Man

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Man
Gray1234.png
Man esquerda humana
Vea rede venosa dorsal da man
Nervio(s) nervio ulnar, nervio mediano, nervio radial
MeSH Hand

A man é a parte final de cada extremidade superior (ou brazo), principalmente nos mamíferos bípedes. Por extensión tamén se usa ese termo e os nomes de moitos dos seus constituíntes para designar os órganos equivalentes dos membros anteriores de moitos vertebrados.

Divídese xeralmente en tres rexións: carpo, metacarpo e dedos.

Tal como nos restantes órganos pares, as mans son simétricas.

A man do ser humano[editar | editar a fonte]

Tamén chamada de Quirodáctilo (debido aos dedos), a man cun dedo oposto aos restantes -o polgar - foi unha adquisición evolutiva (segundo a teoría da evolución) extremadamente importante, pois permitiu a utilización de instrumentos, cos cales poder defenderse máis facilmente e modificar o medio ambiente para mellor sobreviveren (Edgar Morin, no seu "O Paradigma Perdido" refírese á dialéctica "pé - man - cerebro").

A man ten 27 ósos principais: 8 no carpo, 5 no metacarpo e 14 falanxes, máis un número variábel de pequenos ósos sesamoideos.

Os movementos da man humana débense a dous conxuntos de músculos: os intrínsecos, ou sexa, que se encontran na propia man, e os extrínsecos -os flexores e extensores longos-, que se encontran no antebrazo. Os músculos intrínsecos son os tenares e hipotenares, respectivamente ligados ao 1º e 5º dedos, os músculos interóseos (entre os metacarpianos), catro dorsais e tres volares e os músculos lumbricais. Estes músculos teñen a súa orixe no flexor profundo e caracterízanse por non teren orixe nos ósos.


Os músculos extrínsecos son os dous flexores longos, localizados na parte interna do antebrazo e que se unen por tendóns ás falanxes (moi visíbeis no dorso da man). O flexor profundo únese ás falanxes distais e o flexor superficial ás falanxes medias. Estes músculos son responsábeis da flexión dos dedos. O polgar ten un flexor longo e un curto no grupo de músculos tenares, alén dos músculos opoñente, abdutor e rotador.

Proporción áurea[editar | editar a fonte]

O polgar en oposición ós demáis dedos permite coller obxectos con facilidade.

A proporción áurea é unha razón presente en varios aspectos da natureza, e equivale aproximadamente a 1,618033. Esta proporcióno está presente tamén nas mans humanas nas relacións entre :

  • O tamaño dos dedos e a medida da dobra central até a punta
  • A medida da dobra central até a punta dividido e da segunda dobra até a punta.

A man e a cultura humana[editar | editar a fonte]

A gran capacidade de movementos da man permitiulle ao ser humano desenvolver a lingua de sinais, non só para mellorar a comunicación entre xordos, senón tamén para utilizar en situacions especiais, como no teatro e entre navíos ou persoas que se encontran fóra do alcance do ouvido, mais que se poden ver entre si.

Outra posibilidade (tamén existente nos restantes primates) é a utilización da man como arma, non só fechada nun puño, senón tamén noutras posicións, como nas artes marciais.

A man na cultura popular galega[editar | editar a fonte]

Artigo principal: A man na cultura popular galega.

A importancia da man na cultura está patente en moitas expresións como, por exemplo:

  • Coñecer [algo] como a palma da miña man.
  • De segunda man, que xa tivo outro posuidor.
  • Gobernar con man de ferro ou con pulso de ferro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Man

Outros artigos[editar | editar a fonte]