Dani Güiza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dani Güiza
Danig.jpg
Información persoal
Nome completo Daniel González Güiza
Nacemento 17 de agosto de 1980 (33 anos)
Lugar Jerez de la Frontera, España
Altura 1,82 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Cerro Porteño
Número 21
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1998–1999 Xerez 16 (1)
1999–2002 Mallorca B 70 (29)
1999–2003 Mallorca 8 (1)
1999–2000 Dos Hermanas (cedido) 18 (9)
2002–2003 Recreativo (cedido) 4 (0)
2003 Barcelona B (cedido) 15 (5)
2003–2005 Ciudad de Murcia 83 (38)
2005–2007 Getafe 70 (27)
2007–2008 Mallorca 37 (27)
2008–2011 Fenerbahçe 62 (23)
2011–2013 Getafe 32 (3)
2012–2013 Johor Takzim (cedido) 10 (6)
2013– Cerro Porteño 12 (3)
Selección nacional
2007–2010 España 21 (6)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 31 de decembro de 2013.
† Aparicións (Goles)

Daniel González Güiza, nado en Jerez de la Frontera (Cádiz) o 17 de agosto de 1980, é un futbolista español. Xoga de dianteiro e o seu actual club é o Club Cerro Porteño.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Nacido en 1980, no seo dunha familia humilde, Dani Güiza pasou a súa infancia no popular barrio da Liberación, na zona sur de Jerez de la Frontera. Tras destacar en equipos de fútbol basee, iniciou a súa carreira profesional nas filas do Xerez CD, por entón en Segunda División B. Güiza declarouse seguidor do Cádiz CF abertamente en varias ocasións ao longo da súa vida deportiva, manifestando ata que lle gustaría xogar o último ano da súa carreira deportiva neste equipo.[1]

A tempada 1999–00 foi cedido ao Dos Hermanas CF, tamén na categoría de bronce, onde empezou a despuntar como goleador. A metade da tempada o Real Club Deportivo Mallorca fíxose cos seus servizos por 117 millóns de pesetas, un desembolso considerable para un xogador aínda en idade xuvenil.

Primeira división[editar | editar a fonte]

Aínda que a súa fichaxe foi para reforzar ao filial dos baleares, esa mesma campaña chegou a debutar co primeiro equipo na máxima categoría. Foi nun encontro contra o RCD Espanyol, o 2 de abril de 2000, con só 19 anos.

A pesar dos seus prometedores inicios, nas dúas seguintes tempadas só disputou seis partidos co primeiro equipo, nos que marcou un gol. O seu baixo rendemento, acusando a súa atarefada vida extradeportiva, fixo que o club optase por cedelo a tempada 2002–03. Lucas Alcaraz, que fora o seu técnico en Dos Hermanas, abriulle as portas do Recreativo de Huelva, que acababa de ascender a Primeira División. En Huelva só disputou 4 partidos, nos que non anotou ningún gol, e terminou a tempada no filial do FC Barcelona, en Segunda B.

Rexurdir[editar | editar a fonte]

O verán de 2003, coa súa carreira en claro declive a pesar dos seus 23 anos, foi traspasado ao CF Ciudad de Murcia, que ese ano debutaba en Segunda División. No club murciano recuperou o instinto goleador (16 tantos no seu primeiro ano e 20 no segundo). Uns rexistros que lle permitiron volver á máxima categoría, tras enrolarse á filas do Getafe CF.

Na súa primeira campaña no club madrileño logrou nove tantos en 32 partidos, que permitiu aos azulones manter a categoría sen apuros. Na súa segunda tempada logrou mellorar os seus números na liga, con once tantos, pero o seu papel máis destacado foi na Copa. Seus foron dous dos catro goles cos que o Getafe remontou un 5-2 do FC Barcelona, clasificándose para a final copeira por primeira vez na súa historia, un éxito sen precedentes para o modesto club madrileño. Güiza foi titular na final, que o seu equipo acabou perdendo ante o Sevilla FC.

Explosión[editar | editar a fonte]

O verán de 2007, tras rexeitar ofertas do Deportivo da Coruña e o Kazan ruso, finalmente foi traspasado ao RCD Mallorca.[2] No seu regreso ao conxunto balear protagonizou a mellor campaña da súa carreira, sendo o máximo goleador da liga española con 27 dianas, batendo a marca anotadora dun xogador mallorquinista nunha tempada. O rexistro, ademais, permitiulle gañar a Bota de Prata como segundo mellor goleador das ligas europeas.[3] Mercé a esta gran tempada, en novembro de 2007 debutou coa selección española e foi convocado para participar na Eurocopa 2008, onde marcou dous goles, un deles en semifinais. Recibiu o premio Cidade de Jerez á deportividade.

O 15 de xullo de 2008 firma por catro anos co Fenerbahçe SK a cambio de 15 millóns de euros, o que lle converte na fichaxe máis cara da historia do fútbol turco.[4] No club de Istambul coincide con Luis Aragonés, que xa fora o seu técnico en Mallorca e coa selección.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Foi internacional en vinte ocasións coa Selección de fútbol de España. Debutou o 21 de novembro de 2007, nun partido de clasificación para a Eurocopa 2008 ante Irlanda do Norte, disputado no Estadio de Gran Canaria, con resultado 1-0 a favor dos españois.

Güiza foi convocado polo seleccionador Luis Aragonés para formar parte dos 23 xogadores que disputaron a Eurocopa 2008. Güiza xogou o terceiro partido da primeira fase completo, e participou nos partidos de cuartos de final, semifinal e final. En total estivo no terreo de xogo durante aproximadamente 175 minutos de competición. Meteu dous goles: un contra Grecia na primeira fase e outro contra Rusia na semifinal.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Supercopa de Turquía Fenerbahçe SK Turquía 2009
Liga de Turquía Fenerbahçe SK Turquía 2011

Copas internacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Eurocopa Selección nacional España 2008

Distincións individuais[editar | editar a fonte]

Distinción Ano
Trofeo Pichichi 2008
Bota de Prata 2008
Trofeo Zarra 2008

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]