Casa da Sabedoría
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A Casa da Sabedoría ou Casa do Saber (en árabe بيت الحكمة Bayt al-Hikmah) foi un edificio (que comprendía unha biblioteca e un instituto de traducións) fundado en Bagdad polo califa Al-Mamun no século IX (aproximadamente no ano 800). Foi unha especie de universidade instituída como mostra do nacemento do interese do Islam pola ciencia e a cultura, case perdida en todo o mundo occidental, unha institución chave no movemento das traducións, e un gran centro intelectual durante a idade de ouro do Islam. Un dos seus membros máis destacados foi o matemático e astrónomo árabe al-Jwarizmi.