John Charles Polanyi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "John C. Polanyi")
John Charles Polanyi
Nobel prize medal.svg
Datos persoais
Nacemento 23 de xaneiro de 1929 (89 anos)
Lugar Berlín Alemaña Alemaña
Residencia Flag of Canada.svg Canadá
Nacionalidade Canadense
Cónxuxe Brenda Bury
Actividade
Campo
  • Química
  • Alma máter
  • Universidade de Cambridge
  • Contribucións e premios
    Coñecido por
  • Dinámica molecular
  • Premios Premio Nobel de Química (1986)
    editar datos en Wikidata ]

    John Charles Polanyi (en húngaro: Polányi János), nado en Berlín o 23 de xaneiro de 1929, é un químico canadense de orixe húngara, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1986.

    Traxectoría[editar | editar a fonte]

    Naceu en Berlín, fillo do químico húngaro Michael Polanyi e Magda Elizabeth, e sobriño do famoso economista Karl Polanyi. En 1933 a súa familia trasladouse a Inglaterra, onde estudou química na Universidade de Cambridge onde se doutorou en 1952. Aquel mesmo ano emigrou a Canadá, onde traballou no National Research Council of Canada de Otava, e posteriormente nas universidades de Princeton e Toronto, de onde é profesor de química desde 1956.

    Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

    Tras realizar investigacións en quimioluminiscencia infravermella, radiación que emiten as moléculas cando as súas rotacións e vibracións internas retárdanse pasando de estados vibracionais de moi alta frecuencia a outros estados vibracionais de baixa frecuencia. A análise destas radiacións fornece información detallada da distribución de enerxía nos elementos químicos, e a relación desta distribución cos detalles das secuencias de fenómenos que ocorren durante as reaccións.

    En 1986 foi galardoado, xunto cos químicos estadounidenses Dudley R. Herschbach e Yuan T. Lee, co Premio Nobel de Química polo desenvolvemento da dinámica de procesos químicos elementais.

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

    Predecesor:
    Herbert A. Hauptman
    e
    Jerome Karle
    Premio Nobel de Química
    Nobel prize medal.svg

    1986
    con
    Dudley R. Herschbach
    e
    Yuan T. Lee
    Sucesor:
    Donald James Cram,
    Jean-Marie Lehn
    e
    Charles J. Pedersen