Nova Friburgo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nova Friburgo
Flag of Nova Friburgo.png Brasaofriburgo.jpg
Estado Rio de Janeiro
Superficie 932,6 km²
Poboación
Densidade
178 102 (2006)
191/km²
Latitude 22º 16' 55" S
Lonxitude 42º31'52" O
Altitude 846 m sobre o nivel do mar
Distancia de Rio de Janeiro 136 km
Código postal 28600-000
Administración Prefectura Municipal de Nova Friburgo - Av. Alberto Braune, 225 – Centro
Prefeito Maria da Saudade Medeiros Braga
Internet http://www.pmnf.rj.gov.br
Mapa da cidade en Río de Janeiro
RiodeJaneiro Municip NovaFriburgo.svg


Nova Friburgo é unha cidade brasileira do estado de Rio de Janeiro, situada no centro-norte do estado, en medio das montañas da rexión serrana, a 846 m de altura sobre o nivel do mar. Dista 136 km por estrada da capital do estado.

A rexión foi inicialmente colonizada en 1820 (antes, por tanto, da independencia do Brasil) por 100 familias orixinarias da Suíza. Recibiu o nome Nova Friburgo nunha homenaxe á cidade da cal partiron eses primeiros inmigrantes, Fribourg (ou Freiburg, en alemán).

A súa poboación en 2004 era estimada en 173.321 persoas. As principais actividades económicas son: a industria de moda íntima (lencería), olaría, a cría de cabras, industrias téxtiles e de metalurxía, e o turismo. A cidade é tamén a segunda maior produtora de flores do Brasil (só detrás da cidade de Holambra, no estado de Sao Paulo.

Nos últimos anos, ten sido procurada por estudantes que desexan estudar nunha universidade dunha cidade mais tranqüila, lonxe da violencia dos grandes centros urbanos.

Turismo[editar | editar a fonte]

Nova Friburgo, vista da Rúa Emilia Falcheto, no barrio Cordoeira.

A cidade ten un forte reclamo turístico grazas ao seu clima agradable, de montaña, e á paisaxe pintoresca, con moita vexetación, ríos e camiños en medio do bosque. O seu teleférico, a Pedra do Can Sentado, o distrito do Lumiar e a Praza Getulio Vargas son os locais máis visitados. O turismo de compras (roupas íntimas, doces, flores) tamén ten aumentado. Por iso, a cidade posúe a máis grande rede hoteleira do interior do estado.

Universidades e Facultades[editar | editar a fonte]

  • Faculdade de Filosofía Santa Doroteia
  • Faculdade de Odontoloxía de Nova Friburgo - FONF
  • Universidade do Estado do Rio de Janeiro - UERJ (Instituto Politécnico)
  • Universidade Estacio de Sá
  • Universidade Cândido Mendes – UCAM