Fútbol gaélico
O fútbol gaélico ou balón pesado (chamado en irlandés Peil ou Caid) é unha variante do fútbol xogado principalmente en Irlanda, sendo o deporte de máis popularidade dese país xunto co hurling.
O fútbol gaélico xógase en equipos de 15 xogadores nunha cancha de céspede rectangular con porterías en forma de H a ambos lados. O obxectivo principal é anotar puntos pateando ou golpeando o balón coas mans e introducilo na portería rival. O equipo con máis puntos ao final do encontro gaña. Os xogadores avanzan polo campo levando o balón nas súas mans, pateándoo e pasándoo entre compañeiros de equipo.
O fútbol gaélico ou balón pesado é un dos catro Xogos Gaélicos regulados pola Asociación Atlética Gaélica, a maior e máis popular organización deste tipo en Irlanda. Posúe regras estritas sobre a amateur dos xogadores. A Asociación organiza cada ano as competicións entre clubs e entre condados, das cales as máis importantes son:
- A National Football League, que se disputa entre condados cada ano entre febreiro e abril desde 1926.
- Os Campionatos Provinciais, que se disputan en formato de eliminatoria directa a partido único desde maio a xullo entre condados.
- O All-Ireland Football Championship, que comeza cos Campionatos Provinciais e remata en setembro. Este é o torneo máis prestixioso e antigo (1887) deste deporte, e dispútase entre condados.
Crese que o xogo provén do antigo fútbol irlandés coñecido como caid, que se remonta a 1537, aínda que o xogo actual tomou forma en 1887.
Índice |
Regras [editar]
As regras do fútbol gaélico son similares ás do fútbol australiano.
Campo de xogo [editar]
O campo é rectangular, de entre 130 e 145 metros de longo e entre 80 e 90 metros de ancho. Hai porterías con forma de H a ambos os dous lados cunha rede na parte inferior. O mesmo campo úsase para hurling; a GAA, que regula ambos deportes, decidiu isto para permitir que se xoguen ambos deportes nun só campo. As liñas están marcadas a 13, 20 e 45 metros de cada extremo. Utilízanse campos e porterías menores para nenos menores de 14 anos.
Duración [editar]
Tódolos partidos duran 60 minutos, divididos en dúas metades de media hora cada unha, coa excepción de partidos sénior entre condados, que duran 70 minutos (dúas metades de 35). Os empates decídense xogando outra vez ou engadindo 20 minutos de tempo adicional en dúas metades de 10 minutos.
Equipos [editar]
Cada equipo posúe 15 xogadores (un porteiro, dous corner-backs, un full-back, tres half-backs, dous centrocampistas, tres half-forwards, dous corner-forwards e un full-forward) e até 15 suplentes, dos cales pódense utilizar 5. Cada xogador numérase entre o 1 e o 15, comezando co porteiro, que debe utilizar unha camiseta doutra cor.
O balón [editar]
Utilízase un balón de coiro, similar a un de fútbol, pero lixeiramente máis pesado, e con liscos horizontais, non con hexágonos ou pentágonos, e similares en aparencia a balóns de voleibol. Pódese, así como executar pases coas mans. Para realizar isto golpéase a pelota cos cotelos ou o polgar.
Presenza en Galiza [editar]
No ano 2011 presentouse o equipo coruñés Fillos de Breogán, que xoga no Campionato Ibérico de Clubs. Xoga os seus encontros no campo da Torre[1]. Actualmente contan con sección masculina, feminina (Fillas de Breogán) e segundo equipo (Ártabros de Oleiros).
En xullo de 2012 xogouse o primeiro partido da selección galega de fútbol gaélico, nun encontro disputado en Narón contra a selección bretoa. Ambos os dous combinados están recoñecidos pola Asociación Atlética Gaélica. Logo deste encontro, comezaron a aparecer máis equipos pola xeografía galega como Irmandinhos (A Estrada) ou Mecos (O Grove).
Notas [editar]
- ↑ "O fútbol gaélico estréase hoxe en Galicia da man de Fillos de Breogán", artigo en Xornal de Galicia, 5 de febreiro de 2011.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina oficial da GAA (en inglés).
- Regras (en inglés).
- Páxina web do equipo Fillos de Breogán.
