Saltar ao contido

Athenea del Castillo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAthenea del Castillo

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Athenea del Castillo Beivide Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de outubro de 2000 Editar o valor en Wikidata (24 anos)
Solares, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,6 m Editar o valor en Wikidata
Peso52 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteira Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Levante Unión Deportiva
  Real Madrid
  Atlético de Madrid
Sporting de Huelva

IMDB: nm14403864 Twitter: atheeneeaa_10 Instagram: atheeneeaa_10 UEFA: 250118555 Editar o valor en Wikidata

Athenea del Castillo Beivide, nada en Solares, Medio Cudeyo, o 24 de outubro de 2000, é unha futbolista española que xoga como dianteira no Real Madrid da Primeira división. Internacional dende 2020 coa selección española, conquistou con esta a Copa do Mundo de 2023.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Inicios en Cantabria

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar no Reocín, na súa Cantabria natal, aos 11 anos, pasando máis tarde ás filas do equipo sucesor deste, o Ave Fénix Racing, que acabou por converterse na sección feminina do Racing de Santander. Permaneceu no club ata o final da tempada 2018/19, militando na Segunda División.

Deportivo da Coruña

[editar | editar a fonte]

En agosto de 2019 asinou polo Deportivo da Coruña, equipo que acababa de ascender á Primeira División, tras unha dura disputa entre os dous clubs pola ficha da xogadora.[1][2]

Debutou na máxima categoría o 8 de setembro de 2019, nun partido ante o Espanyol e marcou o seu primeiro gol o 19 de xaneiro de 2020, cunha espectacular xogada na que se internou na área caneando a varias xogadoras do Betis antes de disparar á portería.[3] O equipo acadou esa tempada o cuarto posto na liga. Xogou durante dúas campañas no club galego, disputando 49 partidos e logrando 11 goles.[4]

Real Madrid

[editar | editar a fonte]

O 26 de xullo de 2021, tras o descenso do Deportivo, anunciouse a súa fichaxe polo Real Madrid.[5]

Selección española

[editar | editar a fonte]

Selección sub-19

[editar | editar a fonte]

Internacional coa selección española sub-19, con só 17 anos foi convocada polo seleccionador Jorge Vilda para disputar a Eurocopa sub-19 en Suíza. Marcou un gol no último partido da fase de grupos ante Francia e xogou a final contra Alemaña no Tissot Arena, onde o equipo español se proclamou campión.[6][7]

Xogou tamén a seguinte edición do torneo, un ano despois. Participou en todos os partidos da súa selección, que perdeu nas semifinais ante Francia por 3-1, sendo Athenea a autora do único gol español no partido.[8]

Selección absoluta

[editar | editar a fonte]

Debutou coa selección absoluta en outubro de 2020, nun partido ante a República Checa en La Cartuja, converténdose na primeira xogadora do Deportivo da Coruña en vestir a camiseta da selección española.[9] Once meses despois anotou o seu primeiro gol internacional, facendo o cuarto dos sete goles españois ante Hungría.[10]

En 2022 foi convocada por Vilda para disputar a Eurocopa en Inglaterra e participou en todos os partidos de España no torneo, caendo en semifinais ante a selección anfitrioa.[11] Un ano despois disputou a Copa do Mundo celebrada en Australia e Nova Zelandia. Participou en tres dos partidos da selección española, que acabou gañando o seu primeiro título mundial tras derrotar na final a Inglaterra.[12]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Mantén unha relación sentimental co futbolista galego Isra Pérez, ao que coñeceu mentres el defendía a camiseta do Fabril e ela a do Deportivo da Coruña Feminino.[13][14]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Selección española
Selección española sub-19
  1. "El fichaje que enfrenta al Dépor y al Racing de Santander" (en castelán). 8 de agosto de 2019. Consultado o 8 de setembro de 2023. 
  2. "El Racing libera a Athenea del Castillo, una historia de mentiras, presiones y denuncias" (en castelán). 5 de setembro de 2019. Consultado o 8 de setembro de 2023. 
  3. "Golazo a lo Messi de Athenea, del Depor". Mundo Deportivo (en castelán). 19 de xaneiro de 2020. Consultado o 8 de setembro de 2023. 
  4. G. Mariñas, Carmen (1 de xullo de 2021). "Athenea deixa o Dépor ABANCA". Consultado o 8 de setembro de 2023. 
  5. "Athenea ficha por el Real Madrid". Sport (en castelán). 26 de xullo de 2021. Consultado o 8 de setembro de 2023. 
  6. G. Gil, Aimara (24 de xullo de 2018). "España ganó a Francia y logró el pase a semis ante Dinamarca". As (en castelán). Consultado o 8 de setembro de 2023. 
  7. "Un gol de Llompart hace historia para España". La Vanguardia (en castelán). 30 de xullo de 2018. Consultado o 8 de setembro de 2023. 
  8. "La sub 19 femenina se queda sin triplete europeo en la prórroga ante Francia". Marca (en castelán). 25 de xullo de 2019. Consultado o 8 de setembro de 2023. 
  9. "Athenea fai historia no Dépor ABANCA ao debutar coa selección española con tan só 19 anos" (en castelán). 24 de outubro de 2020. Consultado o 8 de setembro de 2023. 
  10. "La selección femenina sigue al alza y le hace un 'siete' a Hungría" (en castelán). 22 de setembro de 2021. Consultado o 8 de setembro de 2023. 
  11. "Inglaterra 2-1 España 2022". UEFA (en inglés). Consultado o 8 de setembro de 2023. 
  12. "Athenea del Castillo asciende al olimpo del fútbol español levantando la Copa del Mundo en Australia". COPE (en castelán). 21 de agosto de 2023. Consultado o 8 de setembro de 2023. 
  13. "¿Quién es realmente Athenea? Revivimos su explosión con ocho personas de su círculo más cercano" (en castelán). 17 de xaneiro de 2023. Consultado o 8 de setembro de 2023. 
  14. Rodríguez Peleteiro, Marta (20 de agosto de 2023). "Así es la vida personal de las 23 campeonas del mundo". As (en castelán). Consultado o 8 de setembro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]