Saltar ao contido

Teresa Abelleira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTeresa Abelleira

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalTeresa Abelleira Dueñas
Biografía
Nacemento9 de xaneiro de 2000 Editar o valor en Wikidata (26 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,59 m[1]
Peso60 kg
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2016 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
–2016 Poio Pescamar FS
–2016 CD Lérez
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2016–2020   Deportivo da Coruña 47(27)
2017–2018   España sub-17 17(3)
2020–   Real Madrid 170(13)
  Selección nacional Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2016–   Galicia 1(0)
2017–2019   España sub-19 7(0)
2020–   España 41(3)
Familia
ParellaPatricia Curbelo Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm14403861 Twitter: teresabelleira Instagram: teresabelleira Olympics.com: teresa-abelleira UEFA: 250092098 Editar o valor en Wikidata
Teresa Abelleira en 2020 co Deportivo da Coruña.

Teresa Abelleira Dueñas, nada en Pontevedra o 9 de xaneiro de 2000[2], é unha futbolista galega, que xoga de centrocampista no Real Madrid. Internacional coa selección española dende 2020, proclamouse con esta campioa da Copa do Mundo en 2023 e da Liga das Nacións da UEFA en 2024. Disputou ademais a Eurocopa de 2022 e os Xogos Olímpicos de 2024.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia fortemente vencellada ao fútbol, filla do adestrador Milo Abelleira e irmá menor do tamén futbolista Tomás Abelleira.[3] Na súa etapa de cadete compaxinaba o fútbol sala, ao que xogaba no Poio Pescamar, coas categorías inferiores do CD Lérez.

Deportivo da Coruña

[editar | editar a fonte]

En 2016, e trala fundación da sección feminina do Deportivo da Coruña,, abandonou a súa Pontevedra natal para unirse ás filas deste equipo na segunda división feminina. Foi, xunto con Raquel Béjar, a primeira licenza profesional do fútbol feminino en Galicia.[2] Xogou catro tempadas no club branquiazul, logrando na terceira delas o ascenso á Primeira División, e obtendo un cuarto posto na súa primeira tempada na máxima categoría, na que marcou dous goles. A continuación, a mediados de 2020, deixou o Deportivo para fichar polo Real Madrid Feminino, equipo acabado de crear tras un acordo do Real Madrid co Club Deportivo TACON.[4][5]

Real Madrid

[editar | editar a fonte]

Na súa primeira campaña no club branco, acadou o seu primeiro subcampionato de liga, posición que repetiu nas tempadas 2022/23 e 2023/24, sempre por detrás do FC Barcelona. En maio de 2023 estivo a piques de gañar o seu primeiro título, a Copa da Raíña, cuxa final disputaron o Real Madrid e o Atlético de Madrid trala descualificación por aliñación indebida do gran favorito, o Barcelona.[6] Na final disputada en Butarque, o Real Madrid gañaba por 2-0 no minuto 87, xusto antes de que Lucía Moral recortase distancias e de que Estefanía Banini colocase o empate nos últimos instantes do tempo de desconto. Sen goles na prórroga, o partido foi á quenda de penaltis, onde o lanzamento de Tere Abelleira foi detido por Lola Gallardo e o título foi finalmente para o Atlético por un resultado de 3-1.[7]

Titular habitual dende a súa chegada ao Real Madrid, superou os 170 partidos oficiais, converténdose na terceira xogadora con máis partidos na historia do club (só por detrás de Olga Carmona e Misa Rodríguez).[8] A súa progresión viuse truncada en febreiro de 2025, cando rompeu o ligamento cruzado anterior do seu xeonllo esquerdo nun adestramento coa selección.[9]

Selección española

[editar | editar a fonte]

O 27 de novembro de 2020 debutou coa selección española absoluta na vitoria por 10-0 fronte a Moldova, correspondente á fase de clasificación para a Eurocopa de 2022, substituíndo a Aitana Bonmatí no segundo tempo.[10]​ O seu primeiro partido como titular foi o 13 de abril de 2021 na vitoria por 3-0 fronte a México. En 2022 disputou a Eurocopa en Inglaterra, caendo nos oitavos de final contra a selección anfitrioa.[11]

Presentación de Campioa. Pequena biografía de Teresa Abelleira, Polo Correo do Vento, no Teatro Principal de Pontevedra no nadal de 2023. Miguel Anxo Fernández Lores, Teresa Abelleira e Nieves D. Amil

O 30 de xuño de 2023 foi incluída na lista definitiva do seleccionador Jorge Vilda para a Copa do Mundo de 2023, disputada en Australia e Nova Zelandia.[12] Foi titular en tódolos partidos do torneo e marcou un gol no segundo partido da primeira fase, na goleada por 5-0 sobre Zambia, cun espectacular disparo dende fóra da área.[13] Nas semifinais contra Suecia, un córner sacado por ela foi rematado á portería pola súa compañeira Olga Carmona e serviu para clasificar a España para a primeira final da súa historia.[14] Xogou completa a final, celebrada no Stadium Australia de Sydney, onde o conxunto español gañou o título ao vencer por 1-0 a Inglaterra.[15] Foi a cuarta futbolista da selección española con máis minutos no Mundial (535) e a que máis recuperacións de balón conseguiu (55).[16]

Tralo Mundial disputou a primeira fase da edición inaugural da Liga das Nacións da UEFA, acadando o primeiro posto do seu grupo, e foi seleccionada tamén para a fase final, disputada en febreiro de 2024. Con todo, unha lesión obrigouna a ver dende o banco a final, na que o seu equipo se coroou campión ante Francia.[17]

En 2024 participou nos partidos de clasificación para a Eurocopa, e no último deles visitou o seu antigo estadio, Riazor, para enfrontarse a Bélxica, anotando un espectacular gol dende preto do centro do campo.[18] A continuación foi unha das 22 mulleres seleccionadas por Montse Tomé para a primeira participación da selección española feminina nuns Xogos Olímpicos. Disputou os seis partidos do combinado español no torneo, sendo titular en catro deles. O equipo acadou as semifinais, onde caeu ante o Brasil por 4-2, e perdeu tamén no encontro pola medalla de bronce contra Alemaña (1-0).[19]

En febreiro de 2025 disputou coa selección a segunda edición da Liga das Nacións da UEFA, saíndo como titular no primeiro partido ante Bélxica no Ciutat de València. Pero uns días despois, durante un adestramento previo ao partido contra Inglatera, a xogadora sufriu unha grave lesión, coa rotura do ligamento cruzado anterior do seu xeonllo esquerdo, perdendo así o que restaba de tempada e as súas opcións de disputar a súa segunda Eurocopa.[9]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Deportivo da Coruña
Selección española sub-19
Selección española

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

É filla do adestrador de fútbol Milo Abelleira e irmá do futbolista Tomás Abelleira.[23] Dende 2019 mantén unha relación sentimental coa tamén futbolista Patricia Curbelo, porteira canaria do Alético Vilalonga, á que coñeceu cando ambas militaban no Deportivo da Coruña.[24][25]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2019. Consultado o 05 de setembro de 2019.
  2. 1 2 "Teresa Abelleira se pasa al profesionalismo". 19 de xaneiro de 2017. Consultado o 11 de abril de 2019.
  3. "Teresa Abelleira, la niña que era más pequeña que la pelota ya es campeona del mundo" (en castelán). 21 de agosto de 2023. Consultado o 18 de xullo de 2024.
  4. "Teresa Abelleira deja el Deportivo para fichar por el Real Madrid". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de maio de 2020. Consultado o 14 de xullo de 2020.
  5. "Teresa Abelleira se hace con el timón del Real Madrid femenino" (en castelán). 14 de xullo de 2020. Consultado o 14 de xullo de 2020.
  6. "El error del Barça allana el camino al Real Madrid para levantar el primer título de su corta historia" (en castelán). 25 de xaneiro de 2023. Consultado o 1 de marzo de 2025.
  7. "El Atlético remonta al Madrid y gana la Copa de la Reina en los penaltis". Televisión Española (en castelán). 1 de marzo de 2025. Consultado o 1 de marzo de 2025.
  8. Menayo, David (25 de febreiro de 2025). "Athenea del Castillo: "No tenemos que demostrar nada; todo el mundo sabe que España es la mejor"". Marca (en castelán). Consultado o 25 de febreiro de 2025.
  9. 1 2 "Tere Abelleira se rompe el ligamento cruzado anterior y se pierde lo que resta de temporada y la Eurocopa". Televisión Española (en castelán). 27 de febreiro de 2025. Consultado o 1 de marzo de 2025.
  10. "Tere Abelleira debuta con la selección en la goleada a Moldavia". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-11-27. Consultado o 2023-08-15.
  11. "Punto y final al sueño: Inglaterra elimina a España de la Eurocopa en la prórroga" (en castelán). 20 de xullo de 2022. Consultado o 20 de agosto de 2023.
  12. "Jorge Vilda anuncia las 23 elegidas para buscar nuestro primer Mundial de la historia" (en castelán). 20 de agosto de 2023. Consultado o 20 de agosto de 2023.
  13. "Tere Abelleira hizo contra Zambia el golazo del Mundial: un 'guante' junto a Alexia y Aitana" (en castelán). 26 de xullo de 2023. Consultado o 20 de agosto de 2023.
  14. Espiño, Diego (15 de agosto de 2023). "Á final! A España de Tere Abelleira vence a Suecia e xogará por gañar o Mundial (2-1)". Pontevedra Viva. Consultado o 20 de agosto de 2023.
  15. Dapena, Almu (20 de agosto de 2023). "Tere Abelleira, campioa do mundo con España tras derrotar a Inglaterra na final (1-0)". Pontevedra Viva. Consultado o 20 de agosto de 2023.
  16. "El camino de España hasta ganar su primer Mundial femenino, en datos". RTVE (en castelán). 20 de agosto de 2023. Consultado o 20 de agosto de 2023.
  17. Conde, Carla (1 de marzo de 2024). "Una estrella en ciernes". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 1 de marzo de 2025.
  18. Espiño, Diego (16 de xullo de 2024). "Un golazo de Tere Abelleira desde o círculo central pecha o 2-0 de España a Bélxica en Riazor". Pontevedra Viva. Consultado o 18 de xullo de 2024.
  19. Espiño, Diego (9 de agosto de 2024). "El bronce olímpico esquiva a Tere Abelleira". Pontevedra Viva (en castelán). Consultado o 10 de agosto de 2024.
  20. "El Depor Abanca se proclama campeón de liga". 31 de marzo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2023. Consultado o 11 de abril de 2019.
  21. "VII Gala do Deporte Feminino en Galicia – MUDEGA". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2021. Consultado o 2021-02-20.
  22. "Os Cidade de Pontevedra 2023 recoñecerán a Teresa Abelleira e a Matriuska Producciones". Pontevedra Viva. 2024-01-11. Consultado o 2024-01-12.
  23. "Abelleira, el apellido más futbolero". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de maio de 2016. Consultado o 5 de novembro de 2020.
  24. "Patricia Curbelo y Teresa Abelleira, víctimas de la homofobia futbolística". Consultado o 2023-09-21.
  25. "Teresa Abelleira y Patricia Curbelo, dos futbolistas que no esconden su amor" (en castelán). 13 de outubro de 2019. Consultado o 1 de marzo de 2025.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Polo Correo do Vento (2023). Campioa. Pequena biografía de Teresa Abelleira. Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla.[1] Edición do Concello de Pontevedra.
  1. "Así é "Campioa", o libro sobre Tere Abelleira ilustrado por Tania Solla e creado por Polo Correo do Vento". Pontevedra Viva. 2023-12-29. Consultado o 2023-12-29.