Nílson Esídio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nílson Esídio
Información persoal
Nacemento 19 de novembro de 1965
Lugar de nacemento Santa Rita do Passa Quatro
Altura 188 centímetros
Posición dianteiro
editar datos en Wikidata ]

Nílson Esídio, nado o 19 de novembro de 1965 en Santa Rita (Estado de São Paulo), é un exfutbolista brasileiro que xogaba na demarcación de dianteiro centro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou xogando no Sestao Zinho da Segunda División Brasileira como centrocampista, ata que aos 20 anos o adestrador o probou na dianteira, onde xogaría durante o resto da súa vida profesional.

Xogou dous anos no XV Jaú de São Paulo e no ano 1988 fichou polo Internacional de Porto Alegre. A súa capacidade goleadora levouno a unha curta aventura en Europa. Chega ao Celta de Vigo na tempada 1989-90 para suplir a baixa de Amarildo, cometido no que non tivo éxito e tras un ano volveu a Brasil para gañar o campionato paulista co Gremio.

Foi pichichi cos seus seguintes equipos, Portuguesa, Corinthians, Flamengo e Fluminense, e internacional en seis ocasións.

Na liga española ademais de no Celta, xogaría no Albacete na 1993-94 e no Real Valladolid o ano seguinte, cun total de 59 encontros disputados e 16 goles.

Tralo seu mal paso por Valladolid, onde pretendía destacar para ir ao Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994 coa selección de fútbol do Brasil, marchou a México para xogar no Tigres e máis tarde ao Perú para militar nas filas do Sporting Cristal.

Anos despois volveu ao Brasil para xogar en varios equipos, acabando a súa carreira no modesto Atlético Socarabana de São Paulo.

Equipos[editar | editar a fonte]

Ano Club País
1983-1984 Sertaozinho FC
1985 Platinense
1986-1987 XV de Jaú
1987-1989 PontePreta
1989-1990 Celta de Vigo Galicia
1990-1991 Gremio de Porto alegre
1992 Portuguesa
1992 Corinthians
1993 Flamengo
1993 Fluminense
1993-1994 Albacete Balompié España
1994-1995 Real Valladolid España
1995 Palmeiras
1996 Vasco da Gama
1997 UANL Tigres
1997 Atlético Paranaense
1998 Sporting de Cristal
1999 Santo André
2000 Universitario
2001 Santa Cruz
2002 Rio Branco
2003 Flamengo
2003 Nacional de São Paulo
2003 Atlético Socrabana