Xurxo Borrazás
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xurxo Borrazás Fariña, nado en Carballo en agosto do 1963, é un escritor galego.
Índice |
[editar] Traxectoria
Estudou filoloxía inglesa e desde 1990 vive en Vigo. A súa narrativa, explícita e radical, tanto na escolla e tratamento dos temas coma nos aspectos formais, foi cualificada de transgresora e experimental. Novelas como Cabeza de Chorlito ou Eu é cítanse como paradigmas da narrativa posmoderna.
[editar] Obra
[editar] Narrativa
- Cabeza de chorlito (Sotelo Blanco, 1991; novela).
- Criminal (Sotelo Blanco, 1994; novela). Premio da Crítica Española 1994 e Premio Arcebispo San Clemente 1995.
- Eu é (Sotelo Blanco, 1996; novela).
- Contos malvados (Xerais, 1998; relatos).
- O desintegrista (Xerais, 1999; miscelánea).
- Na maleta (Sotelo Blanco, 2000; novela). Premio Antón Losada Diéguez 2001.
- Pensamentos impuros (Xerais, 2002).
- Ser ou non (Galaxia, 2004; novela).
- Costa Norte/ZFK (Galaxia, 2008; novela).
- Covalladas. Prosa vertical (Galaxia, 2010; relatos).
[editar] Ensaio
- Arte e parte, Dos patriarcas á arte suicida (Galaxia, 2007). Premio da Crítica de Galicia 2008 na categoría Ensaio e Pensamento.
[editar] Obras colectivas
- Novo do trinque (BNG, 1997).
- Longa lingua: Os contos da Mesa (Xerais, 2002).
- Materia prima: relatos contemporáneos (Xerais, 2002).
- Narradio. 56 historias no ar (Xerais, 2003).
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (Difusora, 2006).
- From the beginning of the sea (De onde comeza o mar) (Foreign Demand, 2008).
- En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (Toxosoutos, 2010).
- Follas de Carballo (Asociación Cultural Lumieira, 2011).
[editar] Traducións
- Trópico de Cáncer, de Henry Miller (Galaxia, 2006).
- O ruído e a furia, de William Faulkner (Galaxia, 2008).