Travertino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Travertino non pulido

O travertino é unha rocha calcaria, composta por calcita, aragonita e limonita, con bandas compactas, paralelas entre si, nas cales obsérvanse pequenas cavidades, onde predominan os tons que pasan polo branco, verde ou rosa, presentando, frecuentemente, marcas de pólas e follas. Tamén é coñecida polo nome de Tufo calcario.

O seu nome vén do latín lapis tiburtinus, pedra de Tibur, actual Tivoli.

Formación[editar | editar a fonte]

A rocha fórmase en zonas kársticas calcarias, pola precipitación de carbonato de calcio por acción da auga doce, o que provoca espazos ocos e o depósito de materiais en bandas máis ou menos paralelas.

Existen grandes xacementos deste tipo de rocha en México, Turquía e no Perú, malia seren as variedades italianas, coma o Tívoli unha das máis apreciadas.

Aplicacións[editar | editar a fonte]

Emprégase como pedra ornamental en arquitectura, en estado natural ou pulida, aplicada en interiores, exteriores e en decoración. O seu uso na construción, tanto na arquitectura clásica romana como na actualidade, débese á súa durabilidade, doada aplicación e ás súas calidades estéticas.

O Coliseo de Roma, en Italia, e a Basílica de San Pedro, no Vaticano, están construídos con travertino, entre outros materiais.