Luciano Reigosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luciano Reigosa
Información persoal
Nacemento 26 de setembro de 1901
Lugar de nacemento Vigo
Falecemento 1977
Posición dianteiro
editar datos en Wikidata ]

Luciano Reigosa Martín, nado en Vigo foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de extremo dereita.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militaba no Real Club Fortuna de Vigo cando este se fusionou co Real Vigo Sporting Club para formar o Real Club Celta de Vigo, pasando a formar parte do primeiro equipo do mesmo, onde compartiría dianteira con Chicha, Gerardito, Luís Correa, Pedro Pinilla e Polo.

Formou parte do Celta que gañou non só o primeiro campionato galego no que participou se non en repetidas ocasión neses anos.

Tamén formou parte o 30 de decembro de 1928 do equipo que inaugurou o campo de Balaídos contra o Real Unión de Irún, encontro que rematou cun contundente 7-0.

Luciano Reigosa tamén defendeu as cores da Selección galega de fútbol, conseguindo goles como o marcado á selección de Lisboa o 7 de xaneiro de 1923

O extremo galego permaneceu no Celta de Vigo durante as primeiras 10 tempadas da historia do club celeste, ao final das cales se lle deu unha merecida homenaxe ante o Deportivo da Coruña na que venceu o club vigués por 1-0, con gol de Valcarcel.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]