Fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Futbolista")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
O atacante austríaco Rubin Okotie tenta marcar un gol contra o equipo do Congo, no Campionato Mundial de Fútbol Sub-20 2007. Foto obtida no Commonwealth Stadium, en Edmonton, Alberta, no Canadá.

O fútbol é un deporte por equipos, o máis popular do mundo, tanto respecto ó número de espectadores como ó número de participantes activos. O organismo reitor do fútbol é a Fédération Internationale de Football Association (FIFA). Millóns de persoas xogan en clubs de afeccionados ou van a acotío ó estadio para apoiaren o seu equipo favorito. Os países de Europa, África e Sudamérica son os que dominan o xogo a nivel internacional.

A FIFA é o organismo encargado de organiza-lo fútbol a nivel mundial, e para facilitar ese traballo, creou diversas organizacións continentais. Así, temos en Europa á UEFA; en África á CAF; en América do Norte, Central e Caribe, á CONCACAF; en Sudamérica á CONMEBOL; en Asia á AFC; e en Oceanía á OFC.

Dentro das competicións a nivel mundial, o torneo máis relevante é o Copa do Mundo, polo que a seleccións nacionais se refire, que se disputa cada catro anos. En canto a clubs, o torneo máis importante é a Copa Mundial de Clubs da FIFA, que disputan os campións de tódalas confederacións. Este torneo substitúe á antiga Copa Intercontinental.

Nome[editar | editar a fonte]

O nome fútbol association empregouse por vez primeira cando a Asociación de Fútbol estableceu as regras do xogo, para distinguilo das moitas versións de fútbol que existían entón. A palabra soccer (denominación que recibe o fútbol en inglés) é unha abreviación coloquial do termo Association e apareceu nos anos 1880. A súa orixe débese a un estudante de Oxford chamado Charles Wreford Brown, quen xogou para a selección inglesa e chegou ó posto de vicepresidente da Asociación de Fútbol. O termo fútbol asociación case non se usa na actualidade, mais algúns equipos e institucións aínda o empregan nos seus nomes oficiais.

A finais do século XIX, soccer era a palabra coas que as clases altas se referían ao xogo, practicado nas escolas privadas, namentres que a clase traballadora empregaba o termo football. O deporte chegou ó resto do mundo grazas ós inmigrantes británicos e os países que recibiron o deporte adoptaron o termo inglés. Así, pasou a ser fußball en alemán, voetbal en holandés, fotbal nas linguas escandinavas, futebol en portugués e fútbol en castelán. En francés, a escrita non se modificou e a actividade coñécese como le football (con frecuencia abreviado a le foot), aínda que en Quebec se coñece como le soccer, dado á coexistencia co football canadien. En Italia, un ritual da corte florentina coñecido como il calcio storico era semellante abondo ó deporte, e decidiron emprega-la palabra calcio para nomear a actividade.

En Gran Bretaña, ó fútbol chámaselle coloquialmente footie.

Historia do fútbol[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia do fútbol.

Aínda que se coñecen indicios de deportes semellantes nas civilizacións prehispánicas de América, ou en China e Xapón, o fútbol moderno tivo a súa orixe en Inglaterra no século XIX, e foise estendendo paulatinamente ó resto dos países europeos. A FIFA créase nos primeiros anos do século XX, e a partir de aí a súa popularidade medra imparablemente. En 1928, a FIFA decide crear unha competición mundial de seleccións nacionais e acorda que se celebre en Uruguai, que era a campioa olímpica, en 1930.

As regras do xogo[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Regras do fútbol.
Partido Paris Saint Germain - Caen, no estadio do Parque dos Príncipes en París.

As regras oficiais do fútbol divídense en dezasete epígrafes:

  • 1. O terreo de xogo.
  • 2. O balón.
  • 3. O número de xogadores.
  • 4. A equipación dos xogadores.
  • 5. O árbitro.
  • 6. Os asistentes do árbitro.
  • 7. A duración do partido.
  • 8. O inicio e reanudación do xogo.
  • 9. O balón en xogo ou fora de xogo.
  • 10. O gol.
  • 11. O fóra de xogo.
  • 12. Faltas e sancións.
  • 13. Tiros libres.
  • 14. Penaltis.
  • 15. Fóra de banda.
  • 16. Saque de porta.
  • 17. Saque de esquina.

Coma resumo, pódese dicir:

Nun partido de fútbol enfróntanse dous equipos formados por 10 xogadores e un porteiro cada un. Dise que un equipo mete un gol cando o balón traspasa totalmente a liña de gol da portería contraria. O obxectivo do xogo é marcar máis goles có contrario.

O único xogador que pode toca-lo balón coas mans durante o xogo é o porteiro ou gardameta, sempre e cando se manteña dentro da súa área (zona próxima á portería).

O tempo de xogo divídese en dous períodos de 45 minutos separados por un descanso de 15. Dependendo das interrupcións acontecidas ó longo do período de xogo o árbitro pode engadir uns minutos en cada un dos tempos.

Equipos[editar | editar a fonte]

Competicións máis importantes[editar | editar a fonte]

Momento do lanzamento dunha pena máxima, acadando un gol.

Seleccións[editar | editar a fonte]

A nivel de seleccións nacionais, o torneo máis importante é a Copa Mundial de Fútbol, que se disputa desde 1930. Previo á creación da Copa Mundial, en particular durante os anos 1920, a competición de fútbol dos Xogos Olímpicos era considerada a máxima competición do deporte, aínda que na actualidade mantense como un torneo secundario onde se permiten xogadores menores de 23 anos, con ata 3 xogadores que excedan ese límite de idade por equipo. A nivel feminino, o equivalente da Copa Mundial é a Copa Mundial Feminina de Fútbol.

A nivel das confederacións da FIFA, os torneos máis importantes son a Copa América (América do Sur) e a Eurocopa (Europa); e, situándose a un nivel inferior, atópanse a Copa Africana de Nacións (África), a Copa de Ouro da Concacaf (América do Norte, central e o Caribe), a Copa Asiática (Asia) e a Copa das Nacións da OFC (Oceanía).

O torneo máis importante para xogadores novos é a Copa Mundial de Fútbol Sub-20, a cal recibe a equipos clasificados desde o Campionato Suramericano Sub-20 (América do Sur), o Campionato europeo da UEFA Sub-19 (Europa), o Campionato Xuvenil da CAF (África), o Campionato Sub-20 da Concacaf (América do Norte, central e o Caribe), o Campionato Xuvenil da AFC (Asia) e o Campionato Sub-20 da OFC (Oceanía).

Clubs[editar | editar a fonte]

En cada país os clubs de fútbol adoitan federarse en asociacións ou ligas que organizan torneos oficiais entre eles, de onde xorden os campións de cada país e os equipos que participarán en torneos internacionais. Non existe un sistema único de torneos e cada liga nacional organízaos de acordo ás súas tradicións. En xeral, a maioría dos países teñen dous torneos principais ao ano: Arxentina (Clausura e Apertura), México (Apertura e Clausura), Colombia (Apertura, Finalización e Copa Colombia), España (A Liga e Copa do Rei), Italia (Serie A e Copa Italia), etc. Nalgúns casos os campións de ambos os torneos disputan "supercopas" anuais e "recopas" entre si, como a Supercopa de España. Inglaterra ten un sistema de campionato principal (a Premier League) e logo varias copas nas que participan equipos de distintas divisións. Brasil ten un sistema de campionatos por Estado (paulista, carioca, mineiro, gaúcho, etc.), ademais de ter un Campionato Nacional (Brasileirãou).

Internacionalmente a competición máis importante historicamente foi a Copa Intercontinental, que foi substituída en 2005 pola Copa Mundial de Clubs da FIFA. A nivel continental as competicións máis importantes son a Copa Libertadores de América (América do Sur) e a Liga de Campións da UEFA (Europa), torneos cuxos gañadores disputaban a Copa Intercontinental. A partir de 2005 a recentemente creada Copa Mundial de Clubs da FIFA tamén recibe aos gañadores da Liga de Campións da CAF (África), a Copa de Campións da Concacaf (América do Norte, central e o Caribe), a Liga de Campións da AFC (Asia) e a Liga de Campións da OFC (Oceanía). Tamén a nivel continental destácanse as competicións secundarias de América do Sur e Europa: a Copa Suramericana e a UEFA Europa League (antiga Copa da UEFA), respectivamente.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Xogadores míticos[editar | editar a fonte]

Xogadores galegos destacados[editar | editar a fonte]

Variantes[editar | editar a fonte]

Partido de fútbol sala en Alemaña.
Partido de bossaball en España.

Existen moitas variantes do fútbol, entre as que destacan as seguintes:

  • Fútbol sala: xógase entre dous equipos de 5 xogadores cada un, sendo un deles o gardameta. Xóganse dous tempos de 20 minutos cada un. Cada encontro xógase sobre unha superficie de material sólido duns 40 por 20 metros. O resto das regras son practicamente iguais ás do fútbol tradicional, con algunhas diferenzas, como a falta do fóra de xogo e o uso dos pés para efectuar saques de banda.
  • Fútbol praia: participan dous equipos de cinco xogadores cada un, sendo un deles o porteiro. Xógase nun campo duns 35 por 25 metros, o cal está cuberto integramente por area. Cada partido consta de tres tempos de 12 minutos cada un e a diferenza doutras variantes do fútbol (fútbol sala por exemplo), o tempo detense cando o árbitro marca un tiro libre, un penalti, ou consta que un xogador está facendo pasar o tempo de forma inapropiada.
  • Showbol: xógase nun campo de 42 por 22 metros. Pode xogarse en dous tempos de 30 minutos e un entretempo de 15 minutos; ou tamén en catro tempos de 15 minutos cada cuarto. Entre as súas características destacan que durante o xogo os cambios de xogadores son ilimitados, e que a pelota mantense en xogo en forma permanente, debido a que rebota nunha parede que rodea o perímetro da cancha feita de acrílico transparente incluíndo a zona detrás dos arcos.
  • Fútbol indoor: xógase nun terreo de menores dimensións e con paredes como un elemento máis do xogo. Participan dous equipos de cinco xogadores cada un, sendo un deles o gardameta.
  • Bossaball: combina regras do fútbol tradicional e do voleibol. Baseado nas regras do voleibol, xógase sobre unha superficie de colchóns inchables e camas elásticas, e permite maior número de toques e moita maior espectacularidade nos saltos.
  • Fútbol tenis: combina aspectos e regras do fútbol e do tenis. Xógase cunha pelota de fútbol, utilizando calquera parte do corpo fóra das mans e brazos, do mesmo xeito que no fútbol. O xogo practícase nunha cancha de dimensións reducidas, cunha rede que divide en dúas o campo de xogo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Fútbol