Jesús Corzo Sierra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaJesús Corzo Sierra
Biografía
Nacemento7 de setembro de 1930 Editar o valor em Wikidata
San Paio, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de maio de 2000 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeM.ª del Carmen Corral Seoane

Jesús Corzo Sierra, nado en San Paio (Mones, Petín) o 7 de setembro de 1930 e finado na Coruña o 6 de maio de 2000, foi un empresario galego. Foi presidente do Racing de Ferrol en 1976 e 1979 e do Deportivo da Coruña entre 1982 e 1986.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa familia trasladouse á Coruña en 1936 onde pasou a infancia; de profesión xoieiro, emigrou a Venezuela nos anos 50 onde casou coa modista coruñesa M.ª del Carmen Corral Seoane. Foi presidente do sindicato de xoieiros de Caracas, e membro fundador da Hermandad Gallega de Venezuela. Volveu a España en 1961 e, tras breve estancia na Coruña, onde comezou a súa actividade empresarial, trasladouse a Ferrol en 1965 onde continuou a actividade empresarial, e foi membro do consello de administración da Caja de Ahorros. Vinculado a movementos en favor da instauración dun sistema democrático, xa na transición foi membro fundador do Partido Galego Independente, posteriormente integrado na UCD da que foi máximo responsable en Ferrolterra. Presentouse como cabeza de lista da UCD nas eleccións municipais de 1977 e foi membro da primeira corporación municipal democrática do concello de Ferrol como Tenente de Alcalde. Tamén foi presidente do Racing de Ferrol, en 1976 (en funcións) e en 1979 (electo, o 33º da historia do club verde). Tras a aprobación da constitución de 1978 renuncia os seus cargos públicos e políticos en 1979, nos que sempre renunciara a percibir retribución algunha. En 1980 volta á Coruña onde segue coa súa actividade empresarial, sen volver a ter vinculación directa coa política.

Foi o 38º presidente do Deportivo da Coruña desde o 10 de agosto de 1982, en substitución de Antonio Álvarez Rodríguez, até o 26 de maio de 1986, sendo á súa vez substituído por Andrés García Yáñez.


Predecesor:
Antonio Álvarez Rodríguez
 Presidente do Deportivo da Coruña 
1982−1986
Sucesor:
Andrés García Yáñez