Manama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 26°13′N 50°35′L / 26.217, -50.583

Manama
منامة
Road and towers in Manama.jpg
Vista da cidade
Localización
Manama en Bahrain
Manama
Manama
País Bahrain Bahrain
Gobernación Capital
Xeografía
Superficie 30,54 km²
Demografía
Poboación 157 474 hab. (2010)
Densidade 5 200 hab/km²
Outros datos
Alcalde Humood bin Abdullah bin Hamad Al Khalifa
Páxina Oficial de Manama

Manama (en árabe: منامة Al-Manāmah) é a capital de Bahrain. É a cidade maior do país, cunha poboación aproximada de 150 000 habitantes, case un terzo da total de Bahrain.

Manama foi aínda unha das doce provincias de Bahrain e actualmente forma parte da gobernadoría principal.

Historia[editar | editar a fonte]

Vista de Manama, ao fondo, con a illa de Al-Muharraq en primeiro plano

Manama aparece citada nas crónicas islámicas desde 1345. Foi conquistada polos portugueses en 1521 e posteriormente polos persiani en 1602. Foi dominada, salvo breves interrucións, pola dinastía reinante, Al Khalifah, desde 1783. Manama foi declarada porto franco en 1958, e desde 1971 tornouse a capital do estado independente de Bahrain.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Manama está situada sobre o Golfo Pérsico, na parte nordeste da illa de Bahrain. Non lonxe da capital atópase a cidade de Sitrah ao sueste, e a de Jidd Haffs ao oeste.

Clima[editar | editar a fonte]

Como o resto do país, Manama sofre condicións climáticas extremas, con temperaturas estivais que poden superar os 48 °C, e invernais de arredor de 15 °C, período no que mesmo xea, máis en ocasións raras. As temperaturas medias de inverno son 17 °C, e vo verán de 45 °C. A época máis agradable corresponde ao outono, cando o sol está máis baixo, e suaves brisas temperan as temperaturas.

Economía[editar | editar a fonte]

A economía de Manama é a mesma do resto de Bahrain - petróleo, refinado de petróleo, fabricación de dhows -os veleiros típicos dos mares índicos -, pesca e máis produción de perlas. Na illa Al-Muharraq está localizado o Aeroporto Internacional de Bahrain, que serve a Manama. Manama é tamén a sede da Universidade de Bahrain, fundada en 1986.

Sitios de interese[editar | editar a fonte]

Na periferia de Manama está situado o Circuíto Internacional de Bahrain, circuíto automobilístico no cal, desde 2004, se desenrola o Gran Premio de Bahrain de Fórmula 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]