Fútbol en España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A selección nacional celebra a súa primeira Copa do Mundo en Madrid, o 12 de xullo de 2010.

O fútbol está considerado o deporte máis popular en España. É o que ten máis xogadores federados (692.094 en 2006) e o segundo máis practicado a nivel popular e recreativo (en 2005 practicábao o 31,7% dos españois), segundo un estudo do Consello Superior de Deportes do Ministerio de Educación e Ciencia.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

O Recreativo de Huelva, club decano do fútbol español, en 1906.
Balón de fútbol de 1924 no Museo do Sevilla FC.

O fútbol introdúcese en España a través de traballadores inmigrantes, especialmente británicos, cara a finais do século XIX. Foron os ingleses das Minas de Riotinto, en Huelva, os que disputaron os primeiros partidos, cara 1870. Estes mineiros crearon, en 1878, o que seguramente sexa primeiro club español, o Rio Tinto Foot-Ball Club. Esta sociedade, con todo, non foi inscrita en ningún rexistro, polo que non quedou constancia legal da súa existencia.

O primeiro club de fútbol español legalmente establecido é o Huelva Recreation Club (actual Real Club Recreativo de Huelva), fundado o 23 de decembro de 1889.[2] Coa chegada do século XX os clubs de fútbol empezan a proliferar por todo o país. Estas primeiras sociedades eran case sempre fundadas por estranxeiros.

A rápida multiplicación do número de clubs de fútbol impulsa a creación das primeiras asociacións (a Football Associació de Cataluña, creada o 11 de novembro de 1900) e as primeiras competicións. Así, en 1902 nace a primeira competición a nivel nacional, a Copa da Coroación, embrión da actual Copa do Rei de fútbol.

A Real Federación Española de Fútbol non nacería ata 1913 e a selección española disputou os seus primeiros partidos con motivo dos Xogos Olímpicos de Antuerpen, en 1920.

O primeiro gran cambio no fútbol español chega en 1926 cando, tras un longo proceso de debate, os clubs aproban o Primeiro Regulamento do Fútbol Profesional español. O fútbol español, seguindo o modelo británico, daba así o paso ao profesionalismo, sentando as bases para o nacemento do campionato nacional de Liga, cuxa primeira edición dispútase en 1929.

Nos anos 1990 o fútbol español viviu unha segunda revolución. A conversión dos clubs deportivos en sociedades anónimas, os ingresos polas retransmisións televisivas, as fichaxes millonarias e a globalización futbolística por mor da sentenza Bosman dan orixe á chamada Liga das Estrelas.

Competicións oficiais entre clubs[editar | editar a fonte]

Competicións de fútbol masculino[editar | editar a fonte]

Competicións femininas[editar | editar a fonte]

Seleccións de fútbol de España[editar | editar a fonte]

Selección absoluta de España[editar | editar a fonte]

A selección de España, nas súas distintas categorías está controlada pola Real Federación Española de Fútbol.

O combinado español disputou o seu primeiro partido o 28 de agosto de 1920, en Bruxelas, ante Suecia, con motivo dos Xogos Olímpicos de Antuerpen. Nesta competición os españois, que participaron cun equipo amateur (o profesionalismo aínda non estaba implantado en España), logrando a medalla de prata.

A selección obtivo catro títulos internacionais: o primeiro foi a Eurocopa 1964, cuxa final disputouse en Madrid, o segundo, na Eurocopa 2008, tras vencer á selección de fútbol de Alemaña por 1-0, o terceiro, o Campionato do Mundo de 2010 en Sudáfrica, gañando a Holanda por 0-1 cun gol na prórroga de Andrés Iniesta. O equipo xogou 12 veces a fase final desta competición. O cuarto foi a Eurocopa 2012.

Selección amateur de España[editar | editar a fonte]

A selección amateur española, desaparecida hoxe, ten como maior logro o haberse proclamado campión de Europa en 1970 na competición reservada a seleccións amateur, a Copa da UEFA Amateur.

Categorías inferiores da selección de España[editar | editar a fonte]

España logrou múltiples títulos internacionais nas súas categorías inferiores, entre os que destacan dous campionatos europeos en categoría sub-21, un campionato do mundo sub-20, seis campionatos europeos sub-19, un campionato europeo sub-18, un campionato europeo sub-17 e seis europeos sub-16.

Así mesmo, logrou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 e a prata en Sidney 2000.

Selección feminina de España[editar | editar a fonte]

A selección feminina debutou en 1983. Desde entón nunca logrou clasificarse para a fase final da Copa do Mundo.

Seleccións autonómicas[editar | editar a fonte]

As seleccións autonómicas son os combinados representativos das distintas federacións territoriais e as súas comunidades autónomas. Nestes equipos participan xogadores profesionais nacidos nas respectivas autonomías. Estas seleccións só poden disputar encontros amigables, xa que non forman parte da FIFA nin a UEFA. Con todo, os gobernos autonómicos e algúns sectores sociais de certas comunidades históricas (en especial Cataluña, País Vasco e Galicia) prefiren usar o termo selección nacional para referirse ás súas seleccións autonómicas,[3] á vez que reivindican a súa oficialidade para poder participar en torneos internacionais.[4]

Dáse a circunstancia que algunhas das federacións territoriais de España foron creadas antes que a Federación Española, polo que as súas seleccións representativas naceron antes que a selección española. Este foi o caso da selección de Cataluña e a Selección Norte, que representaba á extinta Federación Norte (País Vasco e Cantabria).

Durante a ditadura franquista, estes combinados rexionais deixaron practicamente de existir. Rexurdiron a mediados dos anos 1980 e, sobre todo, nos anos 1990. Desde entón é habitual que varias das seleccións autonómicas disputen anualmente partidos amigables de carácter internacional, coincidindo coas datas do Nadal.

Ademais, bianualmente dispútase a fase española da Copa das Rexións da UEFA, coas seleccións amateur das diferentes comunidades autónomas, sendo este a día de hoxe o torneo máis importante a nivel autonómico de España.

Clubs[editar | editar a fonte]

O primeiro club, legalmente establecido en España, foi o Recreativo de Huelva, fundado en 1889. Na actualidade, a RFEF ten censados 18.286 clubs de fútbol (2007). Desde a entrada en vigor da Lei 10/1990, a práctica totalidade dos clubs que compiten de forma profesional en España son, en realidade, empresas, baixo a forma xurídica de sociedades anónimas deportivas, cuxa propiedade está en mans dos seus accionistas. Só catro clubs profesionais (Athletic Club, FC Barcelona, Real Madrid e CA Osasuna) manteñen a súa estrutura orixinal, como clubs deportivos controlados directamente polos seus socios.

Os clubs españois en competicións internacionais[editar | editar a fonte]

Historicamente, os equipos españois sempre tiveron un papel destacado nas competicións internacionais de clubs. Os máis laureados en competicións internacionais son o FC Barcelona con 17 títulos e o Real Madrid, con 15 títulos no seu palmarés. O Real Madrid é o club que máis veces gañou a máxima competición continental, a Liga de Campións da UEFA (9 títulos) e o FC Barcelona o que máis veces gañou a Recopa de Europa (4 títulos) e a Copa de Feiras (3 títulos).

En total, España os clubs de fútbol españois gañaron 56 títulos internacionais:

Fútbol feminino[editar | editar a fonte]

A diferenza do fútbol masculino, o balompé feminino é un deporte amateur en España, xa que os estatutos da RFEF non contemplan a existencia de licenzas profesionais para as mulleres.[5] A pesar diso existen dúas competicións de ámbito nacional, a Superliga e a Copa da Raíña, nas que participan clubs con estrutura semiprofesional.

As primeiros equipos e as primeiras competicións oficiosas de fútbol feminino en España xurdiron na década de 1970. Non foi ata 1980 cando foi recoñecido oficialmente pola Real Federación Española de Fútbol, coa creación da Comité Nacional de Fútbol Feminino. Tras o recoñecemento federativo, a primeira competición nacional oficial foi o Campionato de España (Copa da Raíña), creado en 1983. O campionato nacional de liga comezou a disputarse a tempada 1988-89.

A principios dos anos 2000 o fútbol feminino en España viviu un dos momentos de maior desenvolvemento e popularidade, grazas á creación da Superliga, a progresiva implicación dos clubs profesionais masculinos e a chegada de xogadoras mediáticas. Mostra deste iso, a tempada 2002-03 o Athletic Club logrou proclamarse campión de liga no Estadio de San Mamés ante 35.000 espectadores.[6]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fútbol en España