Miriam Ríos Barreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Miriam Ríos
Información persoal
Nome completo Miriam Ríos Barreiro
Nacemento 2 de decembro de 1987 (31 anos)
  A Coruña
Posición Defensa
Información de club
Club actual Deportivo ABANCA
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2016-act. Deportivo ABANCA
2007-2016 Orzán
Selección nacional
?- Galicia ? (?)

* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

editar datos en Wikidata ]

Miriam Ríos Barreiro, nada na Coruña o 2 de decembro de 1987, é unha futbolista galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aos doce anos comezou a súa traxectoria como futbolista federada ós 11 anos, nun equipo de nenos[1], o Deportivo Ciudad. Tras esta primeira temporada fichou polo Antares de fútbol sala, no que xogou durante varios anos. Posteriormente firmou polo Orzán, onde compaxinaba o fútbol sala no Viaxes Amarelle co fútbol campo.

Na temporada 2007/2008, tras acadar o ascenso de categoría con ambos equipos, deixou o fútbol sala para centrarse na súa carreira no Orzán.[2]. En 2010 tivo que abandonar o fútbol temporalmente tras sufrir unha grave lesión no seu xeonllo dereito[2], o cal provocou que pasase de xogar de dianteira a media defensiva[3].

Anos máis tarde sufriría outra lesión que a mantería sen xogar outra tempada. Volvería xogar no ano 2014.

En 2016, trala absorción por parte do Deportivo do Orzán, Miriam pasa a formar parte do Deportivo Feminino. Na temporada 2018-19 acadou o ascenso a Primeira División, aínda que perdeu o derradeiro partido da fase de ascenso por mor dunha lesión. Debido ás súas lesións leva sufrido 3 operacións de xeonllo, extracción do menisco externo[4].

Tras recuperarse da súa lesión o día 29 de setembro de 2019 debutou en Primeira División.[1].

Equipos[editar | editar a fonte]

Tempada Equipo País
2016-act. Real Club Deportivo da Coruña España
2007-2016 Orzán España

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Campioa da Segunda División Feminina Grupo 1 en 2019[5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Campeón, D. X. T. "El merecido sueño cumplido de Miriam". DXT Campeón. 
  2. 2,0 2,1 "Entrevista a Miriam Rios, capitana del Deportivo femenino". Consultado o 12 de abril de 2019. 
  3. "La central que se forjó siendo ariete". La Voz de Galicia. 22 de outubro de 2016. 
  4. "Míriam Ríos, capitana del Deportivo: «El fútbol me debía otra oportunidad»". La Voz de Galicia. 27 de maio de 2019. 
  5. "El Depor Abanca se proclama campeón de liga". 31 de marzo de 2019. Consultado o 11 de abril de 2019.