Copa Libertadores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Copa Libertadores de América")

A Copa Libertadores é a máxima competición continental de clubs de fútbol en Sudamérica, organizada pola Confederación Sudamericana de Fútbol, e que se disputa na primeira metade do ano dende 1960. Este torneo é o equivalente en Sudamérica á Liga de Campións da UEFA en Europa.

O equipo con mais títulos da Copa Libertadores é o CA Independiente con 7. O actual campión é o Club Atlético San Lorenzo de Almagro da Arxentina que ven de gañar ó Club Nacional de Paraguai na última final en 2014.

O equipo gañador da Copa Libertadores acada o dereito a disputar a Recopa Sudamericana e a representar á Conmebol na Copa Mundial de Clubs da FIFA.

Formato da competición[editar | editar a fonte]

A Copa Libertadores dispútase na primeira metade de cada ano, comezando en xaneiro e xogándose a final polo mes de xuño. Brasil e Arxentina achegan 5 equipos ó torneo, e cada ún dos restantes países da Conmebol achegan 3 equipos (Uruguai, Chile, Paraguai, Bolivia, Perú, Ecuador, Colombia e Venezuela). O país do equipo gañador na última edición, ten dereito a ter un representante a maiores. A Conmebol convida a México para que participe no torneo achegando outros 3 equipos. Deste xeito cada ano hai 38 equipos disputando a Copa Libertadores.

Primeira Fase

Na primeira fase participan os 12 peores equipos en función do xeito polo que acadaron o dereito a competir neste torneo. Por exemplo, Ecuador achega ós 3 primeiros equipos clasificados na súa liga o ano anterior, e neste caso o 3º equipo ten que partipar nesta primeira fase. Cada país ten un equipo nesta fase, menos o país do último campión, que ten 2 equipos nesta fase. A fase consiste nunha eliminatoria con encontros de ida e volta. Os 6 equipos gañadores pasan á segunda fase, que é a fase de grupos.

Fase de Grupos

A fase de grupos da Copa Libertadores é igual que a fase de grupos da Liga de Campións da UEFA. Consiste en 8 grupos con 4 equipos por grupo. Os 4 equipos de cada grupo xogan entre sí na casa e fora, de xeito que cada equipo disputa 6 encontros, 2 fronte a cada equipo. Cando a fase de grupos remata, os 2 primeiros equipos de cada grupo pasan á seguinte fase, os oitavos de final.

Oitavos de final

Nos oitavos de final da Copa Libertadores enfróntanse os primeiros equipos da fase de grupos fronte ós segundos equipos. As eliminatorias son a dobre encontro, e os equipos que remataron primeiros na fase de grupos agora teñen dereito a xogar na casa o partido de volta. Os gañadores desta eliminatoria pasan a cuartos de final.

Cuartos de final

A esta fase do torneo chegan os 8 gañadores dos oitavos de final. Esta eliminatoria é igual que a anterior, a dobre encontro, ida e volta. O encontro de volta xógase na casa do equipo que foi mellor na fase de grupos, tendo en conta a posición no seu grupo (1º ou 2º) e os puntos e goles acadados. Os gañadores pasan ás semifinais.

Semifinais

Nas semifinais séguese a ter conta como foi a participación de cada un dos 4 equipos na fase de grupos para determinar quen xoga o encontro de volta na casa.

Final

A final da Copa Libertadores non é como a final da Liga de Campións da UEFA. Trátase dunha final a dobre encontro, ida e volta, nos estadios que elixan os propios equipos, que ás veces son os seus propios, e outras veces son estadios cercanos cunha maior capacidade para acoller ós seareiros. No caso de empate, o campión decidirase nos lanzamentos de penaltis.

Palmarés[editar | editar a fonte]

É importante sinalar que no caso de producirse un empate nunha final da Copa Libertadores, non se aplica a norma do valor dobre dos goles marcados fora da casa, como se fai en Europa en competicións como a Liga de Campións da UEFA ou a Copa do Rei. Si se tivese aplicado esa norma, moitos dos campións da Copa Libertadores non o terían sido. Por exemplo, na final da edición 2008 houbo un 4-2 en Quito a prol do LDU Quito e un 3-1 en Río de Xaneiro a prol do Fluminense FC. De terse empregado a "norma do valor dobre dos goles marcados fora da casa en caso de empate", o campíon sería o equipo brasileiro, pero a final decidíuse nos penaltis, e o campión foi o equipo de Ecuador. Esta situación tamén sucedeu no ano 2000. Ata 1987 a norma era que si cada equipo gañaba un encontro (polo resultado que fora) había que desempatar a final e no 1987 tivo que xogarse un partido de desempate a pesares de que no primeiro encontro da final o CD América venceu por 2-0 en Cali ó CA Peñarol, e no encontro de volta o CA Peñarol venceu por 2-1. Xa no 1988, houbo unha prórroga despois do segundo xogo final entre Nacional de Montevideo e Newell's Old Boys e o Nacional tivo ventaxa por mellor 'goal average' (3-1 no total da final) e co empate de 0-0 na prórroga gañou a Copa pola terceira vez. Un total de 12 finais tiveron un 3º encontro de desempate, algunhas delas a pesar de non existir empate a goles no global dos 2 primeiros encontros da final.

Imaxe da final 2011 entre Santos e Peñarol.


O Estudiantes a finais dos anos 60.
O Peñarol, gañador a comezos dos anos 60.
Finais da Copa Libertadores
Tempadas CAMPIÓN Resultados Subcampión
2014 Flag of Argentina.svg San Lorenzo 1-1 e 1-0 Flag of Paraguay.svg Nacional
2013 Flag of Brazil.svg Atlético Mineiro 0-2 e 2-0 (Pen.) Flag of Paraguay.svg Olimpia
2012 Flag of Brazil.svg Corinthians 1-1 e 2-0 Flag of Argentina.svg Boca Juniors
2011 Flag of Brazil.svg Santos 0-0 e 2-1 Flag of Uruguay.svg Peñarol
2010 Flag of Brazil.svg Internacional 2-1 e 3-2 Flag of Mexico.svg Guadalajara
2009 Flag of Argentina.svg Estudiantes LP 0-0 e 2-1 Flag of Brazil.svg Cruzeiro
2008 Flag of Ecuador.svg LDU Quito 4-2 e 1-3 (Pen.) Flag of Brazil.svg Fluminense
2007 Flag of Argentina.svg Boca Juniors 3-0 e 2-0 Flag of Brazil.svg Grêmio
2006 Flag of Brazil.svg Internacional 2-1 e 2-2 Flag of Brazil.svg São Paulo
2005 Flag of Brazil.svg São Paulo 1-1 e 4-0 Flag of Brazil.svg Atlético Paranaense
2004 Flag of Colombia.svg Once Caldas 0-0 e 1-1 (Pen.) Flag of Argentina.svg Boca Juniors
2003 Flag of Argentina.svg Boca Juniors 2-0 e 3-1 Flag of Brazil.svg Santos
2002 Flag of Paraguay.svg Olimpia 0-1 e 2-1 (Pen.) Flag of Brazil.svg São Caetano
2001 Flag of Argentina.svg Boca Juniors 1-0 e 0-1 (Pen.) Flag of Mexico.svg Cruz Azul
2000 Flag of Argentina.svg Boca Juniors 2-2 e 0-0 (Pen.) Flag of Brazil.svg Palmeiras
1999 Flag of Brazil.svg Palmeiras 0-1 e 2-1 (Pen.) Flag of Colombia.svg Deportivo Cali
1998 Flag of Brazil.svg Vasco da Gama 2-0 e 2-1 Flag of Ecuador.svg Barcelona
1997 Flag of Brazil.svg Cruzeiro 0-0 e 1-0 Flag of Peru.svg Sporting Cristal
1996 Flag of Argentina.svg River Plate 0-1 e 2-0 Flag of Colombia.svg América
1995 Flag of Brazil.svg Grêmio 1-1 e 3-1 Flag of Colombia.svg Atlético Nacional
1994 Flag of Argentina.svg Vélez Sársfield 1-0 e 0-1 (Pen.) Flag of Brazil.svg São Paulo
1993 Flag of Brazil.svg São Paulo 5-1 e 0-2 Flag of Chile.svg Universidad Católica
1992 Flag of Brazil.svg São Paulo 0-1 e 1-0 (Pen.) Flag of Argentina.svg Newell's Old Boys
1991 Flag of Chile.svg Colo-Colo 0-0 e 3-0 Flag of Paraguay.svg Olimpia
1990 Flag of Paraguay.svg Olimpia 2-0 e 1-1 Flag of Ecuador.svg Barcelona
1989 Flag of Colombia.svg Atlético Nacional 0-2 e 2-0 (Pen.) Flag of Paraguay.svg Olimpia
1988 Flag of Uruguay.svg Nacional 0-1 e 3-0 Flag of Argentina.svg Newell's Old Boys
1987 Flag of Uruguay.svg Peñarol 0-2, 2-1 e 1-0 Flag of Colombia.svg América
1986 Flag of Argentina.svg River Plate 2-1 e 1-0 Flag of Colombia.svg América
1985 Flag of Argentina.svg Argentinos Juniors 1-1 e 3-1 Flag of Colombia.svg América
1984 Flag of Argentina.svg Independiente 1-0 e 0-0 Flag of Brazil.svg Grêmio
1983 Flag of Brazil.svg Grêmio 1-1 e 2-1 Flag of Uruguay.svg Peñarol
1982 Flag of Uruguay.svg Peñarol 0-0 e 1-0 Flag of Chile.svg Cobreloa
1981 Flag of Brazil.svg Flamengo 2-1, 0-1 e 2-0 Flag of Chile.svg Cobreloa
1980 Flag of Uruguay.svg Nacional 0-0 e 1-0 Flag of Brazil.svg Internacional
1979 Flag of Paraguay.svg Olimpia 2-0 e 0-0 Flag of Argentina.svg Boca Juniors
1978 Flag of Argentina.svg Boca Juniors 0-0 e 4-0 Flag of Colombia.svg Deportivo Cali
1977 Flag of Argentina.svg Boca Juniors 1-0 e 0-1 (Pen.) Flag of Brazil.svg Cruzeiro
1976 Flag of Brazil.svg Cruzeiro 4-1, 1-2 e 3-2 Flag of Argentina.svg River Plate
1975 Flag of Argentina.svg Independiente 0-1, 3-1 e 2-0 Flag of Chile.svg Unión Española
1974 Flag of Argentina.svg Independiente 1-2, 2-0 e 1-0 Flag of Brazil.svg Sao Paulo
1973 Flag of Argentina.svg Independiente 1-1, 0-0 e 2-1 Flag of Chile.svg Colo-Colo
1972 Flag of Argentina.svg Independiente 0-0 e 2-1 Flag of Peru.svg Universitario
1971 Flag of Uruguay.svg Nacional 0-1, 1-0 e 2-0 Flag of Argentina.svg Estudiantes LP
1970 Flag of Argentina.svg Estudiantes LP 1-0 e 0-0 Flag of Uruguay.svg Peñarol
1969 Flag of Argentina.svg Estudiantes LP 1-0 e 2-0 Flag of Uruguay.svg Nacional
1968 Flag of Argentina.svg Estudiantes LP 2-1, 1-3 e 2-0 Flag of Brazil.svg Palmeiras
1967 Flag of Argentina.svg Racing Club 0-0, 0-0 e 2-1 Flag of Uruguay.svg Nacional
1966 Flag of Uruguay.svg Peñarol 2-0, 2-3 e 4-2 Flag of Argentina.svg River Plate
1965 Flag of Argentina.svg Independiente 1-0, 1-3 e 4-1 Flag of Uruguay.svg Peñarol
1964 Flag of Argentina.svg Independiente 0-0 e 1-0 Flag of Uruguay.svg Nacional
1963 Flag of Brazil.svg Santos 3-2 e 2-1 Flag of Argentina.svg Boca Juniors
1962 Flag of Brazil.svg Santos 2-1 2-3 e 3-0 Flag of Uruguay.svg Peñarol
1961 Flag of Uruguay.svg Peñarol 1-0 e 1-1 Flag of Brazil.svg Palmeiras
1960 Flag of Uruguay.svg Peñarol 1-0 e 1-1 Flag of Paraguay.svg Olimpia

O Independiente é o club máis laureado da competición con 7 títulos no seu palmarés, o último deles acadado en 1984. Con 6 títulos séguelle o Boca Juniors, que gañou 4 deles dende o ano 2000. Con 5 títulos está o Peñarol, que perdeu outras 5 finais; e con 4 títulos está o Estudiantes, que acadou o 4º título en 2009. Detrás hai varios equipos que teñen 3 títulos: Santos, Sao Paulo, Nacional e Olimpia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]