Inma Castañón
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1959 Cudillero |
| Actividade | |
| Ocupación | futbolista |
| Deporte | fútbol |
María Inmaculada Castañón González, coñecida coma Inma Castañón, nada en 1959 en Cudillero (Principado de Asturias) pero residente na Coruña é unha ex xogadora de fútbol, popular na década de 1980.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi a capitá do Karbo Deportivo que en 1981 conquistou a primeira Copa da Raíña. Neste equipo levaba o número 10 e chamábanlle a Maradona do fútbol feminino,[1][2] miúda en estatura xogaba de interior esquerda[3] pero tiña gran capacidade de gol[4] marcando unha media de dous goles por partido.
Durante a súa época no Karbo foi pretendida por varios clubs internacionais como o Royan francés[3] ou o Oivas[2] de Lisboa tendo a oportunidade de converterse na primeira xogadora profesional pero rexeitou estas ofertas por preferir que o fútbol feminino se mantivese puro e que non sexa profesionalizado. "Así evitamos os numerosos intereses que existen nun mundo profesionalizado" daba como razón para este rexeitamento[2]. Trala desaparición do Karbo Deportivo incorporouse ó Club de Fútbol Femenino Tradehi, actual Real Oviedo Feminino[5].
Foi a primeira capitá da selección española coa que xogou entre 10 e 15 partidos.[6]
Clubs
[editar | editar a fonte]| Club | Localidade | Anos |
|---|---|---|
| Candás Club de Fútbol | Carreño | 1969-70 |
| Sirenas de Luanco | Luanco | 1970-71 |
| Camisas IKE | A Coruña | 1972-75 |
| Karbo Deportivo | A Coruña | 1976-88 |
| Club de Fútbol Femenino Tradehi | Oviedo | 1988-89 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Loreto Silvoso (31 de marzo de 2013). "«Me llamaban la Maradona del fútbol practicado por mujeres»". La Voz de Galicia (en castelán).
- 1 2 3 Dagoberto Escorcia (22 de marzo de 1984). "Inmaculada Castañón". El País (en castelán).
- 1 2 Iago Fandiño Bonome (17 de febreiro de 2013). "Karbo Deportivo, las guerreras blanquiazules del balón". Vavel.
- ↑ Manu Lorenzo (25 de abril de 2019). "Vuelta al pasado en A Coruña". Somos Outsiders (en castelán).
- ↑ "Real Oviedo Femenino". Real Oviedo.
- ↑ "Los 16 equipos de la Liga Iberdrola conocerán este lunes sus emparejamientos para la Copa de la Reina". Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2019. Consultado o 13 de agosto de 2019.