Eleccións Xerais 2008 en España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maiorías provinciais por número de votos.
Respecto ao 2004, o PSOE perdeu a maioría en Almería e Cidade Real, o PP en Asturias, As Palmas e Baleares, e o PNV en Biscaia e Guipúscoa.
Partidos con máis número de escanos en cada circunscripción electoral. En vermello o PSOE, en azul o PP e en gris empate.
Histórico de número de escaños de PSOE, PP, IU e UCD na democracia (1977-2008).

O 9 de marzo de 2008 tiveron lugar as eleccións a Cortes Xerais en España (9-M).[1] Foron as décimas eleccións xerais que tiveron lugar dende a Transición, e serviron pra renovar os 350 escanos do Congreso dos Deputados e 208 do Senado. Estas eleccións deron paso á IX Lexislatura. Ese mesmo día tamén se celebraron as elecciones autonómicas na comunidade autónoma de Andalucía.

Características[editar | editar a fonte]

En total, concurriron os comicios un total de 92 partidos políticos, sumando un total de 1.130 candidaturas ao Congreso e 1.235 ao Senado, un 30 por ciento máis das listas que se rexistraron para as eleccións xerais españolas de 2004.[2] As xuntas electorais rexeitaron un total de 40 candidaturas, entre as que destacan as listas de Acción Nacionalista Vasca e as da coalición Centro Democrático y Social-Unión Centrista Liberal, as dúas únicas formacións nas que foron anuladas todas as súas candidaturas.[3]

Os resultados das eleccións xerais deron como vencedor ao Partido Socialista Obrero Español (PSOE) que obtivo 169 escanos ao Congreso dos Deputados (5 máis cá no 2004) e un 43,87% de votos fronte ao Partido Popular (PP) que obtivo 154 deputados (6 máis cá no 2004) e un 39,94% de votos. Convergencia i Unió (CiU) logrou os mesmos deputados que en 2004, 10 en total. Izquierda Unida (IU) perdeu o grupo propio no Congreso dos Deputados ao conseguir soamente 2 escanos o que o deixa no grupo mixto. Por outra parte o Partido Nacionalista Vasco (PNV) perde un escano, pasando de 7 a 6 diputados, ao igual que Coalición Canaria (CC), que pasa de 3 a 2 deputados. O Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Nafarroa Bai (Na-Bai) mantiveron os seus escanos, mentres que Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) perdeu 5 deputados. Unión Progreso y Democracia (UPyD) conseguiu un deputado en Madrid, polo que Rosa Díez entra no Congreso. Así mesmo Eusko Alkartasuna (EA), Chunta Aragonesista (CHA) e Nueva Canarias (NC) perderon a súa representación parlamentaria.

No Senado o PSOE obtivo 89 postos, oito máis cá no 2004, mentres que o Partido Popular perdeu un para quedarse en 101.[4] A Entesa Catalana de Progrés, que abrangue PSC, ERC, ICV e EUiA obtivo 12 senadores.

Nas eleccións ao Parlamento de Andalucía venceu o PSOE que obtivo 56 escaños, cinco menos que en 2004 pero que lle permiten gobernar con maioría absoluta. O Partido Popular obtivo 47 escaños, dez máis que en 2004, Izquierda Unida mantívose con 6 escanos e a Coalición Andalucista perdeu os cinco escanos que obtivera en 2004.[5]


Convocatoria electoral[editar | editar a fonte]

O 14 de febreiro o goberno aprobou o decreto de disolución das Cortes Xerais e de convocatoria das eleccións, que se celebrarán o domingo 9 de marzo de 2008 (xa fora avanzado, de forma oficiosa, por diversos medios de comunicación[6] e confirmado posteriormente polo presidente do goberno[7]. As Cortes disolveranse o 14 de xaneiro, a campaña electoral comezará o 22 de febreiro e concluirá o 7 de marzo. O día coincidirá coas eleccións ao parlamento andaluz e esgota a lexislatura ao máximo (as anteriores eleccións celebráranse o 14 de marzo de 2004).

Resultados das eleccións de 2004[editar | editar a fonte]

Os resultados das últimas eleccións ás Cortes (14 de marzo de 2004) foron os seguintes:

Eleccións Xerais 14 de marzo de 2004

Partido Votos % Dif. Escaños Dif.
Partido Socialista (PSOE) 11.026.163 42,59 +8,43 164 +39
Partido Popular (PP) 9.763.144 37,71 -6,81 148 -35
Convergència i Unió (CiU) 835.471 3,23 -0,94 10 -5
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) 652.196 2,52 +1,68 8 +7
Partido Nacionalista Vasco (EAJ/PNV) 420.980 1,63 +0,10 7 =
Izquierda Unida (IU) 1.284.081 4,96 -1,00 5 -4
Coalición Canaria (CC) 235.221 0,91 -0,16 3 -1
Bloque Nacionalista Galego (BNG) 208.688 0,81 -0,51 2 -1
Chunta Aragonesista (CHA) 94.252 0,36 +0,03 1 =
Eusko Alkartasuna (EA) 80.905 0,31 -0,12 1 =
Nafarroa Bai (Na-Bai) 61.045 0,24 n/a 1 +1

Precampaña electoral e preparación das candidaturas[editar | editar a fonte]

Partido Socialista Obrero Español[editar | editar a fonte]

José Luis Rodríguez Zapatero.

O PSOE afronta as eleccións liderado por José Luis Rodríguez Zapatero, que foi proclamado como candidato á presidencia do Goberno o 25 de novembro de 2007[8]. Ningún outro membro do partido anunciou a súa intención de presentarse como candidato.

Candidatos en Galicia[editar | editar a fonte]

As listas do PSdeG-PSOE ás eleccións de marzo de 2008 estarán encabezadas[9] por:

Outros candidatos do PSOE[editar | editar a fonte]

A vicepresidenta primeira do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, anunciou o 20 de outubro de 2007 nun acto público no Palacio de Congresos de Valencia que se presentaría como cabeza de lista pola circunscrición de Valencia[10]. O vicepresidente segundo do Goberno, Pedro Solbes, que xa sobrepasou a idade de xubilación, confirmou nunhas declaracións que Zapatero lle ofrecera seguir como ministro de Economía, e que aínda non tomara unha decisión ao respecto.[11] Finalmente, o 16 de novembro, Solbes aceptou continuar no Goberno, polo menos até mediados da Lexislatura.[12]

O presidente do Congreso, Manuel Marín, anunciou o 15 de novembro de 2007 que deixaría a política ao final da lexislatura para dedicarse á loita contra o cambio climático nas universidades.[13]. Meses antes filtrárase que Zapatero lle propuxera ao ex ministro de Defensa, José Bono, que volvese á política como cabeza de lista pola circunscrición de Toledo, co fin de ocupar a presidencia da Cámara Baixa en substitución de Marín[14].

Programa electoral[editar | editar a fonte]

O coordinador do programa electoral do PSOE é o ministro de Traballo, Jesús Caldera. O partido iniciou a súa precampaña o 18 de outubro de 2007, e empregou a frase "Con Z de Zapatero" como lema pre-electoral. A presentación desta campaña realizouse mediante un vídeo [15] onde o presidente xogaba coa súa forma de falar (pronunciación do "d" ao final de palabra como "z") e presentaba as accións do Goberno durante a lexislatura.

Para a elaboración do programa electoral, o PSOE contou co asesoramento dun panel de intectuais formado por 14 persoas: o Nobel de Economía Josep Stiglitz; as Nobel da Paz Wangari Maathai e Helen Caldiccot, os expertos en economía Nicholas Stern, Jeremy Rifkin, André Sapir, Torben Iversen e María João Rodrigues; os expertos en ciencias políticas Philip Pettit, Wolfgang Merkel e Guillermo O'Donell; e inteletuais noutros ámbitos, como a socióloga Marie Duru-Bellat, o filósofo George Lakoff e a escritora Barbara Probst Solomon[16].

Partido Popular[editar | editar a fonte]

Candidato[editar | editar a fonte]

Mariano Rajoy.

Mariano Rajoy, que liderou o PP durante toda a lexislatura, foi designado candidato oficial ás eleccións nunha xunta directiva que o seu partido levou a cabo o 10 de setembro de 2007 [17]. A proclamación da súa candidatura tivo lugar o 27 de outubro en Valencia.[18]. Ningún outro membro do PP anunciou a súa intención de presentarse como candidato.

Candidatos por Galicia[editar | editar a fonte]

Os candidatos do Partido Popular polas circunscricións galegas aínda non foron elixidos oficialmente, pero os seus nomes serán segundo algunhas fontes[19]:

Outros candidatos do PP[editar | editar a fonte]

O alcalde de Madrid, Alberto Ruiz-Gallardón, manifestou en repetidas ocasións durante o verán de 2007 o seu interés por ir nas listas do PP para conseguir un escano no Congreso dos Deputados.[20]. Finalmente, Gallardón foi excluído das listas[21], o que motivou a súa decisión de abandonar a política despois dos comicios de marzo[22].

Programa electoral[editar | editar a fonte]

O coordinador do programa electoral do PP foi o ex ministro de Ciencia e Tecnoloxía, Juan Costa. O acto central de inicio de precampaña tivo lugar durante o terceiro fin de semana de novembro de 2007, coa celebración dunha conferencia política na que o PP espuxo as súas liñas xerais do seu programa electoral. O feito de que ese acto fose unha conferencia e non unha convención (de ser unha convención tería que ser inaugurada polos presidentes de honra do partido Manuel Fraga e José María Aznar) foi interpretado por algúns medios como unha estratexia para non restarlle portagonismo ao candidato.[23].

Izquierda Unida[editar | editar a fonte]

Gaspar Llamazares foi designado candidato por Izquierda Unida ás eleccións xerais do 2008, tras vencer nas primarias do seu partido co 62,5% dos votos. A outra candidata, Marga Sanz, obtivo o 37,5%. O Consello Político Federal IU ratificou a candidatura de Llamazares.

Bloque Nacionalista Galego[editar | editar a fonte]

O 23 de outubro de 2007 a Executiva Nacional do BNG propuxo os candidatos a encabezar as listas electorais nas catro circunscricións galegas:

Esta decisión foi aprobada polo Consello Nacional o 9 de novembro[24]. O seu primeiro lema de precampaña foi Máis forza en Madrid![25] e o segundo Contigo Galiza decide.

Candidatos[editar | editar a fonte]

Candidatos á presidente do Goberno de España:

Outras formacións non presentan candidatos a presidente; estes son os candidatos polas provincias máis importantes ou que tradicionalmente ocuparon o posto de voceiros.

Tamén presentaran candidaturas outras formacións, entre elas Acción Nacionalista Vasca, que foi anulada polo Tribunal Supremo[26].

Campaña electoral[editar | editar a fonte]

A campaña electoral comezou o 21 de febreiro de 2008 e estendeuse ata o 7 de marzo, cando foi suspendida anticipadamente unhas dez horas antes do seu remate, por todos os partidos políticos agás CIU[27] por mor dun atentado de ETA. Nel foi asasinado Isaías Carrasco Miguel, un ex-concelleiro do PSE, despois de ser tiroteado ás portas da súa casa, na localidade guipuscoana de Arrasate-Mondragón[28].

Durante a campaña celebráronse dous debates electorais entre os líderes do Partido Socialista e do Partido Popular, que foron televisados e que tiveron unha grande audiencia[29]. Ademais, as tres principais forzas políticas galegas celebraron tamén un debate televisado pola TVG[30], onde interviñeron os líderes dos partidos Alberte Núñez Feijoo (PPdeG), Emilio Pérez Touriño (PSdeG e Anxo Quintana (BNG).

Resultados[editar | editar a fonte]

Os resultados ao Congreso dos Deputados foron os seguintes, segundo datos do Ministerio do Interior [1]:

Eleccións Xerais 9 de marzo de 2008

Partido Votos % Dif. Escaños Dif.
Partido Socialista (PSOE) 11.289.335 43,87 169
Partido Popular (PP) 10.278.010 39,94 154
Convergència i Unió (CiU) 779.425 3,03 10
Partido Nacionalista Vasco (EAJ/PNV) 306.128 1,19 6
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) 298.139 1,16 3
Izquierda Unida (IU) 969.946 3,77 2
Coalición Canaria (CC) 174.629 0,69 2
Bloque Nacionalista Galego (BNG) 212.543 0,83 2
Eusko Alkartasuna (EA)
Nafarroa Bai (Na-Bai)
Chunta Aragonesista (CHA)
Coalición Andalucista (CA)
Unitat per les Illes (UxI)
Bloc-Iniciativa-Verds (BIV)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Zapatero confirma que las elecciones generales se celebrarán el 9 de marzo, en (elpaís.com)
  2. «9-M.- Un total de 92 partidos optan a los 350 escaños del Congreso y 89 compiten por 208 actas en el Senado», Europa Press, 12 de febrero de 2008.
  3. «Las Juntas Electorales rechazan 40 candidaturas, entre ellas las ocho de ANV», en Público, 12 de febrero de 2008.
  4. Zapatero podrá gobernar más cómodo, 20 minutos, 10 de marzo de 2008.
  5. Chaves 'tripite' mayoría absoluta, 20 minutos, 10 de marzo de 2008.
  6. El PSOE se prepara para la celebración de las elecciones generales el 9 de marzo Ya.com. 29 de xullo de 2007
  7. As eleccións xerais celebraranse o vindeiro 9 de marzo, GZNación, 20/12/07
  8. Avanzar se escribe con «z» de Zapatero, Diario de León, 6 de decembro de 2007.
  9. Blanco, Espinosa, Molina e Louro, as cabezas do PSOE para as xerais, Vieiros, 22/10/2007
  10. Fernández De la Vega será cabeza de lista del PSOE por Valencia en las próximas elecciones, El Mundo, 20/10/2007
  11. Solbes confirma que Zapatero le ha ofrecido seguir como ministro de Economía y que lo está pensando, El País, 18/10/2007
  12. Solbes acepta la oferta de Zapatero de seguir en el Ejecutivo, El País, 19/11/2007
  13. El presidente del Congreso deja la política y se dedicará a investigar sobre el cambio climático, El Mundo, 16/11/2007
  14. Zapatero ofrece a Bono liderar la lista socialista por Toledo y presidir el Congreso, El Mundo, 9/07/2007
  15. Vídeo 'Con Z de Zapatero', Youtube
  16. El PSOE atrae a tres premios Nobel al equipo de su programa electoral, El País
  17. Rajoy, candidato do PP á Presidencia nas eleccións de marzo, Axencia France Press, 10 de setembro de 2007
  18. Rajoy: "Soy el candidato del mejor partido de Europa", El País, 27/10/2007
  19. "9-M. - Ana Pastor e Antonio Erias perfílanse como cabezas de lista do PP por Pontevedra e A Coruña, respectivamente", artigo de Europa Press en Vieiros]]
  20. Gallardón reafirma su deseo de ser diputado, 20minutos, 20/8/07
  21. Rajoy comunica a Aguirre y Gallardón que no irán en listas del PP por Madrid, El Correo Gallego, 15.01.08
  22. Rajoy excluye a Gallardón de las listas y el alcalde decide abandonar la política, El País, 16.01.08
  23. El PP limita el alcance de un acto y evita que hable Aznar, El País, 15/11/2007
  24. El Bloque renueva a tres de sus cabezas de lista para las generales, El Correo Gallego, 10 de novembro de 2007.
  25. O BNG aproveita o seu tirón para tentar ter máis forza no Congreso, Xornal.com, 6 de decembro de 2007
  26. Los candidatos de ANV llaman a la abstención en las próximas elecciones, Deia, 21.02.08
  27. CIU transforma o seu mitin final de Barcelona nun acto de condena
  28. ETA mata ao dirixente socialista Isaías Carrasco Miguel con varios tiros na caluga en Mondragón
  29. La audiencia de los debates entre Zapatero y Rajoy, Igooh, 4.3.08
  30. A audiencia preferiu o debate ao fútbol, Vieiros, 28.02.08

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]