Mundo árabe
O Mundo árabe (en árabe: العالم العربي al-ʿālam al-ʿarabī ) consiste nos estados de árabes e as poboacións de África do Norte, Oriente Medio e outros lugares.
A definición estándar do mundo árabe comprende os 22 estados e territorios da Liga Árabe que se estenden dende o Océano Atlántico ao oeste, co Mar Arábigo ao leste, e o Mediterráneo ao norte do Corno de África e do Océano Índico no sueste. Ten unha poboación de preto de 400 millóns de persoas, dos cales máis da metade son menores de 25 anos de idade[1].
O sentimento nacionalista árabe xurdiu na segunda metade do século XIX, xunto con outros movementos nacionalistas dentro do Imperio Otomán. A Liga Árabe formouse en 1945 para representar os intereses dos árabes e, especialmente, para o exercicio da unificación política dos países árabes, un proxecto coñecido como Panarabismo[2][3]. As protestas populares no mundo árabe a partir de 2010 están dirixidas contra os gobernos e a corrupción asociada a estes, xunto ca demanda de máis oportunidades económicas.
O termo "mundo árabe" rexeitano normalmente aqueles que viven nesa rexión, xa que non se consideran árabes, como non semitas, berberes e kurdos, xa que implica toda a rexión árabe na súa identidade, poboación, e orixe, mentres que a patria orixinal dos árabes é a Península Arábiga. O termo tamén o rexeitan algunhas minorías indíxenas semitas como os Ashkenazim, sefaradim, Mizrahim, caldeos, asirios e siríacos, xa que son anteriores aos árabes en lugares como Iraq, Palestina e Siria. Coptos e outros exipcios tamén se definen como exipcios e non árabes.
Índice |
Definición[editar]
A denotación lingüística e política propia do termo árabe xeralmente predomina sobre consideracións xenealóxicas. Polo tanto, os individuos con pouca ou ningunha ascendencia da Península Arábiga poderían identificarse ou considerarse árabrs, en parte debido á súa lingua materna. Porén, esta identidade discútena moitos pobos. Por exemplo, os expcios poden ou non identificarse como árabes.
Definición territorial estándar[editar]
Aínda que non existe unha definición globalmente aceptada no mundo árabe, todos os países que son membros da liga árabe son xeralmente recoñecidos como parte do mundo árabe.[4]
A Liga árabe é unha organización rexional, cuxo fin é (entre outras cousas) considerar de maneira xeral os asuntos e intereses dos países árabes:
Esta definición terrirorial estándar considérase considérase ás veces apropiada[6] ou problemática,[7] e debe complementarse con algúns elementos adicionais.
Estados membros da Liga Árabe[editar]
|
|
|---|
Poboación[editar]
| Pos | País | Poboación | Ranking mundial |
|---|---|---|---|
| 1 | 91.425.854[8] | 16 | |
| 2 | 37.100.000 | 34 | |
| 3 | 34.848.000 | 35 | |
| 4 | 33.425.000 | 39 | |
| 5 | 32.666.179 | 40 | |
| 6 | 28.660.000 | 45 | |
| 7 | 25.502.000 | 49 | |
| 8 | 21.740.340 | 55 | |
| 9 | 10.673.800 | 77 | |
| 10 | 9.656.000 | 85 | |
| 11 | 8.089.000 | 93 | |
| 12 | 6.449.000 | 103 | |
| 13 | 6.345.023 | 106 | |
| 14 | 4.293.313 | 125 | |
| 15 | 4.268.000 | 126 | |
| 16 | 3.378.254 | 134 | |
| 17 | 2.889.000 | 138 | |
| 18 | 2.883.000 | 139 | |
| 19 | 1.921.000 | 149 | |
| 20 | 1.341.000 | 155 | |
| 21 | 923.000 | 158 | |
| 22 | 767.000 | 163 | |
| Total | 400.652.486 |
Área[editar]
| Pos | País | Área (km2) | % do Total | Aclaracións |
| 1 | 2,381,741 | 18.1% | País máis grande de e do África mundo árabe . | |
| 2 | 2,149,690 | 16.4% | País máis grande en Oriente medio. | |
| 3 | 1.861.482 | 14.2% | Anteriormente o país máis grande de África, antes da independencia de Sudán do Sur. | |
| 4 | 1.759.540 | 11.4% | ||
| 5 | 1.025.520 | 7.8% | ||
| 6 | 1.002.000 | 7.6% | Non inclúe o Triángulo de Hala'ib (20,580 km2). | |
| 7 | 637.657 | 4.9% | ||
| 8 | 527.968 | 4.0% | ||
| 9 | 446.550 | 3.4% | Non inclúe Sáhara Occidental (266,000 km2). | |
| 10 | 435.244 | 3.3% | ||
| 11 | 309.500 | 2.4% | ||
| 12 | 185.180 | 1.4% | Incluíndo a parte de Altos do Golán (1,200 km2) administrada actualmente por Israel. | |
| 13 | 163.610 | 1.2% | ||
| 14 | 89.342 | 0.7% | ||
| 15 | 83.600 | 0.6% | ||
| 16 | 23.200 | 0.1% | ||
| 17 | 17.818 | 0.1% | ||
| 18 | 11.586 | 0.08% | ||
| 19 | 10.452 | 0.08% | ||
| 20 | 6.020 | 0.05% | ||
| 21 | 2.235 | 0.01% | ||
| 22 | 758 | 0.005% | ||
| Total | 13.333.296 | 5.148.048 |
Notas[editar]
- ↑ Arab World Ministries
- ↑ "Arab League Sends Delegation to Iraq". Encyclopedia.com. 8 October 2005. http://www.encyclopedia.com/doc/1P1-113946363.html. Consultado o 13 February 2011.
- ↑ "Arab League Warns of Civil War in Iraq". Encyclopedia.com. 8 October 2005. http://www.encyclopedia.com/doc/1P1-113950671.html. Consultado o 13 February 2011.
- ↑ Benjamin Hätinger, The League of Arab States, (GRIN Verlag: 2009), p.2.
- ↑ Dwight Fletcher Reynolds, Arab folklore: a handbook, (Greenwood Press: 2007), p.1.
- ↑ Baumann: 8
- ↑ Deng: 405
- ↑ "CAPMAS homepage". Arquivado do orixinal o 23 July 2011. http://www.msrintranet.capmas.gov.eg/pls/fdl/tst12e?action=1&lname=. Consultado o 15 August 2011.