Xacobeo Galicia
O Xacobeo Galicia foi un equipo de ciclismo galego que participou no Circuito Continental Profesional. O seu código da UCI foi XAG[Cómpre referencia], e desapareceu en setembro de 2010.
Índice |
Historia [editar]
Creouse en 2007 coa denominación de Karpin Galicia (código da UCI KGZ) e foi no seu momento o primeiro equipo ciclista profesional galego. Estivo nas súas orixes patrocinado polo ex-futbolista e empresario Valery Karpin, inmerso en promocións deportivas, xa que tamén apoiaba o equipo de voleibol da cidade de Vigo, o C.V. Vigo Valery Karpin.
A primeira vitoria do equipo galego de ciclismo chegou en xullo de 2007, no Trofeo Joquim Agostinho - GP Torres Vedras da man de Eladio Jiménez. A primeira vitoria na clasificación xeral dunha volta por etapas foi na Volta a Turquía, da man de David García[1].
En agosto de 2008 mudou a súa denominación a Xacobeo Galicia, logo de que se retirase o principal patrocinador e fose substituído polo Xacobeo[2]. Nese mesmo final de tempada, o mesmo David García conseguía a primeira vitoria do equipo nunha tirada da Vuelta a España ao impoñerse na decimoquinta, con chegada en Ponferrada.
En setembro de 2009 logrou a vitoria por equipos na Vuelta a España, ademais dunha etapa de Gustavo César Veloso, o 5º posto na xeral de Ezequiel Mosquera e a vitoria xeral do Maillot Solidario de Serafín Martínez Acevedo. En setembro de 2010, acadou o 2º posto na xeral da mesma proba con Ezequiel Mosquera.
Con todo, o equipo atravesou en 2010 grandes dificultades económicas pola perda dos patrocinadores: a Xunta de Galicia anunciou a retirada do patrocinio do Ano Xacobeo e as infrutuosas negociacións co grupo empresarial Aluminios Cortizo[3] levaron á desaparición do equipo, que non puido achegar os avais requiridos pola UCI para o seu rexistro no circuito continental.
Organigrama [editar]
O seu director deportivo é o ex-corredor Álvaro Pino que xa dirixira o Kelme-Costa Blanca e o Phonak, axudado por Xesús Blanco Villar e José Ángel Vidal. O seu mánager é Rodrigo Rodríguez.
Vitorias en 2007 [editar]
UCI ProTour
| Datas | Carreiras | Gañador |
Circuito Continental
| Datas | Carreiras | Gañador | |
| 13 xullo | 2ª etapa Grand Prix Torre Vedras | Eladio Jiménez | |
| 11 agosto | 6ª etapa Portugal-Rundfahrt | Eladio Jiménez | |
| 14 agosto | 9ª etapa Portugal-Rundfahrt | Eladio Jiménez |
Vitorias en 2008 [editar]
Grandes Voltas (e carreiras fora do ProTour)
| Datas | Carreiras | Gañador |
| - | - | - |
UCI ProTour
| Datas | Carreiras | Gañador |
| 9 de abril | ||
| 25 de maio |
Circuito Continental
| Datas | Carreiras | Gañador |
| 20 de abril | ||
| 10 de maio | ||
| 11 de maio |
Cadro de ciclistas [editar]
2007 [editar]
2008 [editar]
| Nome | Nacemento | Nacionalidade | Equipo 2008 |
| David Abal Diego | 25.08.1986 | Karpin Galicia | |
| Carlos Castaño Panadero | 07.05.1979 | Karpin Galicia | |
| Xesús Cobelo | - | debuta como profesional | |
| Gustavo Domínguez | 17.10.1980 | Karpin Galicia | |
| Delio Fernández | - | debuta como profesional | |
| Alberto Fernández Sainz | - | debuta como profesional | |
| David García Dapena | 30.09.1977 | Karpin Galicia | |
| David Herrero | 18.10.1979 | Karpin Galicia | |
| Vladimir Isaichev | - | debuta como profesional | |
| Serafín Martínez | 14.02.1984 | Karpin Galicia | |
| Iban Mayoz | 30.09.1981 | Euskaltel-Euskadi | |
| Ezequiel Mosquera | 19.11.1975 | Karpin Galicia | |
| Xoán Mourón | 06.02.1984 | Karpin Galicia | |
| Alexandre Paleo | - | debuta como profesional | |
| Gonzalo Rabuñal | 01.08.1984 | Karpin Galicia | |
| Ramón Troncoso Sobrino | 26.05.1981 | Karpin Galicia | |
| Gustavo César Veloso | 29.01.1980 | Karpin Galicia | |
| Eduard Vorganov | 01.12.1982 | Karpin Galicia |
2009 [editar]
| Nome | Nacemento | Nacionalidade | Equipo 2007 |
| Carlos Castaño Panadero | 07.05.1979 | Xacobeo Galicia | |
| Gustavo Domínguez | 17.10.1980 | Xacobeo Galicia | |
| Alberto Fernández Sainz | - | Xacobeo Galicia | |
| David García | 30.09.1977 | Xacobeo Galicia | |
| David Herrero | 18.10.1979 | Xacobeo Galicia | |
| Vladimir Isaichev | - | Xacobeo Galicia | |
| Serafín Martínez | 14.02.1984 | Xacobeo Galicia | |
| Iban Mayoz | 30.09.1981 | Xacobeo Galicia | |
| Ezequiel Mosquera | 19.11.1975 | Xacobeo Galicia | |
| Xoán Mourón | 06.02.1984 | Xacobeo Galicia | |
| Alexandre Paleo | - | Xacobeo Galicia | |
| Gonzalo Rabuñal | 01.08.1984 | Xacobeo Galicia | |
| Ramón Troncoso Sobrino | 26.05.1981 | Xacobeo Galicia | |
| Gustavo César Veloso | 29.01.1980 | Xacobeo Galicia | |
| Eduard Vorganov | 01.12.1982 | Xacobeo Galicia | |
| Pedro Fernández | Loulé | ||
| Marcos García | debuta como profesional | ||
| Héctor Espasandín | Caja Rural | ||
| Iván Raña | 10.06.1979 | debuta como profesional |
Galería de imaxes de ciclistas do equipo [editar]
Notas [editar]
- ↑ David García gaña a Volta a Turquía
- ↑ "Non diga 'Karpin', diga 'Xacobeo Galicia'", Vieiros, 19 de agosto de 2008
- ↑ El equipo gallego, al borde del abismo, La Voz de Galicia, 25/9/2010.