Yılmaz Güney
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (tr) Yılmaz Pütün 1 de abril de 1937 Adana |
| Morte | 9 de setembro de 1984 París |
| Causa da morte | cancro de estómago |
| Lugar de sepultura | Cemiterio do Père-Lachaise, 71 Grave of Güney (en) |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Turquía |
| Ocupación | director de cinema, montador, poeta, guionista, actor, escritor |
| Período de actividade | 1958 |
| Pseudónimo literario | Çirkin Kıral (Ugly King) |
| Deporte | fútbol |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Outro | |
| Cónxuxe | Nebahat Çehre (1967–1968) |
| Condenado por | asasinato (1974) |
| Cronoloxía | |
| 13 de setembro de 1984 | funeral |
| Premios | |
| |
Yılmaz Güney, nado en 1937 e finado en París en 1984, foi un escritor, actor e director kurdo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado nunha vila próxima a Adana, no seo dunha familia kurda, estudou dereito e económicas nas universidades de Ankara e Istanbul, pero aos 21 entrou en contacto cun feixe de directores novos entre os que estaba Atıf Yılmaz, que pretendía superar o cinema turco feito ata entón con outro que reflectise a realidade social do país. Yılmaz Güney traballou primeiro como asistente de Atıf Yılmaz ata que se consagrou como actor, un dos máis recoñecidos da época.
En 1961 foi condenado a 18 meses de prisión acusado de escribir unha novela comunista, en 1965 comeza a dirixir, en 1968 forma a súa propia produtora, Güney Filmcilik. Foi arrestado de novo en 1972. En 1981 foxe da prisión e establécese en Francia e en 1982 gaña o Festival de Cannes por O camiño. En 1984 morre no exilio en París, e ata 1992 non se permitiron os seus filmes en Turquía.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Yılmaz Güney |