Deputación de Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°02′27″N 7°31′44″W / 43.040943°N 7.528915°W / 43.040943; -7.528915

Deputación de Pontevedra
Escudo de la provincia de Pontevedra.svg
Pazo da Deputación.jpgPazo da Deputación, sede do organismo en Pontevedra.
Fundación: 1836
Provincia: Pontevedra
Enderezo: Avda Montero Ríos s/n, 36071 Pontevedra
Presidente: Rafael Louzán Abal (PP)
Orzamento: 152 millóns de € (2012)[1]
Número de empregados: 871 (2012)[2]
Concellos que atente: 62
Enderezo web: www.depo.es
Boletín oficial: www.boppo.depo.es

A Deputación Provincial de Pontevedra é o organismo que representa os concellos de toda a provincia. A súa sede sitúase na capital da provincia. En 2011 o presidente era Rafael Louzán Abal, estando constituída a Corporación por 14 deputados do PPdG, 8 do PSdeG e 5 do BNG.

O orzamento no ano 2007 ascendeu a 148.972.000 euros.

O Pazo provincial[editar | editar a fonte]

O Pazo provincial de Pontevedra sitúase no paseo Montero Ríos, desta cidade. Inicialmente tiña a sede no convento de San Francisco, desde onde se trasladou ó actual pazo en 1890. Este construíuse sobre a antiga leira do convento de San Domingos, baixo a dirección do arquitecto Alejandro Rodríguez Sesmeros.

Institucións[editar | editar a fonte]

Da Deputación provincial dependen, entre outras, as seguintes institucións:

Presidentes[editar | editar a fonte]

Rafael Louzán, actual presidente da Deputación.

Período dos Gobernadores Civís[editar | editar a fonte]

Período dun presidente da Deputación para cada sesión[editar | editar a fonte]

O artigo 37 da Lei de gobernos de provincia de 25 de setembro de 1863 contempla a elección de presidente: "A Deputación Provincial no primeiro día de cada reunión ordinaria ou extraordinaria nomeará de entre os seus individuos a un presidente".

Período inicial do Sexenio Revolucionario[editar | editar a fonte]

Trala Revolución de 1868 ata a entrada en vigor da Lei provincial do 20 de agosto de 1870, volveu a figura do gobernador-presidente da Deputación de forma similar ó período inicial.

Período dun presidente da Deputación para todas as sesións[editar | editar a fonte]

A Lei provincial do 20 de agosto de 1870, así como as sucesivas, define con claridade a figura do presidente cun carácter máis permanente e cunha clara continuidade ao longo de todo o período de sesións que lle corresponda á Corporación. O artigo 28 obriga á "Elección dun presidente, un vicepresidente e dous secretarios para todas as sesións que teñan que celebrarse ata a renovación".

Malia a clara e concreta regulamentación, os inicios deste período comprenden unha sucesión de presidentes en curto espazo de tempo.

Nomeados polo Gobernador Civil[editar | editar a fonte]

Entre 1874 e 1875 as corporacións provinciais constitúense coa intervención directa dos gobernadores civís. Os presidentes son nomeados polo gobernador civil e nalgún caso pola mesma corporación.

Nomeados pola corporación[editar | editar a fonte]

Coa entrada en vigor da Lei provincial do 2 de outubro de 1877 vólvese ó procedemento de elección de presidente por parte da corporación.

Directorio militar[editar | editar a fonte]

O Real Decreto do 12 de xaneiro de 1924 restablece o sistema de nomeamento de deputados polo gobernador e elección entre eles do presidente.

Estatuto provincial[editar | editar a fonte]

O Estatuto provincial do 20 de marzo de 1925 restablece o nomeamento dos deputados por parte do gobernador e a elección dun presidente por un período de seis anos.

  • Daniel de la Sota Valdecilla (1 de abril de 1925).
  • Casto Sampedro Folgar (interino; 25 de febreiro de 1930).

Elixidos polo gobernador civil[editar | editar a fonte]

Segundo o Real decreto do 15 de febreiro de 1930 o gobernador dálles posesión ós deputados e elíxese presidente.

Segunda República Española[editar | editar a fonte]

O 15 de abril de 1931 tomou posesión o Comité, facéndose cargo da Deputación por delegación do Goberno Provisorio da República.

O 25 de abril de 1931 toma posesión a Comisión Xestora da Deputación tras o cal se procede no sucesivo á elección do presidente de entre os membros que a compoñen.

Presidentes por designación[editar | editar a fonte]

O 15 de decembro de 1936 constitúese a nova Comisión Xestora.

Lei de réxime local[editar | editar a fonte]

O 16 de decembro de 1950 promulgouse a Lei de réxime local, que indica que o nomeamento do presidente lle corresponde ó ministro da Gobernación.

Período contemporáneo[editar | editar a fonte]

Trala promulgación da Constitución Española de 1978, os presidentes son elixidos entre os membros da Corporación por votación interna.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]