Campionato Brasileiro de Fútbol Série A
| Fundación | Creado no 1971 co posterior recoñecemento dos campións nacionais dende o 1959[1] |
|---|---|
| Rexión | |
| Equipos | 20 |
| Actual campión | Corinthians (5º título) |
| Máis laureado | Santos e Palmeiras (8 títulos) |
| Sitio web | CBF - Confederação Brasileira de Futebol (en portugués) |
O Campionato Brasileiro de Serie A (popularmente tamén chamado Brasileirão) é a primeira división da liga de fútbol en Brasil. Fundado en 1971, o campionato está composto actualmente por 20 equipos, que disputan 38 xornadas entre maio e decembro, xogando tódolos equipos dúas veces entre sí cada tempada, unha como locais e outra como visitantes. Este torneo está situado no calendario a continuación dos campionatos estatais, tales como o Paulista ou o Carioca, que son os mais importantes.
En 2011 a IFFHS colocou ó Brasileirão no 3º posto do seu ranking das ligas mais fortes do mundo. O actual campión do torneo é o Sport Club Corinthians Paulista, da cidade de Sao Paulo.
Índice |
[editar] Equipos
O Brasileirão coroa como campión de Brasil ó equipo que remata primeiro na táboa ó remate das 38 xornadas. Ese equipo e os 3 seguintes acadan ademais o dereito a competir na seguinte edición da Copa Libertadores, a máxima competición continental en Sudamérica a nivel de clubs. Os equipos que rematan entre a 5ª e a 12ª posición xogan a Copa Sudamericana, segunda competición continental. Cando o campión da Copa Libertadores ou da Copa do Brasil remata ese mesmo ano a liga entre os 4 primeiros postos da táboa, a súa praza para a seguinte Copa Libertadores pasa ó seguinte equipo da táboa. Pola contra, os 4 últimos equipos da clasificación descenden de categoría. Os 20 equipos que disputarán a liga na tempada 2012 son:
|
|
[editar] Palmarés
O Campionato Brasileiro, nos seus distintos formatos, naceu como tal en 1971. Non obstante, a Confederación Brasileira de Fútbol tomou a decisión de converter en oficiais tamén ós antigos torneos da Taça Brasil (1959-1968) e Torneo Roberto Gomes Pedrosa (1967-1970), de tal xeito que o palmarés do Campionato Brasileiro é o seguinte:
| Títulos | Equipo | Tempadas |
|---|---|---|
| 8 | 1960, 1967, 1967, 1969, 1972, 1973, 1993, 1994 | |
| 8 | 1961, 1962, 1963, 1964, 1965, 1968, 2002, 2004 | |
| 6 | 1977, 1986, 1991, 2006, 2007, 2008 | |
| 5[2] | 1980, 1982, 1983, 1992, 2009 | |
| 5 | 1990, 1998, 1999, 2005, 2011 | |
| 4 | 1974, 1989, 1997, 2000 | |
| 3 | 1970, 1984, 2010 | |
| 3 | 1975, 1976, 1979 | |
| 2 | 1959, 1988 | |
| 2 | 1968, 1995 | |
| 2 | 1966, 2003 | |
| 2 | 1981, 1996 | |
| 1 | 1971 | |
| 1 | 2001 | |
| 1 | 1985 | |
| 1 | 1978 | |
| 1 | 1987 |
[editar] Estatísticas
- O equipo con mais participacións no Campionato Brasileiro é o Gremio, que entre 1959 e 2012 conta con 53 tempada presente no torneo. Séguenlle o Cruzeiro e o Santos, ámbolos dous con 52 participacións; o Palmeiras, con 50; o Atlético Mineiro e o Botafogo, con 49; o Flamengo, o Internacional e o Vasco da Gama, con 47; o Fluminense, con 46; o Sao Paulo, con 45; e o Corinthians, con 44.
- O máximo goleador da historia da competición é Roberto Dinamite, que anotou 190 goles defendendo as cores do Vasco da Gama nos anos 70 e 80. Séguelle na clasificación Romário, que marcou 154 goles en liga xogando no Vasco de Gama, no Flamengo e no Fluminense. Os seguintes nesta clasificación son Edmundo (153 goles), Zico (135 goles) e Túlio (129 goles), que é o primeiro xogador en activo que aparece nesta táboa.
- A cidade que concentra unha maior cantidade de campionatos é Sao Paulo, cuxos equipos gañaron 19 ligas. Séguenlle Río de Xaneiro con 14 ligas, Santos con 8, Porto Alegre con 5 e Belo Horizonte con 3.
- Os equipos que representan ó campionato brasileiro na Copa Libertadores teñen gañado 15 veces a máxima competición continental, índice no cal a liga brasileira só é superada polo campionato arxentino, cuxos equipos gañaron 22 veces a Copa Libertadores. Na terceira posición está a liga uruguaia, con 8 Copas Libertadores.
- Os equipos brasileiros acadaron o máximo título mundial a nivel de clubs en 8 ocasións (6 Copas Intercontinentais e 2 Copas Mundiais de Clubs), índice no cal son superados únicamente polos equipos italianos (9 títulos) e polos equipos arxentinos (9 títulos).
[editar] Notas
- ↑ Redação Terra (22 de dezembro de 2010) CBF oficializa unificação de títulos nacionais antes de 1971.(en portugués)
- ↑ http://www.cbf.com.br/media/168757/rdp%20n%C2%BA%2006-11.pdf
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
|
|||||||||||||