Humanidades
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Mona Lisa, unha das maiores obras de Arte.
Humanidades (do latín humanitas) son o conxunto de disciplinas relacionadas co coñecemento humano e a cultura. Distínguense das ciencias sociais no carácter ideográfico - estudo de particularidades sen crear leis ou postulados xerais – dos seus métodos de investigación.
As Humanidades están conformadas polas seguintes disciplinas de estudos:
- Arte e Historia da arte
- Literatura e Literatura comparada
- Historia
- Teoloxía e Relixión
- Filosofía
- Filoloxía
- Lingüística
- Semiótica e
- Semioloxía
Estas tres últimas son ás veces clasificadas coas Ciencias Sociais. Nalgúns currículos universitarios, especialmente de universidades anglo saxoas, inclúese ás Ciencias da Información e á Bibliotecoloxía dentro das Humanidades.
Nalgunhas clasificacións, como no caso de Ciencias Humanas, inclúese ás Humanidades e as Ciencias Sociais nun mesmo grupo.