Pío X, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papa do século XIX ó século XX
Papas do século XX
Papas do século XXI



Pio X, nado Giuseppe Melchor Sarto (Rise, 2 de xuño de 1835Roma, 20 de agosto de 1914).

Relixioso italiano, papa (1903 a 1914) e santo católico.

Foi Patriarca de Venecia e elixido Papa en 1903. Gobernou a Igrexa Católica con man firme nunha época en que esta se enfrontaba a un laicismo moi forte así como a numerosas tendencias do modernismo nos campos dos estudos bíblicos e a teoloxía. Introduciu grandes reformas na liturxia e facilitou a participación do pueblo na celebración Eucarística. Permitiu a práctica da comuñón frecuente e fomentou o acceso dos nenos á Eucaristía. Promoveu moito o estudo do catecismo.

Morreu en Roma o 20 de agosto de 1914. Na lápida da súa tumba na Basílica de San Pedro no Vaticano, lese: A súa tiara estaba formada por tres coroas: pobreza, humildade e bondade. Foi beatificado en 1951 e canonizado o 3 de setembro de 1954. A Igrexa celebra a súa memoria litúrxica o 21 de agosto.

A súa lema era "Renovar tódalas cousas en Cristo". É patrón dos peregrinos enfermos.