Saltar ao contido

Bolton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bolton
 Nome orixinal
    Bolton (en) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Bolton (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Localización
 Situado en
 Comparte fronteira con
 Irmandado con
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
128.139 (2011)
285.372 (2018) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   55,26 km² Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postalBL1 - BL7 Editar o valor en Wikidata
VIAF139530595 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01zfrt Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Bolton é unha cidade británica situada no noroeste do país, na área urbana do Gran Manchester, aínda que tradicionalmente pertencía a Lancashire. No último censo realizado no ano 2000, tiña unha poboación de 280.000 habitantes.

Nesta cidade xoga o Bolton Wanderers, equipo da Premier League inglesa.

En Bolton é onde se formou a banda punk Buzzcocks, e por tanto significou moito para xestar a escena musical punk de Mánchester. Dous estudantes da escola politécnica local, Peter McNeish e Howard Trafford formaron esta banda, que foi unha das primeiras do xénero punk, e posteriormente debutaron en vivo naquela institución. Ao pouco tempo, McNeish sería coñecido como Pete Shelley e Trafford como Howard Devoto. Este logo destacaría máis como fundador e cantante da banda post-punk Magazine.

Bolton tamén é a cidade do cantante e guitarrista da banda británica McFly, Danny Jones.

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]