Irene Ferreras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Irene Ferreras
Información persoal
Nome Irene Ferreras López de Lamela
Nacemento 4 de marzo de 1989
Lugar de nacemento Fuenlabrada
Posición Porteira
Carreira xuvenil
2003–2008 Rayo Vallecano B
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2008–2009 Rayo Vallecano
2009–2011 Rayo Vallecano B
2011–2013 CF Pozuelo de Alarcón
2013–2015 Atlético de Madrid B
Adestrador
2015–2016 CDE Olímpico
2016–2017 FF La Solana
2017–2018 Rayo Vallecano B
2018–2019 Rayo Vallecano
2019–2020 Valencia CF
2020–2022 Real Madrid CF (2ª adestradora)
2022– Deportivo Abanca
Na rede
Twitter: 1REN3_F Instagram: ferrerascoach Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Irene Ferreras López de Lamela, nada en Fuenlabrada[1] (Madrid) o 4 de marzo de 1989,[2] é unha exfutbolista e adestradora de fútbol española. Actualmente é a adestradora do Deportivo Abanca da Liga F.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira futbolística no equipo filial do Rayo Vallecano Feminino desempeñando o posto de gardameta,[3] onde chegou a formar parte do primeiro equipo, pasou polo CF Pozuelo de Alarcón e rematou a súa carreira como futbolista no equipo filial do Atlético de Madrid Feminino. Retirouse no ano 2015 por mor dunha hernia de disco que lle impedía competir en condicións axeitadas.[3][4][5]

Licenciouse en ciencias do deporte[6] e comezou a súa carreira como adestradora no ano 2015 nos equipos femininos do CDE Olímpico e o FF La Solana, pasou no ano 2017 a adestrar o equipo filial do Rayo Vallecano Feminino para coller o ano seguinte o primeiro equipo do Rayo Vallecano Feminino.[7] Continuou a súa carreira como adestradora no Valencia CF Feminino[7] onde foi destituída antes de rematar a temporada polos malos resultados do equipo.[8] No ano 2019 incorporouse ó corpo técnico do Real Madrid CF Feminino como segunda adestradora.[9]

O 1 de xullo de 2022 converteuse en adestradora do Deportivo Abanca da segunda división española de fútbol feminino.[10][11] O 21 de abril de 2024, na súa segunda temporada á fronte do equipo,[12] conseguiu o ascenso á Liga F co Deportivo Abanca a falta dunha xornada para a conclusión do campionato.[13][14]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Como xogadora[editar | editar a fonte]

Título Club Ano
Copa da Raíña Rayo Vallecano 2008
Superliga 2008/2009
2010/2011

Recoñecemento[editar | editar a fonte]

O concello de Fuenlabrada inaugurou no ano 2020 un campo de fútbol municipal no barrio de Loranca que leva o seu nome.[15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hidalgo 2020, p. 59
  2. Antelo, Iván (13-06-2022). "Irene Ferreras dirixirá ao Deportivo Abanca a próxima tempada". La Voz de Galicia. Consultado o 14-06-2022. 
  3. 3,0 3,1 G. Gil, Aimara (28-09-2019). "Irene Ferreras: "No le doy relevancia a la clasificación"". As (en castelán). Consultado o 03-07-2022. 
  4. Álvarez, Itsaso (19-03-2020). "Siete grandes futbolistas de las que hablar con tus hijas". El Correo (en castelán). Consultado o 03-07-2022. 
  5. Griñán, Marta (17-02-2021). "Irene Ferreras y la incipiente llegada de la mujer al banquillo". As (en castelán). Consultado o 14-06-2022. 
  6. Aragón, Andrés (22-04-2021). "Las dueñas de los banquillos". El Mundo (en castelán). Consultado o 14-06-2022. 
  7. 7,0 7,1 Menayo, David (19-12-2020). "La nueva versión de Irene Ferreras". Marca (en castelán). Consultado o 14-06-2026. 
  8. "El Valencia destituye a Irene Ferreras". La Vanguardia (en castelán). 02-02-2020. Consultado o 14-06-2022. 
  9. Aragón, Andrés (22-04-2021). "Irene Ferreras apunta al banquillo del Depor Abanca". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 14-06-2022. 
  10. "Irene Ferreras, nueva entrenadora del Dépor Abanca". La Opinión A Coruña. 01-07-2022. Consultado o 01-07-2022. 
  11. "Irene Ferreras, confirmada como entrenadora del Depor Abanca". DxT Campeón (en castelán). 01-07-2022. Consultado o 03-07-2022. 
  12. Antelo, Iván (21-04-2024). "As claves do éxito do Dépor Abanca: a aposta pola continuidade e Irene Ferreras". La Voz de Galicia. Consultado o 21-04-2024. 
  13. Antelo, Iván (21-04-2024). "O Dépor Abanca regresa á elite do fútbol feminino tras golear ao Cacereño (3-1)". La Voz de Galicia. Consultado o 21-04-2024. 
  14. "Irene Ferreras, tras subir co Dépor Abanca: "É o ascenso do proceso, da insistencia, é moi bonito"". La Opinión A Coruña. 21-04-2024. Consultado o 21-04-2024. 
  15. Domínguez, Julián (22-02-2020). "Irene Ferreras da nombre al nuevo campo de futbol de Loranca". Fuenlabrada Noticias (en castelán). Consultado o 15-06-2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]