Ánxela Merici

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santa Ánxela Merici.

Santa Ánxela Merici, nada en Desenzano del Garda (Brescia) en 1474 e finada en Brescia en 1540, foi unha relixiosa italiana.

Fundou a Orde das Ursulinas en 1535 en Brescia, para a educación das nenas pobres. Quedou cega durante unha viaxe a Xerusalén pero curou milagrosamente.

Foi beatificada en 1768 por Clemente XII e canonizada en 1807 por Pío VII. O santoral católico celebra o seu día o 27 de xaneiro.