Conversa:Deportivo da Coruña Feminino

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Karbo Deportivo aparece na tempada 83/84[editar a fonte]

Xa o dixen na páxina do Karbo Deportivo, pero deixo constancia aquí tamén para estea máis claro.

Xa están as referencias inseridas no artigo onde queda claro que o Karbo pasa ao Deportivo entre novembro de 1983 e xaneiro de 1984 (Diario Marca, 5 de xaneiro de 1984. p. 10.)(La Voz de Galicia. 26 de novembro de 1983. p. 47). Pero ademais:

  • Obsérvese esta foto de Inma Castañón, capitana do Karbo C.F. coa primera Copa da Raíña oficial gañada na tempada 1982/83. Pode observarse claramente a camisola branca co escudo do Colexio Karbo. (A foto procede desta reportaxe do diario Marca). E o mesmo na crónica do diario As (fonte).
  • Na copa Raíña Sofía de 1981 tamén aparecen con camisolas semellantes, color branco e co escudo do colexio Karbo: ligazón 1 e ligazón 2, de La Voz de Galicia (nestas ligazón tamén se explica que non tiñan axuda de ninguén para viaxar e que tiveron que levar como reposto as camisolas do Imperátor e do Orzán).

Por non falar xa do caso de 1981 en que o Deportivo e o concello lle negan o estadio ao Karbo (Lanza: diario de la Mancha, 21 de abril de 1981. p.12.) (Faro de Vigo. 21 de abril de 1981. p. 40.)(Faro de Vigo. 22 de abril de 1981. p. 37), que de feito levou á publicación dunha rajada no xornal Mundo Deportivo: ligazón

Así pois, a afirmación "O Deportivo da Coruña creou a súa sección de fútbol feminino no ano 1980, tras un acordo co Karbo F.C., pasando a denominase Karbo Deportivo de La Coruña completamente integrado na estrutura do Deportivo da Coruña, pasando así mesmo a empregar as cores e escudo do Deportivo." que figuraba no artigo era completamente falsa, xa que:

1) O acordo non chegou ata inverno de 1983.
2) Entre 1980 e 1983 o Karbo usaba as suas propias camisetas, cor branca e co escudo da academia Karbo. E mesmo chega ao punto de levar como camisolas de reposto a de terceiros equipos como o Orzán e o Imperator (se naquela altura fose una sección do Deportivo, non lle deberían forncer as equipacións?)
3) O propio Deportivo negoulle o estadio en 1981, algo imposible se fose un equipo "competamente integrado na estrutura do Deportivo da Coruña".

Polo tanto parece obvio que o Karbo non foi parte do Deportivo da Coruña entre 1980 e novembro de 1983, ata que se acadou o devandito acordo anunciado na prensa.

Saúdos. -- Jorges65 (conversa) 30 de setembro de 2020 ás 07:13 (UTC)[responder]