Julius Menadier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Julius Menadier
Datos persoais
Nacemento7 de agosto de 1854
Lugar Gandersheim.
Alemaña Alemaña
Falecemento12 de xaneiro de 1939
Lugar Berlín
Alemaña Alemaña
NacionalidadeAlemá
CónxuxeIda Menadier
Actividade
CampoNumismática.
Alma máter Universidade de Gotinga.
Universidade Humboldt de Berlín.
Contribucións e premios
Coñecido porEstudos de numismática medieval.
Influído porTheodor Mommsen
editar datos en Wikidata ]

Julius Menadier, nado o 7 de agosto de 1854 en Gandersheim, na Baixa Saxonia, e finado o 12 de xaneiro de 1939 en Berlín, foi un numismático alemán especializado na numismática medieval.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo de cursar os seus estudos de educación secundaria no instituto Martino-Katharineums en Braunschweig, estudou Historia Antiga na Universidade de Gotinga en 1874 e posteriormente na Universidade de Berlín, onde se graduou en 1880.[1]

Logo de encargarse da organización da colección de moedas do Museo Ducal de Braunschweig[1] (o actual Museo Herzog Anton Ulrich), en 1884 ingresou como colaborador voluntario no Gabinete Numismático (Münzkabinett) de Berlín, en 1885 pasou a ser asistente da dirección e entre 1898 e 1921 accedeu á dirección da institución, ata 1919 compartindo o cargo con Heinrich Dressel.[2] Durante o seu tempo de dedicación ao Münzabinett, renovouse completamente a súa colección numismática.

Nas súas publicacións pon de manifesto un amplo coñecemento da tradición escrita da Idade Media, que nalgunhas ocasións se entendeu como unha postura dogmática fronte ás fontes arqueolóxicas. Menadier realizou varios dos seus traballos xunto co tamén medievalista Hermann Dannenberg.

En dous períodos foi coeditor de Zeitschrift für Numismatik, revista da Sociedade Numismática de Berlín: entre 1898 e 1906, formando equipo con Hermann Dannenberg e Heinrich Dressel, e de 1907 a 1920, unicamente con Dressel.

Os seus dous fillos, Karl (1889-1914) e Dorothea (1891-19??) foron tamén uns recoñecidos numismáticos.[3]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Esta é unha selección dalgunhas das monografías publicadas por Julius Menadier ao longo da súa carreira académica.[4][5][6] Tassilo Hoffmann recolleu a súa bibliografía completa en 1929, nun artigo que lle dedicou con motivo do 75 aniversario de Menadier.[7]

Escolma de monografías[editar | editar a fonte]

  • (1880): Qua condicione Ephesii usi sint inde ab Asia in formam provinciae redacta. Schade, Berlín.
  • (1891-1898): Deutsche Münzen. Gesammelte Aufsätze zur Geschichte des deutschen Münzwesens (4 volumes). Weyl, Berlín.
  • (1901): Schaumünzen des Hauses Hohenzollern. Königliche Museen zu Berlin, Berlín.
  • (1915): Die Freunde der deutschen Schaumünze. Kurz & Wershoven, Frankfurt.
  • (1919): Die Schausammlung des Münzkabinetts im Kaiser-Friedrich Museum. Reimer, Berlín.

Escolma de artigos en Zeitschrift für Numismatik[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Zeitschrift für Numismatik.

Estes son algúns dos artigos publicados por Julius Menadier en Zeitschrift für Numismatik, a revista do Sociedade Numismática de Berlín, da que el foi editor entre 1898 e 1920:[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Wex, R. (2018). "Zur Geschichte des Numismatischen Abends Braunschweig". En Stadtarchiv Braunschweig (Ed.). Beiträge zur mittelalterlichen Münz- und Geldgeschichte in Niedersachsen. Nº 61. Verlag Uwe Krebs. Páxina 16. ISBN 978-3-932030-80-2
  2. "Direktoren und Kustoden". En Kluge, B. (2004-b-). Páxinas 101-106.
  3. "Prof. Dr. Julius Menadier, deutscher Numismatiker". Eine große Familie - Ihr Stammbaum im Internet.
  4. "Menadier, Julius". Katalog der Deutschen Nationalbibliothek.
  5. "Menadier, Julius". WorldCat.
  6. "Menadier, Julius 1854-1939 Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  7. Hoffmann, T. (1929). Páxinas 502-511.
  8. Acceso en liña a todos os seus artigos en Zeitschrift für Numismatik.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]