Mazinho
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Iomar do Nascimento | ||
| Nacemento | 8 de abril de 1966 (47 anos) | ||
| Lugar | Santa Rita, Paraíba, Brasil | ||
| Altura | 1,78 m. | ||
| Posición | Centrocampista | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 1983–1985 | Santa Cruz | ||
| 1985–1990 | Vasco da Gama | 79 | (7) |
| 1990–1991 | Lecce | 34 | (2) |
| 1991–1992 | Fiorentina | 21 | (0) |
| 1992–1994 | Palmeiras | 20 | (0) |
| 1994–1996 | Valencia | 71 | (0) |
| 1996–2000 | Celta de Vigo | 114 | (8) |
| 2000–2001 | Elche | 17 | (0) |
| 2001 | Deportivo Alavés | 15 | (0) |
| 2001 | Vitória | 15 | (0) |
| Selección nacional | |||
| 1989–1994 | Brasil | 35 | (0) |
| Adestrador | |||
| 2009 | Aris | ||
| * Partidos e goles só en liga doméstica. † Aparicións (Goles) |
|||
Iomar do Nascimento, coñecido como Mazinho, nado o 8 de abril de 1966 en Santa Rita (Paraíba), é un ex futbolista e actual adestrador de fútbol brasileiro. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección brasileira.
Índice |
Traxectoria [editar]
Iniciouse no Santa Cruz Futebol Clube. Despois xogou noutro equipo do seu país natal, o Club de Regatas Vasco da Gama para logo estar dous anos en Italia e chegar a España fichado polo Valencia CF.
O seu seguinte equipo foi Real Club Celta de Vigo, no que xogou durante varias temporadas convertíndose nun dos xogadores máis queridos pola afección celeste.
Aínda que tras deixar o Celta pasou por outros dous equipos españois (Elche CF e Deportivo Alavés) antes de decidir retirarse, seguiu vivindo en Vigo tras colgar as botas e mesmo chegou a crear unha escola de fútbol.
Selección nacional [editar]
Foi internacional coa Selección de fútbol de Brasil 35 veces (Xogadores con máis partidos na Selección de fútbol de Brasil
Carreira de adestrador [editar]
En xaneiro de 2009 foi presentado como novo adestrador do Aris Salónica FC, reemprazando ao español Quique Hernández.[1] Foi substituído polo ex-adestrador do Valencia CF Héctor Cúper en novembro de 2009.
Persoal [editar]
É o pai de Thiago Alcântara e Rafa Alcântara, xogadores do FC Barcelona e do equipo filial respectivamente.
Palmarés [editar]
Campionatos nacionais [editar]
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Futbolistas brasileiros
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Vasco da Gama
- Xogadores do ACF Fiorentina
- Xogadores do SE Palmeiras
- Xogadores do Valencia CF
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores do Elche CF
- Xogadores do EC Vitória
- Adestradores de fútbol do Brasil
- Xogadores da selección de fútbol do Brasil
- Nados en 1966
- Nados no estado de Paraíba