Profesión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O uso común de profesión ten diferentes acepcións, entre elas: emprego, facultade ou oficio que cada un ten e exerce publicamente. As profesións son ocupacións que requiren dun coñecemento especializado, unha capacitación educativa de alto nivel, control sobre o contido do traballo, organización propia, autorregulación, altruísmo, espírito de servizo á comunidade e elevadas normas éticas.

Xeralmente acéptase que unha profesión é unha actividade especializada do traballo dentro da sociedade, e á persoa que a realiza denomínaselle: profesional. Refírese a miúdo especificamente a unha facultade, ou capacidade adquirida tras unha aprendizaxe que pode estar relacionado aos campos que requiren estudos de:

  1. Formación profesional, onde se adquiren os coñecementos especializados respectivos para exercer unha ocupación ou oficio; ou a
  2. Estudos universitarios, posgrao ou licenciatura, tales como a psicoloxía, dereito, medicina, instrumentación cirúrxica, enfermaría, arquitectura, contabilidade , enxeñaría, ou a militar.

Refírese, xeralmente, á natureza da ocupación, do emprego e á forma de exercelo que ten esa persoa. A profesión aborda o desempeño da práctica e a disciplina preocúpase do desenvolvemento do coñecemento enriquecendo a profesión desde a súa esencia, e profundando o sustento teórico da práctica.

Concepto de profesional[editar | editar a fonte]

Un profesional é toda aquela persoa que pode brindar un servizo ou elaborar un ben, garantindo o resultado con calidade de excelencia. Pode ser unha persoa cun recoñecemento de grao universitario, técnico ou experto en certo tema, disciplina ou arte. Con todo, unha persoa tamén pode ser considerada profesional polo feito de prover un servizo ou produto e exhibir un comportamento honesto, cualificado, responsable e capaz; características que se obteñen con constancia e talento na disciplina desempeñada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de profesión