Edmonton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edmonton: panorámica do centro urbano
Localización de Edmonton

Edmonton (712.391 habitantes) é a capital da provincia canadense de Alberta. Sitúase na parte centro septentrionale da provincia, nunha zona que conta con parte das terras agrícolas máis fértiles das pradeiras canadianas. Despois de Calgary, è a segunnda cidade de Alberta. A súa área metropolitana, cunha poboación estimada en 2005 en 1.016.000 habitantes, é a sesta de Canadá.

Cunha superficie de preto 684 km2, superior á que corresponde a Chicago, Philadelphia e Detroit, Edmonton é unha das maís extensas cidades de América do Norte. Doutra banda, sempre considerando as metrópoles de Norteamérica, Edmonton ten unha das densidades poboacionais máis baixas.

Economía[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente la economía de Edmonton baséase na industria do petróleo (nos anos 40 gañou apelativo de "Oil Capital of Canada"), mais nos últimos anos deesnvolvéronse outros sectores, de xeito que se considera na actualidade que a cidade ten a segunda economía máis diversificada de Canadá. Son particularmente activas as empresas de alta tecnoloxía como Telus, Dell, Intuit, Matrikon, BioWare e General Electric. De feito que goza da taxa local de crecemento máis alta do país: o 6,2 %.