Henri-Georges Clouzot
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Henri Georges Léon Clouzot ![]() 20 de novembro de 1907 ![]() Niort, Francia ![]() |
Morte | 12 de xaneiro de 1977 ![]() 17º distrito de París, Francia ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Montmartre, 30 ![]() |
Educación | Collège Sainte-Barbe École Libre des Sciences Politiques (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Francia ![]() |
Ocupación | guionista, produtor de cinema, director de cinema, realizador ![]() |
Período de actividade | 1931 ![]() ![]() |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Inès Bise (–1977), morte do cónxuxe Véra Clouzot (1950–1960), morte do cónxuxe ![]() |
Irmáns | Marcel Clouzot ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Enciclopedia soviética armenia, volume 5, (p.484) ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Henri-Georges Clouzot, nado en Niort (Deux-Sèvres) o 20 de novembro de 1907 e finado en París o 12 de xaneiro de 1977 foi un director, guionista e produtor de cinema francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tras rematar os seus estudos traballou de xornalista. Na década de 1930 traballou en Berlín como supervisor de dobraxes. De regreso en Francia comezou no cinema escribindo guións, para el mesmo e para outros directores.
En 1942, durante a ocupación alemá, o Ministerio de propaganda de Goebbels fundou a produtora Continental-Films, creada para substituír a produción de Hollywood. Nesta produtora debutou Clouzot como director con L'assassin habite... au 21, para logo filmar Le corbeau, filme que causou unha certa polémica, pois Clouzot recibiu críticas polo tema que trata da miseria moral dos habitantes dunha vila francesa. O filme foi acusado de colaboracionista e custoulle ao director certa marxinación no ambiente cinematográfico francés. Porén, axiña retornou á súa actividade e algúns dos seus filmes seguintes foron premiados en varios festivais. Fundou entón a súa propia produtora, Vera Films, nomeada pola súa esposa, a actriz Véra Clouzot.
Na década de 1950 dirixiu a longametraxe Le salaire de la peur, premiada nos festivais de Cannes e Berlín.
Clouzot, situado entre o primeiro cinema francés e a nouvelle vague non foi un revolucionario da linguaxe cinematográfica, pero si creou atmosferas opresivas e sórdidas e personaxes de instintos primarios e ambivalencia moral. Lera moitas novelas policíacas, especialmente pola tuberculose que o deitou na cama durante algúns anos, e estas forxaron a súa perspectiva negativa sobre a sociedade. Os seus primeiros filmes contiñas chiscos de humor que o autor eliminou nos seguintes.
Faleceu en París en 1977.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- La terreur des Batignolles (1931)
- Caprice de princesse (1933)
- Tout pour l'amour (1933)
- L'assassin habite... au 21 (1942)
- Le corbeau (1943)
- Quai des Orfèvres (1947)
- Manon (1949)
- Retour à la vie (1949) (segmento "Le Retour de Jean")
- Le voyage en Brésil (1950) (inacabado)
- Miquette et sa mère (1950)
- Le salaire de la peur (1953)
- Les diaboliques (1955)
- Le mystère Picasso (1956)
- Les espions (1957)
- A verdade (1960)
- L'enfer (1964)
- Die Kunst des Dirigierens (1965) (serie de televisión)
- Messa da Requiem von Giuseppe Verdi (1967) (telefilme)
- La Prisonnière (1968)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Quintana Morraja, Angel; Henri-Georges Clouzot: Una cierta poética de maldad. Dirigido por ...: Revista de cine, ISSN 0212-7245, Nº 311, 2002 , páx. 60-72
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Henri-Georges Clouzot na IMDb (en inglés).
- Biografía e filmografía Arquivado 30 de maio de 2020 en Wayback Machine. (en francés)