Campionato Paulista
| Fundación | 1902 |
|---|---|
| Rexión | |
| Equipos | 20 |
| Actual campión | Santos (20º título) |
| Máis laureado | Corinthians (26 títulos) |
| Sitio web | Federação Paulista de Futebol (en portugués) |
O Campionato Paulista, ou Paulistão, é unha competición de fútbol organizada pola Federação Paulista de Futebol, que enfronta cada ano ós principais equipos do Estado de Sao Paulo, en Brasil. O torneo lévase a cabo nos primeiros meses do ano (entre xaneiro e maio), ó mesmo tempo que se disputa a Copa Libertadores e o resto dos campionatos estatais no país, antes do comezo do Brasileirão.
Índice |
Formato [editar]
Trátase dunha liga con 20 participantes na máxima categoría, chamada Serie A. Os 20 equipos enfróntanse todos entre sí só nunha volta, e dicir, a tempada regular componse de 19 xornadas. Tralo remate desta tempada regular, os 8 primeiros equipos da táboa disputan unha rolda eliminatoria final con vantaxe de campo para os mellores clasificados da táboa. A rolda final parte duns cuartos de final a encontro único, seguidos dunhas semifinais a encontro único, para rematar cunha final a dobre encontro. Os 2 finalistas acadan o dereito a competir na Copa do Brasil do ano seguinte, non sendo que algún deles tamén teña praza para competir na Copa Libertadores, caso no cal a súa praza será para un dos equipos semifinalistas. No caso dos 4 últimos equipos da táboa, perden a categoría baixando dende a Serie A á Serie B.
Palmarés [editar]
A primeira edición disputouse no ano 1902, de xeito que é a competición oficial de fútbol mais antiga do país. O Campionato Paulista é un torneo tradicionalmente dominado por 4 equipos, o Corinthians, o Palmeiras, o Sao Paulo e o Santos (con 26, 22, 21 e 20 títulos):
| Títulos | Equipo | Tempadas |
|---|---|---|
| 26 | 1914, 1916, 1922, 1923, 1924, 1928, 1929, 1930, 1937, 1938, 1939, 1941, 1951, 1952, 1954, 1977, 1979, 1982, 1983, 1988, 1995, 1997, 1999, 2001, 2003, 2009 | |
| 22 | 1920, 1926, 1927, 1932, 1933, 1934, 1936, 1940, 1942, 1944, 1947, 1950, 1959, 1963, 1966, 1972, 1974, 1976, 1993, 1994, 1996, 2008 | |
| 21 | 1931, 1943, 1945, 1946, 1948, 1949, 1953, 1957, 1970, 1971, 1975, 1980, 1981, 1985, 1987, 1989, 1991, 1992, 1998, 2000, 2005 | |
| 20 | 1935, 1955, 1956, 1958, 1960, 1961, 1962, 1964, 1965, 1967, 1968, 1969, 1973, 1978, 1984, 2006, 2007, 2010, 2011, 2012 | |
| 11 | 1905, 1908, 1913, 1916, 1917, 1918, 1919, 1921, 1926, 1927, 1929 | |
| 4 | 1902, 1903, 1904, 1911 | |
| 3 | 1935, 1936, 1973 | |
| 3 | 1909, 1910, 1915 | |
| 2 | 1906, 1915 | |
| 2 | 1912, 1913 | |
| 2 | 1907, 1928 | |
| 2 | 1914, 1925 | |
| 1 | 2004 | |
| 1 | 2002 | |
| 1 | 1990 | |
| 1 | 1986 |
- † — Club desaparecido ou sección de fútbol desaparecida.