Lingua curda
| Curdo (Kurdî) | ||
|---|---|---|
| Outros nomes: | كوردی | |
| Falado en: | Iraq, Irán, {Siria, Turquía, Armenia, Líbano | |
| Total de falantes: | 26.000.000[1], ou 39.500.000 [2][3][4][5] |
|
| Posición: | 52-39 | |
| Familia: | Indoeuropea Indoirania Irania Irania occidental Irania do noroeste Curdo |
|
| Escrita: | Alfabeto curdo (unha variante do alfabeto árabe) en Iraq e Irán, alfabeto latino en Turquía e Siria, e o alfabeto cirílico na extinta URSS. | |
| Estatuto oficial | ||
| Lingua oficial de: | ||
| Regulado por: | Non está regulado | |
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | ku | |
| ISO 639-2: | kur | |
| ISO 639-3: | varios: kur — Curdo (xenérico) ckb — Curdo central kmr — Curdo do norte sdh — Curdo do sur |
|
A lingua curda (Kurdî) é unha lingua indoirania falada no Curdistán, un territorio que abrangue poboacións kurdas en partes de Irán, Iraq, Siria e Turquía[7]. É empregado entre 25 ou 30 millóns de persoas, aínda que os datos exactos non se saben. O curdo pertence ao subgrupo occidental dos idiomas iranios, pertencentes á póla indoirania da familia indoeuropea. As linguas máis relacionados co curdo son o balochi, o gileki, e o talysh, que pertencen tamén á rama occidental setentrional dos idiomas iranios. O idioma persa, pertencente ao ramo sudoccidental, tamén se considera unha lingua relacionada co curdo.
Hai tres dialectos importantes da lingua curda, relacionados coa súa distribución xeográfica. O curmanxí ou curdo setentrional é falado polos curdos en Turquía, Siria e partes da ex-Unión Soviética. O soraní ou curdo central é falado no Curdistán Iraquí e no Irán, e o queluri é falado no oeste do Irán.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa lingüística que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Notas [editar]
- ↑ Estimación do número de falantes en Omniglot.com(en inglés)
- ↑ Turkey - CIA World Factbook
- ↑ Iraq - CIA World Factbook
- ↑ Iran - CIA World Factbook
- ↑ Syria - CIA World Factbook
- ↑ Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias
- ↑ Distribución xeográfica do curdo e outros idiomas iranianos (en inglés)