José Luis González Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
González
Información persoal
Nome José Luis González Vázquez
Nacemento 27 de agosto de 1964 (59 anos)
Lugar de nacemento Elgóibar
Posición Porteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1982–1985 San Sebastián
1985–1992 Real Sociedad 134 (0)
1992–1994 Valencia 12 (0)
1994–1995 Valladolid 29 (0)
1995–1996 Marbella 15 (0)
1996–2001 Xerez CD 39 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

José Luis González Vázquez, coñecido como González, nado en Elgoibar (Guipúscoa) o 27 de agosto de 1964, é un exfutbolista español. Xogaba de porteiro e despois pasou a ser adestrador de porteiros.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

González foi o substituto de Arconada na portería da Real Sociedad. En 1994 parou o famoso penalti de Đukić, errado polo xogador serbio do Deportivo da Coruña nos últimos minutos do partido de Liga da tempada 1993–94, que de entrar suporía o primeiro título de Liga da historia do Deportivo.