Ángeles González-Sinde
| Ángeles González-Sinde | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
| {{{cargoexecutivo1}}} | |||
| Período: | {{{periodo1}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor1}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor1}}} | ||
| Chanceler: | {{{chanceler1}}} | ||
| {{{cargoexecutivo2}}} | |||
| Período: | {{{periodo2}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor2}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor2}}} | ||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 7 de abril de 1965 | ||
| Lugar: | |||
| Falecemento: | |||
| Lugar: | , | ||
| Organización: | Independente | ||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | {{{cónxuxe}}} | ||
| Parella: | {{{parella}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | Ministra de Cultura (2009-2011) | ||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | Guionista e directora de cine | ||
| Relixión: | {{{relixión}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
Ángeles González-Sinde Reig, nada en Madrid en 1965, é unha guionista, directora de cinema española, que foi ministra de Cultura de España.
Índice |
Traxectoria [editar]
Naceu en Madrid en 1965. Estudou Filoloxía Clásica na Universidade Complutense de Madrid. Realizou un Máster de Guión Cinematográfico e trasladouse a Os Ánxeles para continuar os seus estudos no American Film Institute.
Foi a guionista de numerosas series de televisión xunto a Alberto Macías, así como de multitude de películas, traballos que lle valeron varios recoñecementos, entre eles dous premios Goya.
O seu debut como directora, e un dos seus traballos máis premiados, foi a película A sorte durmida (2003), protagonizada por Adriana Ozores. Repetiría nos labores de dirección nunha das curtas de Madrid 11M: Todos iamos nese tren (2004).
Desde decembro de 2006 ata abril de 2009 estivo á fronte da presidencia da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas, cargo no que colleu a testemuña da actriz Mercedes Sampietro.
É filla do fundador e primeiro presidente da academia, José María González-Sinde, e o seu irmán, que se chama como o pai, tamén se dedica ó mundo do cine.
É firme detractora das descargas P2P, ás que culpa dos problemas do cine español. A Asociación de Internautas (AI) destaca na súa nota unha clara cita de González-Sinde:
No mesmo ámbito de alusións á pirataría e Internet encádrase outra das súas citas máis comentadas:
Trala profunda remodelación do Goberno de España do 7 de abril de 2009, foi nomeada Ministra de Cultura como independente, substituíndo a César Antonio Molina, nomeamento que provocou un movemento de rexeitamento inmediato entre os internautas, que apenas dous meses despois do seu nomeamento denunciárona por conflito de intereses, argumentado que empresas e sociedades ligadas á figura da ministra ou dos seus familiares se benefician da concesión de axudas[1]. Coa derrota socialista nas eleccións de 2011 deixou o ministerio.
Filmografía [editar]
Como guionista [editar]
- Farmacia de guardia — serie de TV (1995).
- La casa de los líos — serie de TV (1996).
- La buena estrella (1997), de Ricardo Franco.
- Lágrimas negras (1998), de Ricardo Franco.
- Segunda piel (1999), de Gerardo Vera.
- Las razones de mis amigos (2000), de Gerardo Herrero.
- Antigua vida mía (2001), de Héctor Olivera.
- Cuéntame cómo pasó — serie de TV (2001).
- El misterio Galíndez (2003), de Gerardo Herrero.
- Manolito Gafotas (2004), de Antonio Merecero.
- La suerte dormida (2003).
- A vida que che espera (2004), de Manuel Gutiérrez Aragón.
- La puta y la ballena (2004), de Luis Puenzo.
- Madrid 11M: Todos íbamos en ese tren (2004), de varios directores.
- Entre vivir y soñar (2004), de Alfonso Albacete y David Menkes.
- Heroína (2005), de Gerardo Herrero.
- Os aires difíciles (2006), de Gerardo Herrero.
- Todos estamos invitados (2007), de Manuel Gutiérrez Aragón.
- Una palabra tuya (2008).
- Mentiras y gordas (2009).
- 7 minutos (2009, canda Daniela Fejerman).
Como directora [editar]
- La suerte dormida (2003).
- Madrid 11M: Todos íbamos en ese tren (2004) — segmento «Como los demás».
- Una palabra tuya (2008).
Como actriz [editar]
Premios [editar]
- Premio Goya ó mellor guión orixinal por La buena estrella, de Ricardo Franco (1997).
- Nominación ó premio do Círculo de Escritores Cinematográficos ó mellor guión adaptado por Las razones de mis amigos (2000), de Gerardo Herrero.
- Nominación ó premio ó mellor guión adaptado da Asociación de Críticos Cinematográficos de Arxentina por Antigua vida mía (2001), de Héctor Olivera.
- Nominación á mellor película no Festival de Cine de Bogotá por La suerte dormida (2003).
- Nominación ó premio á mellor película na Semana Internacional de Cine de Valladolid por La suerte dormida (2003).
- Premio Goya á mellor dirección novel por La suerte dormida (2003).
- Premio Turia ó mellor traballo novel por La suerte dormida (2003).
- Premio ó mellor guión no XX Festival de Cine Español de Málaga por Heroína (2005), de Gerardo Herrero.
Véxase tamén [editar]
Notas [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ángeles González Sinde na IMDb (en inglés).
| Predecesor: Mercedes Sampietro |
Presidenta da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España 2006 - 2009 |
Sucesor: Álex de la Iglesia |
| Predecesor: César Antonio Molina |
Ministra de Cultura de España 2009 - 2011 |
Sucesor: José Ignacio Wert |