Saltar ao contido

Takuma Sato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTakuma Sato

(2012) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 佐藤琢磨 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xaneiro de 1977 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Toquio, Xapón Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Waseda Editar o valor en Wikidata
Altura164 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata
EmpregadorNakanihon Automotive College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata

Páxina webtakumasato.com Editar o valor en Wikidata
Twitter: TakumaSatoRacer Instagram: takumasato_official Editar o valor en Wikidata

Takuma Satō (佐藤琢磨), nado o 28 de xaneiro de 1977 en Toquio, é un piloto de automobilismo xaponés. Foi o primeiro piloto asiático que gañou as 500 millas de Indianápolis,[1] o que conseguiu en dúas ocasións (2017 e 2020).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Takuma Sato en Indianápolis no 2004 celebrando o seu primeiro podio

Con 19 anos, no 1996, cambiou a bicicleta por un kart, o cal o comprou cos seus aforros. Ao ano seguinte ingresou na escola Honda Racing Suzuka, pagando el todos os gastos do ingreso. No 1998 debutou na Fórmula 3000 do Xapón, na que, grazas aos seus progresos e a que Honda confiaba nel, foi a propia escudería quen lle pagou todo. Aínda así, o soño de Sato era ir a Europa para chegar ao máis alto, soño que comezou a cumprir no 1998, ano no que foi a Inglaterra e participou na Fórmula Júnior, máis concretamanete na Fórmula Vauxhall, na cal estaba no equipo Diamond Racing e na Fórmula Opel. Ao ano seguinte compartiu a súa participación na Euroseries da Fórmula Opel, onde rematou sexto na tempada coa Fórmula 3000 inglesa.

No ano 2000 continuou na F3 inglesa, pero nesa tempada cambiou de equipo, pertencendo así a Carlin Motorsport. Ese ano rematou terceiro no campionato. Outro ano máis continuaba na F3, na cal quedou primeiro, cun gran récord, 12 vitorias en 13 carreiras. Ademais do campionato, conseguiu vitorias en Macau e Zandvoort.

Xa no ano 2002 rematou de cumprir o seu gran soño, firmando con Jordan (naquel entón Jordan Honda) para competir na categoría máis alta, na Fórmula 1, sempre grazas ao apoio financeiro de Honda. Ese ano caracterizárono a súa velocidade nos circuítos e, á súa vez, os múltiples erros que cometía, como, por exemplo, a colisión co seu compañeiro de equipo por aquel entón, Giancarlo Fisichella esnaquizando ambos os monoprazas.

Ao ano seguinte, no 2003, Honda e Jordan romperon os seus compromisos profesionais, razón pola cal Takuma pasou unha tempada enteira como piloto probador ao bordo dun BAR. Aínda que, ao final da tempada, se converteu en piloto oficial ao ter que substituír a Jacques Villeneuve.

No 2004 asegurouse unha praza como piloto oficial e en 2005 seguiu na mesma escudería xunto co inglés Jenson Button.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Sato está casado con Chiharu Sato e ten dous fillos;[2] vive en Carmel co seu representante, Steve Fusek.[3] Sato foi campión nacional de ciclismo no instituto e empregou este deporte como parte do seu adestramento físico durante a súa carreira como piloto.[4]

  1. Malsher, David (28 de maio de 2017). "Indy 500: Sato wins after thrilling shootout with Castroneves". Motorsport.com. Motorsport Network. Consultado o 28 de maio de 2017. 
  2. "Takuma Sato announces birth of second child". f1sa.com. 1 de outubro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2008. Consultado o 2 de outubro de 2008. 
  3. "Two-time Indy 500 winner Takuma Sato permanent houseguest in Carmel". wthr.com. 31 de agosto de 2020. Consultado o 20 de outubro de 2020. 
  4. "Takuma Sato". IndyCar.com. Consultado o 30 May 2017.