Copa Ouro da CONCACAF

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Copa Ouro da CONCACAF é a principal competición masculina de seleccións de fútbol organizada pola CONCACAF. Nas súas dezanove edicións só sete países conseguiron gañar o título. México é a selección dominadora do torneo con até sete títulos conseguidos, o vixente campión, os Estados Unidos, é o seu máis inmediato perseguidor con catro títulos, seguido de Costa Rica con tres. Canadá conseguiu dous títulos e Honduras, Haití e Guatemala teñen un só campionato.

Historia[editar | editar a fonte]

Antes de que a CONCACAF se conformara en 1961 o fútbol na rexión estaba dividido en asociacións rexionais máis pequenas. Entre estas destacaban dúas: a Confederación Centroamericana e do Caribe de Fútbol (CCCF) fundada en 1938 e a North American Football Confederation (NAFC) fundada en 1946 (EUA, México, Canadá e Cuba). Cada confederación mantiña o seu propio torneo, a CCCF organizou dez edicións da Copa da CCCF entre 1941 e 1961 (dos que Costa Rica gañou sete e El Salvador, Panamá e Haití un cada un) e a NAFC dúas edicións da súa Copa da NAFC gañadas por México en 1947 e 1949.

Desde a conformación da CONCACAF aínda pasaron dous anos até a organización dun campionato de seleccións no que competisen todas as federacións nacionais, O primeiro campionato celebrado en El Salvador en 1963 levou por nome Campionato de nacións da CONCACAF e celebrouse a partir de aí cada dous anos até 1971.

A partir de entón non houbo formalmente ningún campionato que establecese que selección era a dominadora do continente. Aquel equipo que conseguía o mellor posto nas clasificación para o mundial de fútbol pasaba a ser considerado coma o mellor da Confederación.

En 1990 a CONCACAF decidiu crear novamente un torneo como principal evento da Confederación para coroar á mellor das súas seleccións nacionais. Nacía a Copa Ouro da CONCACAF cuxa primeira edición tivo lugar nos Estados Unidos en 1991. O torneo, no que participaban oito equipos, foi gañado polos anfitrións. México converteuse nos anos 90 no dominador do torneo con tres títulos consecutivos en 1993, 1996 e 1998. Na edición de 1996 a Copa Ouro convidou a participar por primeira vez a un equipo doutra Confederación, os naquel intre vixentes campións do mundo, Brasil.

Coa edición de 2000 o torneo pasou a estar disputado por doce equipos e Canadá conseguiu o seu único título. Desde a creación do torneo o título foi gañado en catro ocasións por México e os Estados Unidos e só un equipo máis, Canadá, conseguiu gañar outro título.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Zona de América do Norte

  • Clasifícanse automaticamente tres equipos.

Zona centroamericana

Zona do Caribe

Resultados do torneo[editar | editar a fonte]

Campionato de nacións da CONCACAF
Ano Anfitrión Clasificación final
Gañador Finalista 3º posto 4º posto
1963
Flag of El Salvador.svg O Salvador Flag of Costa Rica.svg Costa Rica Flag of El Salvador.svg O Salvador Flag of the Netherlands Antilles (1986-2010).svg Antillas Neerlandesas Flag of Honduras.svg Honduras
1965
Flag of Guatemala.svg Guatemala Flag of Mexico.svg México Flag of Guatemala.svg Guatemala Flag of Costa Rica.svg Costa Rica Flag of El Salvador.svg O Salvador
1967
Flag of Honduras.svg Honduras Flag of Guatemala.svg Guatemala Flag of Mexico.svg México Flag of Honduras.svg Honduras Flag of Trinidad and Tobago.svg Trinidad e Tobago
1969
Flag of Costa Rica.svg Costa Rica Flag of Costa Rica.svg Costa Rica Flag of Guatemala.svg Guatemala Flag of the Netherlands Antilles (1986-2010).svg Antillas Neerlandesas Flag of Mexico.svg México
1971
Flag of Trinidad and Tobago.svg Trinidad e Tobago Flag of Mexico.svg México Flag of Haiti.svg Haití Flag of Costa Rica.svg Costa Rica Flag of Cuba.svg Cuba
1973
(1)
Flag of Haiti.svg Haití Flag of Haiti.svg Haití Flag of Trinidad and Tobago.svg Trinidad e Tobago Flag of Mexico.svg México Flag of Honduras.svg Honduras
1977
(1)
Flag of Mexico.svg México Flag of Mexico.svg México Flag of Haiti.svg Haití Flag of El Salvador.svg O Salvador Flag of Canada.svg Canadá
1981
(1)
Flag of Honduras.svg Honduras Flag of Honduras.svg Honduras Flag of El Salvador.svg O Salvador Flag of Mexico.svg México Flag of Canada.svg Canadá
1985
(1)
Sen sé Flag of Canada.svg Canadá Flag of Honduras.svg Honduras Flag of Costa Rica.svg Costa Rica Flag of El Salvador.svg O Salvador
1989
(1)
Sen sé Flag of Costa Rica.svg Costa Rica Estados Unidos de América Estados Unidos Flag of Trinidad and Tobago.svg Trinidad e Tobago Flag of Guatemala.svg Guatemala
Copa Ouro da CONCACAF
Ano Anfitrión Final Partido 3º-4º posto
Gañador Resultado Finalista 3ºposto Resultado 4º posto
1991
Estados Unidos de América Estados Unidos Estados Unidos de América Estados Unidos 0–0 Prórroga
(4-3 pen)
Flag of Honduras.svg Honduras Flag of Mexico.svg México 2–0 Flag of Costa Rica.svg Costa Rica
1993
Estados Unidos de América Estados Unidos
& Flag of Mexico.svg México
Flag of Mexico.svg México 4–0 Estados Unidos de América Estados Unidos Flag of Costa Rica.svg Costa Rica
Xamaica Xamaica
1-1
Prórroga(2)
1996
Estados Unidos de América Estados Unidos Flag of Mexico.svg México 2–0 Flag of Brazil.svg Brasil Estados Unidos de América Estados Unidos 3–0 Flag of Guatemala.svg Guatemala
1998
Estados Unidos de América Estados Unidos Flag of Mexico.svg México 1-0 Estados Unidos de América Estados Unidos Flag of Brazil.svg Brasil 1-0 Xamaica Xamaica
2000
Estados Unidos de América Estados Unidos Flag of Canada.svg Canadá 2–0 Flag of Colombia.svg Colombia Flag of Peru.svg Perú
Flag of Trinidad and Tobago.svg Trinidad e Tobago
n/a (3)
2002
Estados Unidos de América Estados Unidos Estados Unidos de América Estados Unidos 2–0 Flag of Costa Rica.svg Costa Rica Flag of Canada.svg Canadá 2–1 Flag of South Korea.svg Corea do Sur
2003
Estados Unidos de América Estados Unidos
& Flag of Mexico.svg México
Flag of Mexico.svg México 1-0
gol de ouro
Flag of Brazil.svg Brasil Estados Unidos de América Estados Unidos 3–2 Flag of Costa Rica.svg Costa Rica
2005
Estados Unidos de América Estados Unidos Estados Unidos de América Estados Unidos 0–0 Prórroga
(3-1 pen)
Flag of Panama.svg Panamá Flag of Colombia.svg Colombia
Flag of Honduras.svg Honduras
n/a (3)
2007
Estados Unidos de América Estados Unidos Estados Unidos de América Estados Unidos 2–1 Flag of Mexico.svg México Flag of Canada.svg Canadá
Flag of Guadeloupe (local).svg Guadalupe
n/a (3)
2009
Estados Unidos de América Estados Unidos

(Equipos convidados en itálico)

1 Non se disputou formalmente torneo. O campión na clasificación para o Mundial era considerado o campión da CONCACAF

2 Costa Rica e XAmaica remataron empatados a 1 logo da prórroga e compartiron a terceira praza.

3 Non houvo partido polo terceiro e cuarto posto polo que a cuarta praza foi compartida


  • pen - quenda de penaltis.

Resultados acumulados[editar | editar a fonte]

A seguinte táboa compila os resultados obtidos polas diferentes seleccións nos torneos rexionais da Confederación. En itálico destácanse os títulos obtidos antes de ser establecida a Copa Ouro.

Seleccións Títulos Finalista 3º posto 4º posto
Flag of Mexico.svg México 7 (1965, 1971, 1977*, 1993*, 1996, 1998, 2003*) 2 (1967, 2007) 3 (1973, 1981, 1991) 1 (1969)
Estados Unidos de América Estados Unidos 4 (1991*, 2002*, 2005*, 2007*) 3 (1989, 1993*, 1998*) 2 (1996*, 2003*) -
Flag of Costa Rica.svg Costa Rica 3 (1963, 1969*, 1989) 1 (2002) 4 (1965, 1971, 1985, 1993) 2 (1991, 2003)
Flag of Canada.svg Canadá 2 (1985, 2000) - 2 (2002, 2007) 2 (1977, 1981)
Flag of Honduras.svg Honduras 1 (1981*) 2 (1985, 1991) 2 (1967*, 2005) 2 (1963, 1973)
Flag of Guatemala.svg Guatemala 1 (1967) 2 (1965*, 1969) - 2 (1989, 1996)
Flag of Haiti.svg Haití 1 (1973*) 2 (1971, 1977) - -
Flag of El Salvador.svg O Salvador - 2 (1963*, 1981) 1 (1977) 2 (1965, 1985)
Flag of Brazil.svg Brasil** - 2 (1996, 2003) 1 (1998) -
Flag of Trinidad and Tobago.svg Trinidad e Tobago - 1 (1973) 2 (1989, 2000) 1 (1967)
Flag of Colombia.svg Colombia** - 1 (2000) 1 (2005) -
Flag of Panama.svg Panamá - 1 (2005) - -
Flag of the Netherlands Antilles (1986-2010).svg Antillas Neerlandesas - - 2 (1963, 1969) -
Xamaica Xamaica - - 1 (1993) 1 (1998)
Flag of Guadeloupe (local).svg Guadalupe - - 1 (2007) -
Flag of Peru.svg Perú** - - 1 (2000) -
Flag of South Korea.svg Corea do Sur** - - - 1 (2002)
Flag of Cuba.svg Cuba - - - 1 (1971)
  • * Anfitrións
  • ** Equipos convidados


Máximos goleadores[editar | editar a fonte]

Ano Xogador Goles
1963 ?
1965 ?
1967 ?
1969 Flag of Guatemala.svg Guatemala Cesar Amando Melgar
Flag of Guatemala.svg Guatemala Marco Fión
Flag of Costa Rica.svg Costa Rica Victor Manuel Ruiz
3
1971 ?
1973 Flag of Trinidad and Tobago.svg Trinidad e Tobago Steve David 7
1977 Flag of Mexico.svg México Víctor Rangel 6
1981 Flag of Mexico.svg México Hugo Sánchez 3
1985 Flag of Honduras.svg Honduras Roberto Figueroa 5
1989 Flag of Guatemala.svg Guatemala Raúl Chacón
Flag of Guatemala.svg Guatemala Julio Rodas
Flag of Costa Rica.svg Costa Rica Evaristo Coronado
Flag of Costa Rica.svg Costa Rica Juan Arnoldo Cayasso
Flag of Costa Rica.svg Costa Rica Leonidas Flores
Flag of Trinidad and Tobago.svg Trinidad e Tobago Leonson Lewis
Flag of Trinidad and Tobago.svg Trinidad e Tobago Kerry Jamerson
Flag of Trinidad and Tobago.svg Trinidad e Tobago Philibert Jones
2
1991 Flag of Mexico.svg México Benjamin Galindo 4
1993 Flag of Mexico.svg México Zaguinho 12
1996 Estados Unidos de América Estados Unidos Eric Wynalda 4
1998 Flag of Costa Rica.svg Costa Rica Paulo Wanchope
Flag of Mexico.svg México Luis Hernández
4
2000 Flag of Canada.svg Canadá Carlo Corazzin 4
2002 Estados Unidos de América Estados Unidos Brian McBride 4
2003 Flag of Costa Rica.svg Costa Rica Walter Centeno
Estados Unidos de América Estados Unidos Landon Donovan
4
2005 Estados Unidos de América Estados Unidos DaMarcus Beasley
Estados Unidos de América Estados Unidos Landon Donovan
Flag of Guatemala.svg Guatemala Carlos Ruiz
Flag of Honduras.svg Honduras Wilmer Velasquez
Flag of Panama.svg Panamá Luis Tejada
3
2007 Flag of Honduras.svg Honduras Carlos Pavón 5

En itálico torneos anteriores á Copa Ouro


Participacións no torneo[editar | editar a fonte]

Participacións País Na Copa Ouro Noutros torneos
17 Flag of Mexico.svg México 9 8
15 Flag of Guatemala.svg Guatemala 7 8
14 Flag of Costa Rica.svg Costa Rica
Flag of Honduras.svg Honduras
8
8
6
6
13 Flag of Trinidad and Tobago.svg Trinidad e Tobago 7 6
11 Flag of El Salvador.svg O Salvador
Flag of Canada.svg Canadá
Estados Unidos de América Estados Unidos
5
8
9
6
3
2
10 Flag of Haiti.svg Haití 3 7
8 Xamaica Xamaica 6 2
7 Flag of Cuba.svg Cuba 5 2
4 Flag of Panama.svg Panamá
Flag of the Netherlands Antilles (1986-2010).svg Antillas Neerlandesas
3
0
1
4
3 Flag of France.svg FranciaFlag of Martinique.svg Martinica
Flag of Brazil.svg Brasil*
Flag of Colombia.svg Colombia*
3
3
3
0
0
0
2 Flag of Nicaragua.svg Nicaragua
Flag of Suriname.svg Suriname
Flag of South Korea.svg Corea do Sur*
1
0
2
2
2
0
1 Flag of Saint Vincent and the Grenadines.svg San Vicente e Granadinas
Flag of Peru.svg Perú*
Flag of Ecuador.svg Ecuador*
Suráfrica Suráfrica*
Flag of Guadeloupe (local).svg Guadalupe
1
1
1
1
1
0
0
0
0
0
  • * Seleccións convidadas ao torneo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligacións externas[editar | editar a fonte]