Mercedes-Benz HighPerformanceEngines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mercedes-Benz HighPerformanceEngines
Fundación1983
MatrizMercedes-Benz
LocalizaciónBrixworth, Northamptonshire, Reino Unido
FundadorMario Illen, Paul Morgan
IndustriaAutomóbil
ProdutosMotores de F1
Na rede
http://www.mercedes-amg-hpp.com
editar datos en Wikidata ]

Mercedes-Benz HighPerformanceEngines Ltd. (anteriormente coñecido como Mercedes-Ilmor e na tempada 2012 como Mercedes AMG High Performance Powertrains) é unha compañía británica fabricante de motores de Fórmula Un, propiedade de Mercedes-Benz. A compañía proporcionou motores a Sauber durante a tempada 1994, a McLaren de 1995 a 2014, Force India desde { 2009, Brawn en 2009, ao equipo de fábrica de Mercedes (formado polo equipo Brawn GP, que Mercedes comprou logo do final da tempada 2009) desde 2010, Williams desde 2014, Lotus en 2015 e Manor Racing en 2016. Os seus motores gañaron seis campionato de construtores de Fórmula Un e sete Campionatos de Pilotos de Fórmula 1.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Ilmor foi fundada polo Mario Illien e Paul Morgan en 1983, como unha compañía británica independente fabricante de motores de Fórmula Un. O nome da empresa foi tomado dos apelidos dos fundadores. Nun principio comezou a construír motores para IndyCars co diñeiro do dono do equipo de IndyCar e fabricante de chasis Roger Penske.

Daimler-Benz adquiriu 25% de Ilmor que pertenecía a Chevrolet en 1993. No ano 2002 Daimler AG aumentou a súa participación ao 55% e o nome da empresa pasou a ser Mercedes-Ilmor. En 2005 Daimler converteuse no único propietario de Ilmor e renomeou a empresa como Mercedes-Benz HighPerformanceEngines Ltd.

Ao mesmo tempo, a pequena parte da empresa dedicada a Proxectos Especiais, que desde 2003 fora contratada para deseñar e construír motores para a Indy Racing League de Honda, separáronse para converterse nunha empresa independente, propiedade de Mario Illien e Roger Penske. Esta nova empresa, que é totalmente independente de Mercedes, é coñecida como Ilmor Engineering Ltd.

Historia[editar | editar a fonte]

Un McLaren 2004 impulsado polo Mercedes-Ilmor V10 de 3.0 litros

En 1991 Ilmor entrou na Fórmula Un como provedor de motores do equipo Leyton House (antes March). En 1992, Leyton House cambiou de novo seu nome a March e continuou utilizando os motores Ilmor. Ilmor tamén fabricou motores para o equipo Tyrrell nese ano. Impulsado por un motor V10 Ilmor, Tyrrell anotou 8 puntos, e March 3 puntos.

Ilmor xa tiña un bo nome na F1, polo que o equipo Sauber sportscar e Mercedes-Benz que estaban planeando a súa entrada na Fórmula Un asinaron un acordo con Ilmor. Con todo, Mercedes deu un paso atrás no proxecto cos únicos motores que levaban o lema "Concept by Mercedes-Benz" e o motor chamouse oficialmente Ilmor.

Ilmor converteuse no provedor de motores de McLaren en 1995. A asociación tivo a súa primeira vitoria no Gran Premio de Australia de 1997. Mika Häkkinen logrou o campionato de pilotos en 1998 e 1999, e o equipo gañou o campionato de construtores en 1998. Despois de non gañar na tempada 2006, McLaren recuperouse e gañou o campionato de pilotos en 2008 con Lewis Hamilton.

En 2001 Paul Morgan morreu, na aterraxe do seu avión de época no aeródromo Sywell, en Northamptonshire. Isto levou a Mercedes-Benz a aumentar a súa participación financeira en Ilmor, cambiando o nome a Mercedes-Ilmor Ltd.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]