 | = |
| Partido | Medio data |
||||||||||||
| La Vanguardia[38] 22 de febreiro de 2009 |
El Progreso[39] 22 de febreiro de 2009 |
La Región[40] 22 de febreiro de 2009 |
|||||||||||
| % | Escanos | Dif. | % | Escanos | Dif. | % | Escanos | Dif. | |||||
| PP | 43,8 | 35-37 | -2/= | - | 35-36 | -2/-1 | - | 37-38 | =/+1 | ||||
| PSdeG-PSOE | 31,7 | 24-26 | -1/+1 | - | 25-26 | =/+1 | - | 24-25 | -1/= | ||||
| BNG | 19,9 | 13-15 | =/+2 | - | 14 | +1 | - | 13 | = | ||||
| Outros | 0 | = | 0 | = | 0 | = | |||||||
A campaña [editar]
A campaña electoral desenvolveuse entre o 13 e o 27 de febreiro. A pesar de que a TVG fixo unha proposta[41] de debate entre os líderes das tres forzas políticas representadas ata ese momento no Parlamento de Galicia, o debate non tivo lugar[42], ao considerar o candidato do PP, Alberte Núñez Feijoo que non se daban as condicións de igualdade e representatividade necesarias. Si que se celebraron debates entre os cabezas de lista destas formacións nas distintas circunscricións.
Principais acontecementos [editar]
A campaña electoral arrancou coa decisión do PP de apartar o seu cabeza de lista por Ourense, Luís Carrera Pásaro, da carreira electoral, logo de que se filtrase aos medios que non declarara a Facenda[43] unha cantidade de diñeiro pagada por un banco nas Illas Caimán. Porén, e dado que as candidaturas xa foran proclamadas, o nome de Luís Carrera apareceu nas papeletas electorais e concorreu aos comicios.
O BNG foi acusado pola La Voz de Galicia de organizar un mitin nun acto convocado pola Vicepresidencia da Xunta en Oia[44]; os nacionalistas responderon[45] que fora un erro da organización do acto, promovido por unha asociación pontevedresa, e no que non estaban implicados nin a Xunta de Galicia nin a fronte nacionalista.
Na última semana da campaña sucedéronse as acusacións entre os partidos políticos: La Voz de Galicia e ABC publicaron[46][47] como actual unha fotografía onde se vía o candidato do BNG, Anxo Quintana, nun iate co construtor Jacinto Rey; ao día seguinte, El Correo Gallego sinalou[48] que a fotografía xa fora publicada por ese xornal en 2005. O Partido Popular repartiu información en Celanova acusando os partidos no goberno de querer roubarlles as terras e as vivendas aos veciños[49]; o presidente da deputación de Ourense, Xosé Luís Baltar, insultou[50] o conselleiro de Medio Ambiente e candidato por Ourense, Pachi Vázquez, e insinuou que Quintana era un maltratador[51], polo que tivo que ser apercibido en público polo candidato popular, Núñez Feijoo[52].
Persoeiros [editar]
Nos actos de campaña participaron diversos líderes políticos estatais, como Felipe González[53] ou José Luis Rodríguez Zapatero[54] na banda socialista, Mariano Rajoy[55] e Alberto Ruiz-Gallardón[56] nas filas populares, ou Rosa Díez, por UPyD.
Lemas [editar]
|
|
Resultados [editar]
Número de votos que obtiveron as principais candidaturas[57]:
| Presidente e goberno | Partido | Candidato | Votos | % | +/- | Escanos | +/- | |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
PP | Alberte Núñez Feijoo | 789.427 | 46,7 % | 38 | +1 | ||
| PSdeG-PSOE | Emilio Pérez Touriño | 524.488 | 31,0 % | 25 | = | |||
| BNG | Anxo Quintana | 270.712 | 16,0 % | 12 | -1 | |||
| UPyD | - [58] | 23.796 | 1,41 % | |||||
| TeGa | Xoán Gato | 18.726 | 1,11 % | |||||
| EU-IU | Yolanda Díaz | 16.441 | 0,97 % | |||||
| Verdes | - | 5.911 | 0,35 % | |||||
| PU+J | - | 3.507 | 0,21 % | |||||
| FPG | Xosé Luís Méndez Ferrín | 2.903 | 0,17 % | |||||
| Nós-UP | - | 1.510 | 0,09 % | |||||
| PH | - | 1.227 | 0,07 % | |||||
| DO | - | 1.066 | 0,06 % | |||||
| Máis Galicia | Xermán Tobío | 923 | 0,05 % | |||||
| FE-JONS | - | 675 | 0,04 % | |||||
| SAIn | - | 420 | 0,02 % | |||||
| GU | - | 369 | 0,02 % | |||||
| UCL | - | 311 | 0,02 % | |||||
| SDD | - | 262 | 0,02 % | |||||
| AVE | - | 230 | 0,01 % | |||||

Parlamentarios electos [editar]
Pola provincia da Coruña [editar]
- Carlos Negreira Souto (PPdeG). Baixa 7-6-2011. Substituído por Antonio Ángel Fraga Sánchez.
- Pedro Manuel Arias Veira (PPdeG)
- Paula Prado del Río (PPdeG)
- Diego Calvo Pouso (PPdeG). Baixa 6-5-2009. Substituído por Marisol Piñeiro Martínez.
- Natalia Barros Sánchez (PPdeG)
- Pedro Puy Fraga (PPdeG)
- Manuel Santos Ruiz Rivas (PPdeG). Baixa 21-4-2009. Substituído por María Encarnación González Montemuiño.
- Beatriz Mato Otero (PPdeG). Baixa 21-4-2009. Substituída por María Ángeles Díaz Pardo.
- José Manuel Álvarez-Campana Gallo (PPdeG). Baixa 28-4-2009. Substituído por Javier Escribano Rodríguez. Baixa 29-10-2011. Substituído por Gema Freire Insua.
- Rosa María Quintana Carballo (PPdeG). Baixa 21-4-2009. Substituído por María Seoane Romero.
- Alberto Sueiro Pastoriza (PPdeG)
- Pablo Cobián Fernández de la Puente (PPdeG). Baixa 4-10-2011. Substituído por María Teresa Villaverde Pais.
- María del Mar Barcón Sánchez (PSdeG). Baixa 15-6-2011. Substituído por Luis María Tojo Ramallo.
- José Luis Méndez Romeu (PSdeG)
- Beatriz Sestayo Doce (PSdeG)
- Xoaquín María Fernández Leiceaga (PSdeG)
- Silvia Belén Fraga Santos (PSdeG)
- José Manuel Lage Tuñas (PSdeG)
- Francisco Julio Cerviño González (PSdeG)
- Marisol Soneira Tajes (PSdeG)
- Anxo Manuel Quintana González (BNG). Baixa 6-9-2011. Substituído por Carlos Fernando Branco Parga.
- Ana Belén Pontón Mondelo (BNG)
- Carlos Ignacio Aymerich Cano (BNG)
- Ana Luisa Bouza Santiago (BNG)
Pola provincia de Lugo [editar]
- Raquel Arias Rodríguez (PPdeG). Baixa 6-5-2009. Substituída por Emma Álvarez Chao.
- Jaime Castiñeira Broz (PPdeG)
- José Manuel Balseiro Orol (PPdeG)
- Agustín Baamonde Díaz (PPdeG)
- María Susana López Abella (PPdeG). Baixa 28-4-2009. Substituído por Dámaso López Rodríguez.
- Daniel Luis Varela Suanzes-Carpegna (PPdeG)
- María Isabel García Pacín (PPdeG)
- José Antonio García López (PPdeG). Baixa 7-6-2011. Substituído por María Loudes Yáñez García.
- Ricardo Varela Sánchez (PSdeG)
- María de la Concepción Burgo López (PSdeG)
- Ismael Rego González (PSdeG)
- Sonia Verdes Gil (PSdeG)
- José Tomé Roca (PSdeG). Baixa 6-9-2011. Substituído por Miguel Ángel Fernández López.
- Fernando Xabier Blanco Álvarez (BNG). Baixa 5-10-2011. Substituído por Manuel Parga Núñez.
- Isabel Sánchez Montenegro (BNG)
Pola provincia de Ourense [editar]
- María del Carmen Pardo López (PPdeG). Baixa 6-5-2009. Substituído por María Yolanda Díaz Lugilde.
- Rosendo Luis Fernández Fernández (PPdeG). Baixa 4-7-2011. Substituído por Marta María Rodríguez-Vispo Rodríguez.
- Enrique Novoa López (PPdeG)
- Cristina Isabel Romero Fernández (PPdeG)
- José Manuel Baltar Blanco (PPdeG)
- Antonio Rodríguez Miranda (PPdeG)
- Miguel Ángel Santalices Vieira (PPdeG)
- Pachi Vázquez (PSdeG)
- Laura Seara Sobrado (PSdeG). Baixa 12-1-2010. Substituído por Juan Carlos Francisco Rivera.
- Pablo López Vidal (PSdeG)
- María Carmen Acuña Docampo (PSdeG)
- María Remedios Quintas Álvarez (PSdeG)
- Alfredo Suárez Canal (BNG)
- María Tereixa Paz Franco (BNG)
Pola provincia de Pontevedra [editar]
- Alberto Núñez Feijoo (PPdeG)
- Alfonso Rueda Valenzuela (PPdeG). Baixa 21-4-2009. Substituído por Alejandro Gómez Alonso.
- Pilar Rojo Noguera (PPdeG)
- Ignacio Javier López-Chaves Castro (PPdeG). Baixa 13-7-2011. Substituído por María de Fátima Iglesias Ferreira.
- Marta Rodríguez Arias (PPdeG)
- Román Rodríguez González (PPdeG)
- José Fervenza Costas (PPdeG). Baixa 3-6-2011. Substituído por Jacobo Moreira Ferro.
- José Carlos López Campos (PPdeG). Baixa 6-7-2011. Substituído por María Lorena López Rodríguez.
- Marta Valcárcel Gómez (PPdeG)
- Agustín Hernández Fernández de Rojas (PPdeG). Baixa 21-4-2009. Substituído por Jesús Antonio Goldar Güimil.
- Rosa Oubiña Solla (PPdeG)
- Emilio Pérez Touriño (PSdeG). Baixa 10-3-2010. Substituído por Carmen Cajide Hervés.
- María José Caride Estévez (PSdeG)
- Modesto Pose Mesura (PSdeG)
- Carmen Gallego Calvar (PSdeG)
- José Manuel Gallego Lomba (PSdeG)
- Guillermo Antonio Meijón Couselo (PSdeG)
- Abel Fermín Losada Álvarez (PSdeG)
- María Teresa Táboas Veleiro (BNG)
- Henrique Viéitez Alonso (BNG)
- María do Carme Adán Villamarín (BNG)
- Bieito Lobeira Domínguez (BNG)
Notas [editar]
- ↑ La Voz de Galicia, 1.03.2009
- ↑ "Teño un equipo sólido e o resto son anécdotas", [[A Nosa Terra (1977)|A Nosa Terra]], 10 de xaneiro de 2008
- ↑ Touriño convoca eleccións para o vindeiro 1 de marzo, Vieiros, 18/12/2008
- ↑ Rajoy preside el acto de proclamación de Núñez Feijóo como candidato del PPdeG a la Xunta de Galicia, Europa Press, 23/11/2008.
- ↑ Emilio Pérez Touriño proclamado candidato a la Presidencia de la Xunta, 11/12/2008, na web do PSOE.
- ↑ Anxo Quintana, reelegido candidato del BNG a la Xunta, El País, 5/10/2008.
- ↑ La ferrolana Yolanda Díaz, candidata de Esquerda Unida, El Correo Gallego, 17/11/2009.
- ↑ Xoán Gato, elegido candidato de Terra Galega a las autonómicas, La Voz de Galicia, 12/12/2008.
- ↑ Xermán Tobío será el candidato a la Xunta de Máis Galicia, la coalición de la otra Tega y el PG, La Voz de Galicia, 14/11/2009.
- ↑ Méndez Ferrín será o candidato da FPG á presidencia da Xunta, Vieiros, 26/01/2009.
- ↑ O cabeza de lista, tal e como figurou nas papeletas electorais foi Luís Carrera Pásaro, pero un mes antes das eleccións foi retirado por Alberte Núñez Feijoo por irregularidades con Facenda, Feijóo aparta al número uno por Ourense debido a irregularidades con Hacienda, La Región, 06/02/2009
- ↑ La concejala ferrolana Yolanda Díaz repite como candidata de IU a las autonómicas, La Voz de Galicia, 17/1/2009
- ↑ Diario Oficial de Galicia, 28 de xaneiro de 2009
- ↑ El PP está a tres diputados de la mayoría absoluta, a seis meses de las autonómicas, La Voz de Galicia, 19/9/2008
- ↑ Xornal de Galicia revela que el PPdeG baja en la primera encuesta del 1-M, 18/1/2009.
- ↑ El PP no consigue la mayoría para recuperar la Xunta de Galicia, 18/1/2009.
- ↑ El PP volvería a ser el partido más votado en las elecciones gallegas, 22/1/2009.
- ↑ Más de la cuarta parte de los electores aún no han decidido a quién votarán el 1-M , 25/1/2009.
- ↑ El electorado mantiene la incógnita entre la mayoría absoluta del PP y un nuevo bipartito , 1/2/2009.
- ↑ El bipartito revalida su mayoría en Galicia, 2/2/2009.
- ↑ El PP sigue aún lejos de la mayoría, el paro castiga al PSOE y el BNG avanza, 08/2/2009.
- ↑ Os datos en El Progreso non son accesibles en web. Foron republicados por El Ideal GallegoLas provincias de Lugo y Ourense serán los escenarios principales de la batalla electoral, El Ideal Gallego, 9/2/2009
- ↑ El pulsómetro: Los socialistas y Bloque podrían renovar, 12/2/2009.
- ↑ Avance de resultados, 12/2/2009.
- ↑ Los indecisos y el voto oculto mantienen el empate entre el PP y la coalición PSOE-BNG, 15/2/2009.
- ↑ El PSOE rentabiliza más que el Bloque la gestión del bipartito gallego y araña dos escaños al PP, La Voz de Galicia, 15/02/2009.
- ↑ O bipartito, asediado pola subida do PP, 15/02/2009.
- ↑ Encuesta de NC Report para LA RAZÓN: PSOE y BNG seguirán en la Xunta pese a la mayoría del PP, 16/02/2009.
- ↑ 29,0 29,1 29,2 29,3 29,4 29,5 29,6 Las encuestas, día a día.
- ↑ El PP ganaría las elecciones gallegas aunque sin mayoría absoluta, 19/2/2009.
- ↑ El PP, a un escaño de volver al poder en Galicia
- ↑ El PP roza la mayoría absoluta en Galicia a sólo una semana del 1-M
- ↑ Gráfico, asignación de escaños, 22/2/2009.
- ↑ El bipartito repetirá en la Xunta pero no abre una gran brecha con el PP, 22/02/2009
- ↑ El bipartito gallego resiste, 22/02/2009
- ↑ El PSOE y el BNG tienen a Feijóo pisándole los talones en la recta final
- ↑ Encuesta radiografía de Galicia
- ↑ La resistencia del PP pone en peligro la hegemonía del PSdeG y el Bloque.
- ↑ PSOE y BNG podrían repetir gobierno aunque el PP muestra tendencia al avance.
- ↑ Máximo equilibrio en la carrera final hacia el 1-M.
- ↑ A TVG decide o modelo de debate entre candidatos, A Nosa Terra, 4/2/09
- ↑ A TVG cancela o debate dos tres líderes previsto para o venres, Xornal de Galicia, 18/2/2009
- ↑ O PPdeG deixa fóra da súa lista a Luís Carrera por non cumprir coas obrigacións fiscais, Galiciae, 6/2/09
- ↑ Setecientos mayores en ruta a Portugal son desviados a un mitin de Quintana, La Voz de Galicia, 19/2/09
- ↑ Quintana pide disculpas a los mayores "incomodados" por su mitin, Xornal de Galicia, 20/2/09
- ↑ San José retrasa otro mes el acuerdo para desbloquear su deuda por flecos legales, La Voz de Galicia, 24/2/09
- ↑ Los espías entran en campaña, Público, 25/2/09
- ↑ Quintana, contra la manipulación, El Correo Gallego, 25/2/09
- ↑ Nova campaña sucia do PP: "O bipartito pódeche quitar as terras", Vieiros, 26/2/09
- ↑ Baltar llama "maricón" al conselleiro de Medio Ambiente, El País, 27/2/09
- ↑ Baltar llença insídies contra Anxo Quintana, YouTube
- ↑ Feijoo pide disculpas por los insultos de Baltar, La Voz de Galicia, 26/2/09
- ↑ Felipe González arropó a Touriño ante 4.000 personas en Vilagarcía, El Correo Gallego, 15/2/09
- ↑ Zapatero y Rajoy eligen Galicia para batirse en duelo en el fin de campaña, La Voz de Galicia, 26/2/09
- ↑ Zapatero y Rajoy eligen Galicia para batirse en duelo en el fin de campaña, La Voz de Galicia, 26/2/09
- ↑ Gallardón arropa al último cacique, Público, 26/2/09
- ↑ Xunta Electoral de Galicia, Diario Oficial de Galicia.
- ↑ UPyD presenta sus listas para las elecciones gallegas y vascas con el objetivo de ser "pieza clave" en ambas comunidades, por Europa Press, 17/1/2009.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- López Torre, Rafael (2011). Trinta anos do Parlamento de Galicia 1981-2011. Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia. ISBN 978-84-7836-097-0. http://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/publicacions/trinta_anos_do_parlamento_de_galicia_web.pdf. Consultado o 5 de xaneiro de 2013.
Ligazóns externas [editar]
- Eleccións ao Parlamento de Galicia 2009
- Web da Xunta electoral
- Resultados definitivos no Diario Oficial de Galicia, Nº 60, venres 27 de marzo de 2009.
| Eleccións ao Parlamento de Galicia | ||
|---|---|---|
| 1981 · 1985 · 1989 · 1993 · 1997 · 2001 · 2005 · 2009 · 2012 | ||