Partido dos Traballadores (Brasil)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Partido dos Trabalhadores | |
|---|---|
| Partido político de Brasil | |
| Líder | Ricardo Berzoini (Presidente) |
| Fundación | 10 de febreiro de 1980 |
| Sede | Avenida Silveira Martins, 132 Centro, São Paulo, Brasil |
| Ideoloxía | Socialismo democrático, socialdemocracia |
| Mocidades | Juventude do Partidos dos Trabalhadores |
| Páxina web | www.pt.org.br/ |
O Partido dos Trabalhadores ou PT, é un partido político de esquerda brasileiro. Un dos máis importantes do país, representante máis destacado da oposicións dos gobernos despois da restauración da democracia nos anos oitenta do século XX.
O PT saíu do sindicalismo espontáneo de obreiros de São Paulo de finais dos anos setenta. Dende a súa fundación, representa a defensa do socialismo como forma de organización social. O seu máximo líder Luiz Inácio Lula da Silva, conseguiu a presidencia de Brasil no 2003, despois dun ascenso debido ao descrédito dos partidos de centro e de dereita e ao seu programa de esquerda moderada. No 2005, sufreu un duro golpe, onde varios membros do partido foron acusados de corrupción: o escándalo das mensualidades.