Xiísmo
O xiísmo (árabe: شيعة, Shīʻah), é a segunda meirande rama do Islam, logo do sunismo. Os seguidores do xiísmo chámanse xiís ou xiítas. "Shīʻah" é a abreviatura da frase históica Shīʻatu ʻAlī (árabe: شيعة علي), que significa "seguidores de Alí", "facción de Alí" ou "partido de Alí"[1][2]
A semellanza de outras escolas de pensamento no Islam, o xiísmo baséase nas ensinanzas do libro sagrado do Islam, o Corán e a mensaxe do último profeta do Islam,[3] Mahoma.[4] Ao contrario que outras escolas de pensamento, o xiísmo mantén que a familia de Mahoma, a Ahl al-Bayt ("a Xente da Casa"), e certos individuos entre os seus descendentes, coñecidos coma Imáns, teñen unha autoridade espiritual e política sobre a comunidade.[3][5] Os xiítas cren que Alí, o curmán de Mahoma e xenro, foi o primeiro deste Imáns e foi o sucesor lexítimo de Mahoma[6] rexeitando así a lexitimidade dos tres primeiros califas.[6][7]
Os xiítas recoñecen a Alí coma a segunda figura máis importante logo do profeta Mahoma. Segundo eles, Mahoma suxeriu en varias ocasións durante a súa vida que Alí debería ser o líder dos musulmáns logo do seu pasamento. De acordo con esta perspectiva, Alí coma sucesor de Mahoma non só gobernaría sobre a comunidade, senón que tamén interpretaría a Sharia e o significado esotérico do Corán. Polo tanto considerouse coma libre de erro e pecado (infalible) e designado por Deus por orde divina (Nass) para ser o primeiro Imán.[8] Alí é coñecido coma o "home perfecto" (al-insan al-kamil) semellante a Mahoma segundo a perspectiva xií.[9] Como resultado, os xiítas empregan hadiths atribuídos a Mahoma e aos Imáns, e dan credibilidade á familia do Profeta e aos socios cercanos, en contraste coas tradicións sunitas nas que a sunnah é narrada en boa parte por compañeiros.[10][11] Posteriormente, as diferencias dos hadiths entre os xiítas e os sunitas son unha das principais razóns das friccións entre eles, xa que os sunitas non aceptan os hadiths xiítas e viceversa.[12]
Notas [editar]
- ↑ The New Encyclopædia Britannica, Jacob E. Safra, Chairman of the Board, Ed. 15ª, Encyclopædia Britannica, Inc., 1998, ISBN 0-85229-6330, Vol 10, p. 738
- ↑ http://www.al-islam.org/encyclopedia/chapter1b/13.html
- ↑ 3,0 3,1 "Esposito, John. "What Everyone Needs to Know about Islam." Oxford University Press, 2002. ISBN 978-0-19-515713-0. p. 40
- ↑ From the article on Shii Islam in Oxford Islamic Studies Online
- ↑ Corbin (1993), pp. 45–51
- ↑ 6,0 6,1 "The Complete Idiot's Guide to World Religions," Brandon Toropov, Father Luke Buckles, Alpha; 3rd edition, 2004, ISBN 978-1-59257-222-9, p. 135
- ↑ Tabatabaei (1979), pp. 41–44
- ↑ Nasr, Shi'ite Islam, preface, p. 10
- ↑ Motahhari, Perfect man, Chapter 1
- ↑ How do Sunnis and Shi'as differ theologically? Last updated 2009-08-19, BBC religions
- ↑ Momen, Moojan, Introduction to Shi'i Islam, Yale University Press, 1985, p.174.
- ↑ Muqaddimah Ibn al-Salah, Dar al-Ma’aarif edition