Gillo Pontecorvo
Gillo Pontecorvo | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Gilberto Pontecorvo |
Alcume | Gillo Pontecorvo |
Nacemento | 19 de novembro de 1919 |
Lugar de nacemento | Pisa |
Falecemento | 12 de outubro de 2006 |
Lugar de falecemento | Roma |
Causa | Insuficiencia cardíaca |
Soterrado | Campo di Verano |
Nacionalidade | Italia e Reino de Italia |
Ocupación | director de cinema, actor, guionista, compositor e realizador |
Fillos | Marco Pontecorvo |
Irmáns | Guido Pontecorvo e Bruno Pontecorvo |
Coñecido por | La battaglia di Algeri, Kapò e Operación Ogro |
Premios | Cabaleiro da Gran Cruz da Orde ao Mérito da República Italiana |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Gillo Pontecorvo, nado en Pisa o 19 de novembro de 1919 e morto en Roma o 12 de outubro de 2006, foi un cineasta italiano.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Os seus filmes máis coñecidos son Queimada (1969) e La Battaglia di Algeri (1965). No primeiro actúa Marlon Brando, que interpreta o axente inglés Walker, un personaxe enviado ao Novo Mundo para pregar a revolución nas colonias da España e Portugal, ofrecendo aos nativos o apoio financeiro de Inglaterra. No segundo, cóntase o episodio da revolta da Alxeria contra a dominación francesa, isto xa nos finais dos anos 50 do século XX.
Foi candidato dúas veces nos Premios Óscar, en 1961, na categoría de mellor película estranxeira, por Kapò, na que abordaba os campos de concentración nazis, mediante a historia dun gardián alemán que axuda a unha muller xudía; e en 1966 por A batalla de Alxer na categoría de mellor director.
Foi o director do filme Operación Ogro, no que se relata o atentado contra o Presidente do Goberno de España Luis Carrero Blanco en 1973.
Filmografía como director[editar | editar a fonte]
- Firenze, il nostro domani (2003)
- Un altro mondo è possibile (2001)
- I corti italiani (1997) (segmento de “Nostalgia di protezione”)
- Nostalgia di protezione (1997)
- Danza della fata confetto (1996)
- 12 registi per 12 citta (1989) (segmento de “Udine”)
- L'addio a Enrico Berliguer (1984)
- Ogro (1980)
- Queimada (1969)
- La Battaglia di Algeri (1965)
- Paras (1963)
- Kapò (1959)
- Pane e zolfo (1959)
- La grande strada azzurra(1957)
- Cani dietro le sbarre (1955)
- Giovanna (1955)
- Festa a Castelluccio (1954)
- Porta Portese (1954)
- Missione Timiriazev (1953)