Roberto Carlos da Silva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roberto Carlos
Roberto Carlos 2011.jpg
Información persoal
Nome completo Roberto Carlos da Silva Rocha
Nacemento 10 de abril de 1973 (41 anos)
Lugar Garça, Brasil
Altura 1,68 m.
Posición Defensa / Centrocampista
Información de club
Club actual Anzhi Makhachkala
Número 3
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1990–1992 União São João 90 (15)
1993–1995 Palmeiras 20 (1)
1995–1996 Internazionale 30 (5)
1996–2007 Real Madrid 370 (47)
2007–2009 Fenerbahçe 65 (10)
2010–2011 Corinthians 35 (1)
2011– Anzhi Makhachkala 28 (5)
Selección nacional
1992–2006 Brasil 125 (11)
Adestrador
2011– Anzhi Makhachkala (asistente)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 26 de xullo de 2011.
† Aparicións (Goles)

Roberto Carlos da Silva, nado en Garça (Estado de São Paulo) o 10 de abril de 1973, é un futbolista brasileiro. Xoga de lateral esquerdo e o seu equipo actual é o FC Anzhi Makhachkala do Daguestán (Rusia).

Comezou a súa carreira no União São João de Araras, xogou para o Palmeiras, Inter Milan, Real Madrid e foi 120 veces internacional coa selección nacional de fútbol de Brasil coa que gañou a Copa do Mundo de 2002. Desde o 2 de agosto de 2005 goza de dobre nacionalidade hispano-brasileira.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os seus primeiros pasos futbolísticos foron en 1980 en Araras unha cidade do Estado de Sao Paulo. O equipo onde comezou chamábase Unión San Juan. Con 14 anos chegou ó primeiro equipo, con 16 debutou na selección Sub-20 de Brasil e con 18 xogou no Palmeiras, sendo convocado coa selección de Brasil. En 1995 dou o salto ó fútbol europeo recalando no Inter de Milán, para un ano despois incorporarse á disciplina do Real Madrid da man de Fabio Capello, onde xogou 11 temporadas converténdose no xogador non español con máis partidos xogados no Real Madrid.

Destacou pola súa velocidade, os seus remates fortes co seu pé esquerdo. Disto cabe destacar o espectacular gol de falta dende cerca do medio do campo que lle marcou á selección francesa no mundialiño do 97, previo ó mundial do 98. A nivel de logros gañou 4 ligas, 3 supercopas, 3 ligas de campións, a Supercopa de Europa e 2 Copas Intercontinentais.

Foi nomeado por Pelé como un dos 125 xogadores que permanecen con vida (FIFA 100).

O 9 de marzo de 2007 anunciou a declaracións á cadea de radio española Onda Cero, que ó final da tempada 2006-2007 deixaría de vestir a camiseta do Real Madrid. O 5 de xuño de 2007 firmou por 3 temporadas do Fenerbahçe turco.

Participacións nas Copas do Mundo[editar | editar a fonte]

  • Na Copa Mundial de fútbol de 1998 en Francia quedaron Subcampións.
  • Na Copa Mundial de fútbol de 20002 en Corea do Sur e Xapón quedaron Campións.
  • Na Copa Mundial de fútbol de 2006 en Alemaña quedaron nos Cuartos de final.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos Nacionais[editar | editar a fonte]

Logrou co Palmeiras de Brasil nas tempadas 1993 e 1994 o Campionato Brasileiro; co Real Madrid de España nas tempadas 1997, 2001, 2003 e na 2007 a Liga Española, e tamén co Real Madrid conseguiu nas tempadas 1997,2001 e 2003 a Supercopa de España.

Copas Internacionais[editar | editar a fonte]

Con Brasil consigueu a Copa América no 1997 e 1999, a Copa Confederacións no 1997, e a Copa Mundial de Fútbol no 2002; logo co Real Madrid logrou a Liga de Campións da UEFA en 1998,2000 e no 2002, a Copa Intercontinental nos anos 1998 e 2002 e gañou a Supercopa de Europa en 2002.

Distinciones Individuais[editar | editar a fonte]

  • Balón de prata en 2002
  • FIFA World Player, prata en 1997.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]