Frei Martín Sarmiento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pedro Xosé García Balboa
Martín Sarmiento.jpeg
Frei Martín Sarmiento (gravado do secúlo XVIII.)
Datos persoais
Nacemento 9 de marzo de 1695
Lugar Vilafranca do Bierzo (León)
Falecemento 7 de decembro de 1772
Lugar Madrid
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Galego, castelán
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros narrativa
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]
{{{web}}}

{{{notas}}}
Busto de Martín Sarmiento (escaiola de Felipe de Castro, 1774) no Museo de Pontevedra.

Pedro Xosé García Balboa, máis coñecido como Frei Martín Sarmiento, nado en Vilafranca do Bierzo[1] o 9 de marzo de 1695 e finado en Madrid o 7 de decembro de 1772, foi un relixioso e escritor galego. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 2002.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Con catro meses trasládase coa súa familia a Pontevedra, onde pasará a súa infancia e parte da mocidade. O 3 de maio de 1710, con 15 anos de idade, marcha a Madrid para ingresar na orde de San Bieito.

Ordenado presbítero no 1720, pasará un tempo en Asturias, ata 1725, como profesor en Celorio e Oviedo. Tras esta etapa e despois de se despedir da súa nai en Pontevedra (desta viaxe de verán quedará constancia nos seus escritos), aséntase definitivamente en Madrid, estancia só interrompida entre febreiro de 1726 e maio de 1727 para se trasladar a Toledo, e polas visitas que con certa frecuencia fai a Galicia.

Dende 1723 coidará a súa amizade con Frei Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro, o Padre Feixóo, co que manterá correspondencia ata a súa morte.

A instancias de Sarmiento créase o Real Xardín Botánico de Madrid e dende 1743 reclama a creación de bibliotecas públicas e xardíns botánicos en diversas cidades a imaxe dos que xorden na Europa da época, así como a constitución da Academia da Agricultura e a dotación de cátedras universitarias de Historia Natural, Agricultura e Botánica.

No ano 1748 foi elixido abade do seu Mosteiro de San Martín de Madrid.

Foi un home adiantado ao seu tempo e loitador pola súa terra. Céntrase na análise da lingua galega, a máis desprestixiada da nación naqueles tempos en que o centralismo afogaba as manifestacións populares localistas, idea que foi seguida posteriormente polo Padre Sobreira. De grande importancia foron as súas viaxes a Galicia, a de 1745 (que durou 8 meses) e a de 1754. Trátanse de verdadeiras expedicións científicas programadas e pensadas polo miúdo, nas cales descobre unha Galicia e un pobo cunha gran riqueza natural, cultural e patrimonial.

As súas ideas[editar | editar a fonte]

Placa en homenaxe ao autor en Pontevedra.

Ramón Mariño Paz recolle as teses sobre a obra de temática galega do Padre Sarmiento. Na súa opinión xiran en torno a:

  • o problema lingüístico, semántico e de comunicación do galego como causa de atraso da súa patria;
  • o seu rexeitamento irado do castigo físico que sofrían algúns nenos por expresárense en galego na clase;
  • a súa defensa convencida de que ós rapaces había que aprenderlles na mesma lingua que falaban na casa, e tamén se debía predicar e administrar os fregueses na lingua que lles era propia;
  • e, en definitiva, o seu convencemento de que isto implicaba introducir o galego na escola, nos xulgados, nas igrexas e na administración.

En 1944 fundouse o Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, que pretende ser unha continuación do Seminario de Estudos Galegos. Neste instituto realízanse exposicións, publicacións e labores de investigación nas ramas de Humanidades e Ciencias Sociais.

Obra[editar | editar a fonte]

Publicada[editar | editar a fonte]

  • “Aprobación” de la Ilustración Apologética de Feijoo, Madrid, 1729
  • Planta curiosa sobre entablar los estudios en la Orden Benedictina de España (1729)
  • Demonstracion Critico-Apologetica del Theatro Critico Universal (1732)
  • Memorias para la historia de la poesía y poetas españoles (1741-45)
  • Cartas sobre el estado de la religión benedictina y pago del 8 % (1743)
  • Reflexiones Literarias para una biblioteca Real (1743)
  • Viaje a Galicia (1745)
  • Catálogo de voces y frases de la lengua gallega (1745-55)
  • Coplas gallegas y Glosario (1746)
  • Cartas al Duque de Medinasidonia (1747-1770)
  • Sistema de adornos ... para el nuevo Palacio Real (1747-53)
  • Catálogo de algunos libros curiosos y selectos (1748)
  • Plano de un nuevo y fácil método para recoger infinitos materiales para una general descripción geográfica y completa de toda la Península y toda la América (1751)
  • Notas al privilegio de Ordoño II (1752)
  • Catálogo de voces vulgares y en especial de voces de diferentes vegetables (1754-55)
  • Viaje a Galicia de Fr. Martín Sarmiento (1754-1755)
  • Sobre el Origen de la Lengua Gallega y sobre la Paleografía española (1755)
  • Sobre el chasco que se da a los gallegos en la Cruz de Ferro (1756)
  • Sobre los vegetables kali, sosa y la barrilla (1756)
  • Apuntamientos para un discurso sobre la necesidad que hay en España de unos buenos caminos reales y de su pública utilidad (1757)
  • De los atunes y de sus transmigraciones (1757)
  • Sobre el chasco del meco (1757)
  • Mostayo, en castellano, en León, Asturias y Bierzo mostayo, en Liébana mostazo (1757)
  • El porqué si y el porqué no (1758)
  • Sobre los castellanos de Orense (1758)
  • Etimología de la voz Valdeorras y de su puente Cigarrosa (1758)
  • Sobre los maragatos (1758)
  • Ir a la guerra, navegar, y casar, no se puede aconsejar (1758)
  • Onomástico etimológico de la lengua gallega (1758-69)
  • Geografía de las cuatro vías militares que salían de Braga a Astorga (1759)
  • Disertación sobre las eficaces virtudes y uso de la planta llamada carqueixa (1759)
  • Noticia de la Verdadera patria (Alcalá) de El Miguel de Cervantes (1761)
  • Tiempo de marras (1761)
  • Sobre el origen de las bubas (1761)
  • Sobre el origen del nombre Samanos (1761)
  • Problema Chorográfico para describir Galicia con un nuevo método (1762)
  • La Educación de los niños
  • La Pantómetra del P. Sarmiento (fragmento da anterior)
  • Nacimiento y crianza de San Fernando en Galicia (fragmento de La Educación de los niños
  • Sobre un grande espejo de piedra durísima y cristalina que vino de América. Piedra negra de la América llamada gallinaza, también conocido como discurso sobre la singularísima piedra negra del ara de Lugo (1766) editado por Antolín López Peláez co título Las aras de la catedral de Lugo
  • Elementos Etimológicos, siguiendo el método de Euclides, y sobre el origen de las lenguas (1766)
  • Catálogo de los pliegos que yo, Fray Martín Sarmiento, benedictino y profeso en San Martín de Madrid, he escrito de mi mano, pluma y letra sobre diferentes asuntos (1767)
  • La educación de la Juventud (1768)
  • Sobre métodos de estudios de San Isidro (1769)
  • Discurso apologético por el arte de rastrear las etimologías de las lenguas vulgares (1770)
  • Epistolario

Dixitalizada[editar | editar a fonte]

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

  • Na curtametraxe de animación A escola das areas aparece representado coma o mestre que guía ao neno Alfonso.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sarmiento un intelectual ilustrado, Pilar Allegue Aguete, 2001, ISBN 84-8302-669-4. Existe a a tese de que naceu en Cerdedo no artigo de José Santos, "Martin Sarmiento, natural de San Juan de Cerdedo", en Sarmiento, Anuario de Historia da Educación, nº 12, 2008, páxs. 9-21.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

É tal a extensión da bibliografía ao completo que cómpre recollela nunha páxina de seu. Véxase premendo aquí.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Eladio Rodríguez
Día das Letras Galegas
2002
Frei Martín Sarmiento
Sucesor:
Antón Avilés de Taramancos